Amosando publicacións coa etiqueta desemprego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta desemprego. Amosar todas as publicacións

Campión do Paro: 301 grazas para Germán Castrillón

Cabanas.- Cabanas tivo dous sobresaltos no mesmo ano cos datos do desemprego. O primeira en marzo, onde xa titulamos que o PP é o partido do paro no concello.
E agora, en setembro de 2013, xa podemos asegurar que a escudería de Germán Castrillón xa é campioa do paro porque o desemprego rexistrado polo Servizo Galego de Colocación escala no mes das peras ata o 25% da poboación activa e supera as 300 persoas demandantes de emprego.
Datos
Demandantes de emprego: 301 (25%)
Persoas en alta na Seguridade social:    900 (dato para xuño-setembro)
Total poboación activa: 1201
Total poboación municipal: 3299 (2012)
Avecíñase un fin de ano negro, cun PP entregado á política de postín
Partido Popular

En maio tamén sobe o desemprego en Cabanas grazas ao PP

Cabanas.- Xa o avanzamos en marzo. A suba do paro en maio non era común antes desta gran estafa que estamos a sufrir os de abaixo. E ten que ser o PP quen rompa todas as marcas: este partido conseguiu que en maio suba o paro en Cabanas. O Partido Popular goberna no Concello, na Deputación, na Xunta e en Madrid. A quen lle botan a culpa? A Bruxelas? Pero é que o PP Europeo goberna tamén aló...

A mellor oposición é a da propia casa, aquí deixamos a explicación de Soraya Sáenz de Santamaría (PP) cando gobernaba Zapatero e baixaba o paro en maio a nivel de estado. Daquela estaba moi mal, hoxe peor grazas aos votos dados a Germán Castrillón.


Últimos datos do desemprego en maio: 299 persoas demandantes

O PP é o partido do paro

Cabanas.- Marzo de 2013 vai pasar á historia porque o desemprego rexistrado polo Servizo Galego de Colocación acadou o 25,30% da poboación activa.
Desemprego: 293 (25,30%)
Persoas en alta na Seguridade social:    865
Total poboación activa: 1158
Total poboación municipal: 3299 (2012)

2012, ano negro no paro en Cabanas

 




Cabanas.- O ano vello de 2012 deixa atrás as cifras máis altas de persoas en desemprego nas últimas dúas décadas e fai retrodecer a sitaución á época da reconversión dos anos oitenta do pasado século.
Mesmo as cifras de afiliación á Seguridade Social son críticas, ao beirear o chanzo de 900 persoas afiliadas, mantidas no cabo do ano que rematou grazas a que en 2012 coas modificacións da lei da Seguridade Social duplicáronse as altas no réxime do fogar. Pinche para ver as cifras. A última modificación do PP na lexislación en detrimento das traballadoras do fogar fará minguar as persoas cotizantes recuperadas no último ano.
No último Pleno de 2012, Teresa García puxo de manifesto o fracaso das políticas de despilfarro do goberno local do PP e a desorientación dos orzamentos locais para crear emprego.





Desemprego: mazazo á xente en outubro porque os gobernos só rescatan a banca

No mes de outubro, o desemprego en Cabanas roza un incremento do 20% con respecto ao ano pasado e un 10% con respecto ao mes anterior
Cabanas - Os datos sobre o desemprego en Cabanas compartímolos para que coñezades a realidade neste cadro resumo, tal como son: