Amosando publicacións coa etiqueta pp. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pp. Amosar todas as publicacións

Esíxenlle ao alcalde de Cabanas (PP) que compareza no Pleno para explicar a súa imputación

Solicitan que dea explicacións no pleno convocado para mañá xoves 10 de xullo

Cabanas.- Os concelleiros non adscritos de Cabanas, Teresa García Pita e Ángel Pena Fontenla, aseguran que souberon a través dos medios de comunicación que o alcalde Germán Castrillón Permuy declarou nos Xulgados de Ferrol como imputado. Deste xeito, tiveron constancia de que o proceso ao rexedor de Cabanas está relacionado coa execución da sentenza de derruba dos edificios do Penso.
Os edís de Cabanas entenden que para representar a cidadanía de Cabanas hai que esixir "exemplaridade no respecto ás normas e leis" e que "os cargos públicos débense á cidadanía, e perante ela deben render contas con transparencia".

Así, reclaman que "o alcalde compareza no vindeiro Pleno extraordinario de 10 de xullo de 2014 para dar explicacións sobre a imputación xudicial á que está sometido".

Reclaman incluír un punto de rogos e preguntas para exercer o seu labor de oposición
Asemade, quéixanse de que "dende o mes de marzo non puidemos exercer o noso dereito a realizar rogos e preguntas, por suspenderse o pleno ordinario de maio de 2014" e reclaman a inclusión dun "punto de rogos e preguntas" neste pleno de mañá xoves.

Proposta de Alternativa Galega para trasladar o chapapote holandés

Compostela.- Alternativa Galega presentou unha proposición non de lei co fin de avanzar no tratamento acaído do vertedoiro de San Lourenzo, totalmente abandonado durante catro anos sen que se resolvesen nin o problema urbanítico, nin o ambiental e tampouco o da corrupción estreitamente vinculada con este caso.

Prestige: 10 anos á intemperie

Cabanas.- Hoxe fanse dez anos da catástrofe ambiental do Prestige. Esta é a viñeta que o resume todo.

Desemprego: mazazo á xente en outubro porque os gobernos só rescatan a banca

No mes de outubro, o desemprego en Cabanas roza un incremento do 20% con respecto ao ano pasado e un 10% con respecto ao mes anterior
Cabanas - Os datos sobre o desemprego en Cabanas compartímolos para que coñezades a realidade neste cadro resumo, tal como son: