Amosando publicacións coa etiqueta beiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta beiras. Amosar todas as publicacións

Xosé Manuel Beiras fala cos afectados polas preferentes en Gondomar

AGE estuda montar "unha loxística" que permita defender o colectivo na vía xudicial
Beiras aposta pola vía penal para que os responsables da estafa das caixas galegas "respondan polo que fixeron"


A iniciativa de AGE inclúe a vía penal porque será "a única maneira de que os responsables realmente respondan polo que fixeron". O parlamentario autonómico non dubidou en definir a actuación das entidades financeiras como "un delito de estafa monumental".

Nun diálogo directo coas persoas que están a ocupar dende o pasado 3 de decembro o caixeiro de Nova Galicia Banco en Gondomar, Beiras afirmou que na súa opinión a Xunta de Galicia debería "poñer os cartos -aínda que sexa momentaneamente- para cubrir as necesidades desta xente". Sostendo que "Se non o fan, serán tamén delincuentes" na medida que "deixen que ese delito de estafa se consume".

O líder da Alternativa Galega de Esquerdas, que chegou acompañado por catro deputados, opina que os clientes das caixas galegas foron estafados a través dunha oferta de "pagarlles máis que o que habitualmente paga a banca pero sen dicirlles que na letra miúda estaba agochado un vicio oculto que non se lles di". "Iso é unha estafa total e moralmente indecente" sentenciou Beiras, para quen a resposta da Xunta até o de agora ante o problema "é un insulto á intelixencia".

"Agora elimínase a obra social e á xente que embaucaron en estafas como estas as queren deixar abandonadas. Pois a eses dirixentes, algúns dos cales marcharon con indemnizacións millonarias teñen que responder ante actividades que eu considero persoalmente que dende a criminoloxía son un crime. E así está tipificado nos códigos penais. É un delito e polo tanto todos temos que arrouparlos e dar a cara", sinalou o dirixente nacionalista.

Beiras rematou o encontro co colectivo de afectados reiterando que non é xusto que "cada un de vós teña que defenderse por separado". Afirmou que "Eles xogan con que agora meten taxas leoninas para os cidadáns que se queiran defender. É moi difícil", iniciar demandas individuais , porque moitos "non terán recursos para facelo". "Temos que estudar como montar unha loxística de apoio aos afectados a través de avogados", finalizou.

Beiras chama á "revolución cívica" dende o Parlamento

Beiras: “Colaboraron con ese crime de Estado que é a austeridade”
Compostela.- No Parlamento de Galicia, Xosé Manuel Beiras principiou a súa intervención na elección do presidente da Xunta co poema de Rosalía de Castro A xustiza pola man de “Cantares Gallegos”.
Beiras lembra que o único mérito de Feijoo como candidato á Xunta foi a desastrosa privatización de Correos. Inquiriulle ao PP "Cara onde miraban dende a súa atalaia de San Caetano? Ben o sei: para Madrid, que a Bruselas e Berlín non lles alcanzaba a vista".
Engadiu que Galicia é roubada e asoballada polos poderes da meseta e do Mediterráneo. Un resumo en vídeo da intervención:



Aqués que ten fama de honrados na vila,
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.


Nin pedra deixaron en onde eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres durmín nas campías;
Meus fillos...,¡ meus anxos...!, que tanto eu quería,

¡morreron, morreron ca fame que tiñan!

Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
Fixéronme un leito de toxos e silvas;
i en tanto os raposos de sangue maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

-¡Salvádeme, ou, xueces!-berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeume a xustiza.
-Bon Dios, axudaime- berrei, berrei inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.

Estonces, cal loba doente ou ferida,
Dun salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño... ¡Nen as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
(Cos seus compañeiros en cama mullida.)

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida.
I o lado contenta senteime das vítimas,
Tranquila esperando polo alba do día

I entonces..., entonces cumpréuse a xustiza:
Eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

Beiras abre a novena lexislatura do Parlamento galego [vídeo]

O 16 de novembro de 2012 arrincou a IX Lexislatura do Parlamento de Galicia

Beiras volveu ao Parlamento grazas á confianza de centos de miles de galegos que votaron a coalición da Alternativa Galega de Esquerda.
E presidiu efemeramente a mesa de idade previa á elección da mesa oficial. Aproveitou para artellar unha intervención memorable:

Xosé Manuel Beiras: “A oposición debe fortalecernos a todos contra o PP, inimigo común”



“AGE formouse para as eleccións ao Parlamento, non para outro escenario”(...)
R. O PP, sobre o sistema de elección, podería acaparar os cinco asentos na Mesa do Parlamento. Se lle dese dous ao PSOE e este non os comparte, será por acordo entre eles que os fai responsables de reducir a pluralidade da Mesa.
(...)
P. E comprométense a manter a compostura, boas maneiras no Parlamento?

R. Manter a compostura, ha ha ha! [con carcallada divertida] Pero que é iso! Eles miran as crónicas da Cámara dos Comúns para saber de que vai a compostura. Que diaño, o Parlamento está para falar e a palabra é unha arma pacífica. Se criminalizan o uso da palabra, por moi fortemente que se exerza, están criminalizando o significado da democracia, un dos seus principais instrumentos, que é a de dicir as cousas. E se pretenden que, por compostura, ha ha ha, nós nos fagamos hipócritas, usan a linguaxe políticamente correcta ou comulguemos co pensamento único, van de cu: non é broma. E iso pode acabar rodeado por miles de cidadáns. Se se queren ver nese estado de sitio, que o provoquen, alá eles.
Ler máis: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/11/10/galicia/1352583079_949920.html

Beiras cre que se PSOE e BNG actuasen "con acerto" o PP perdería "moi desgastado"

Santiago de Compostela, 31 outubro (EFE).- O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, que regresará ao Parlamento autonómico baixo a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), cre que se PSOE e BNG actuasen "con acerto" na pasada lexislatura, o PP tería perdido, e "moi desgastado, enormemente".
Beiras recoñeceu nunha entrevista con Efe a rotunda vitoria dos populares nesta convocatoria, e dixo que esta foi posible malia "todo o que levan feito de aduanadas, barbaridades, ataques, agresións aos dereitos dos cidadáns do común e subversión das institucións de autogoberno para convertelas noutra cosa".
Por iso, insiste en que o fallo foi que socialistas e nacionalistas "non" fixesen o seu traballo" con "enerxía", xa que se así tería sido, o triunfo do PP sería "impensable".

Segue lendo aquí

 

Vota Alternativa Galega de Esquerda para rescatar a xente do común #haiAlternativa #zapatistasenpé


Non é respetuoso que unha diputada, como Andrea Fabra no Congreso, lle diga aos desempregados «que se jodan»
#haiquevarrelos
#zapatistasenpé