Cabanas.-
O ano vello de 2012 deixa atrás as cifras máis altas de persoas en
desemprego nas últimas dúas décadas e fai retrodecer a sitaución á época
da reconversión dos anos oitenta do pasado século.
Mesmo
as cifras de afiliación á Seguridade Social son críticas, ao beirear o
chanzo de 900 persoas afiliadas, mantidas no cabo do ano que rematou
grazas a que en 2012 coas modificacións da lei da Seguridade Social duplicáronse as altas no
réxime do fogar. Pinche para ver as cifras. A última modificación do PP na lexislación en detrimento das traballadoras do fogar fará minguar as persoas cotizantes recuperadas no último ano.
No último Pleno de 2012, Teresa García puxo de manifesto o fracaso das políticas de despilfarro do goberno local do PP e a desorientación dos orzamentos locais para crear emprego.