Amosando publicacións coa etiqueta eleccións xunta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta eleccións xunta. Amosar todas as publicacións

Anova cobre o 66% dos gastos das eleccións con préstamos e doazóns de simpatizantes

Nas eleccións do pasado 21-O, o orzamento de AGE foi de 450.000 euros ao que Anova contribuíu co 50% (225.000 euros)
Anova puido completar a parte que lle tocaba financiar da campaña electoral de Alternativa Galega de Esquerda coa achega de traballo desinteresado e de máis de 140.000 euros. Foi o caso de moitas persoas segundo se explica hoxe no Faro de Vigo: "Eu puxen o que puiden e outros puxeron o que puideron porque sabemos que unha campaña non pode facerse sen diñeiro", proclamou un colaborador da banda de Vigo. Os que non tiñan esa posibilidade, "porque na situación na que estamos o diñeiro non lle sobra a ninguén", achegaron o seu traballo.

Estes préstamos cidadás amortizaranse por unha banda coa subvención electoral que ascende a algo máis de 687.000 euros. A isto súmaselle as subvencións que reciben os grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia, AGE, como terceira forza con nove parlamentarios, recibirá anualmente da institución parlamentaria case 420.000 euros.

Así mesmo, o compromiso estatutario dos representantes electos de Anova é o seguinte:

"Combate contra a profesionalización da política institucional e rexeitamento da súa centralidade no espectro da loita política. Neste sentido, os nosos representantes institucionais han predicar co exemplo da súa conduta mediante o cumprimento dos seguintes tres puntos :

A) Cada cargo electo, antes de tomar posesión (acto no que o xuramento ou a promesa será sempre por imperativo legal, en coherencia cos principios constituíntes) asinará a súa propia renuncia e entregaralla ao seu órgano xeral (executivo, nacional,…), que a poderá facer efectiva en caso de que o electo contradiga ou actúe de xeito contrario aos principios estabelecidos.

B) Os nosos representantes institucionais, de recibiren un soldo polas súas funcións políticas, só cobrarán o salario medio, o do concello que for se é un posto municipal e o medio galego de se tratar de calquera outro. O excedente do que perciban hase destinar a calquera axente que contribúa ao benestar social do pobo galego e ao avance na liberación nacional: centros e comedores sociais, asociacións, equipas de normalización... e que en todo caso ha determinar a Coordinadora Nacional.

C) Renuncia pública e por escrito a todo privilexio do que puideren ser beneficiarios como representantes públicos unha vez que expirou o seu labor: pensións, complementos, beneficios fiscais, preferencias en servizos públicos..."

Beiras cre que se PSOE e BNG actuasen "con acerto" o PP perdería "moi desgastado"

Santiago de Compostela, 31 outubro (EFE).- O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, que regresará ao Parlamento autonómico baixo a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), cre que se PSOE e BNG actuasen "con acerto" na pasada lexislatura, o PP tería perdido, e "moi desgastado, enormemente".
Beiras recoñeceu nunha entrevista con Efe a rotunda vitoria dos populares nesta convocatoria, e dixo que esta foi posible malia "todo o que levan feito de aduanadas, barbaridades, ataques, agresións aos dereitos dos cidadáns do común e subversión das institucións de autogoberno para convertelas noutra cosa".
Por iso, insiste en que o fallo foi que socialistas e nacionalistas "non" fixesen o seu traballo" con "enerxía", xa que se así tería sido, o triunfo do PP sería "impensable".

Segue lendo aquí

 

Comunicado da Coordinadora de Anova-IN

Anova valora como un grande acerto a decisión de ter feito un chamado a todas as forza nacionalistas e de esquerda para a conformación da unidade de acción para o Parlamento Galego, e que deu como resultado unha coalición con EU, Equo e Espazo Ecosocialista, e un Grupo Parlamentar comprometido como di o seu programa na "Liberación nacional e social de Galiza", en "avanzar no exercicio da autodeterminación ... reivindicando a nación dos galegos e galegas como suxeito único da soberanía nacional", que defenderá os intereses da maioría social e servirá de altofalante ás voces da rúa na cámara galega.

Reunida hoxe en Santiago de Compostela a Coordinadora Nacional de ANOVA para avaliar o proceso electoral e os resultados das Eleccións Autonómicas do 21 de Outubro, acordou facer público o que segue:
1. Agradecer á cidadanía galega o seu apoio masivo, a ilusión e a confianza depositada na coalición Alternativa Galega de Esquerda, que se configura así como oposición xenuína ao desgoberno do PP.
2. Felicitar publicamente a Xosé Manuel Beiras polo seu magnífico labor de campaña desenvolvido e por saber representar e concitar co seu discurso os anceios de rebeldía dunha parte moi importante da cidadanía.
3. Facer mención expresa do labor realizado pola militancia de ANOVA e do conxunto de simpatizantes que colaboraron voluntariamente en levar a bo porto esta campaña, salientado a magnífica actividade dos mesmos nas redes sociais.
4. Valorar como excelentes o resultado electoral da nosa coalición malia que o descenso de máis de 500.000 votos das tres forzas presentes até agora no Parlamento Galego deu a maioría ao PP aparentando en escanos un avanzo que non tivo na sociedade.
5. Valorar como un grande acerto a decisión de ter feito un chamado a todas as forza nacionalistas e de esquerda para a conformación da unidade de acción para o Parlamento Galego, e que deu como resultado unha coalición con EU, Equo e Espazo Ecosocialista, e un Grupo Parlamentar comprometido como di o seu programa na "Liberación nacional e social de Galiza", en "avanzar no exercicio da autodeterminación ... reivindicando a nación dos galegos e galegas como suxeito único da soberanía nacional", que defenderá os intereses da maioría social e servirá de altofalante ás voces da rúa na cámara galega.
Noutra orde de cousas, acordouse tamén a posta en marcha do traballo de consolidación e organización de ANOVA acordado na súa asemblea constituínte do 14 de xullo, e adiado pola convocatoria electoral, que deberá estar rematado no mes de xaneiro e como estaba previsto desencovará nunha Asemblea Nacional da nova organización nacionalista de esquerda.
A Coordinadora Nacional acordou tamén neste encontro apoiar a folga xeral do vindeiro 14 de novembro.
Por último, ANOVA quere felicitar e solidarizarse co Fiscal xeral de Galicia o señor Varela polas súas declaracións nas que criticou os recortes sociais e denunciou a blindaxe dos mercados e a actitude dos gobernos que priorizan o "mundo dos negocios" fronte as persoas.
Galiza a 27 de outubro de 2012

Votacións ao Parlamento galego na bisbarra de Ferrolterra

Cabanas.- Grazas ao traballo de Artritis podemos achegarvos o resumo gráfico de resultados das eleccións galegas de 2012 nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Graciñas polo apoio recibido en Cabanas: "Fixemos o primeiro treito dun camiño que comeza a trazarse hoxe" Xosé Manuel Beiras

En Cabanas a abstención foi a primeira opción política cun 34% de votantes que quedaron na casa. Logo no apartado de partidos políticos, o PP foi o máis votado con algo máis do 29% das papeletas. AGE quedou como segunda opción política en votos co 10,9%. Observade os resultados por vós mesmos, sen filtros:

Eleccións en Cabanas

Datos por mesas:


M12
CABANAS
PORTO
LARAXE
LAVANDEIRA
TOTAIS
PP
280
267
165
124
836
AGE
129
88
50
43
310
PSOE
108
93
52
52
305
BNG
68
76
37
25
206
OUTROS
31
27
9
8
75
BRANCO
21
22
15
5
63
NULOS
27
10
18
3
58



Consulta os resultados xerais galegos aquí:
http://www.europapress.es/especial-elecciones/galicia-2012/galicia-11/coruna-15/cabanas-015.html

Vota Alternativa Galega de Esquerda para rescatar a xente do común #haiAlternativa #zapatistasenpé


Non é respetuoso que unha diputada, como Andrea Fabra no Congreso, lle diga aos desempregados «que se jodan»
#haiquevarrelos
#zapatistasenpé