Amosando publicacións coa etiqueta parlamento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta parlamento. Amosar todas as publicacións

Consuelo Martínez (AGE) demanda parar o peche de Megasa [Vídeo]

Compostela.- A deputada de Alternativa Galega de Esquerda, Consuelo Martínez, asegura que coa modificación da orde ministerial que discrimina Megasa, o PP será o único responsable do peche de Megasa e da destrucción de máis de 1.200 postos de traballo na agonizante comarca de Ferrolterra.
Concluíu que o PP abandona
as familias afectadas polo peche co seu voto en contra no Parlamento de Galicia. Hai que paralos!




O PP vota en contra de mudar a orde ministerial que prexudica Megasa

Beiras cos traballadores de Megasa o venres diante do Parlamento

AGE considera a carta enviada pola empresa mineira á veciñanza de Corcoesto un intento de estafa e extorsión

A XUNTA DE GALICIA, QUE APOIA O PROXECTO, CÓMPLICE PASIVO
GALIZA NON É KATANGA, AINDA QUE PARA O PP SEMELLA QUE SI
ASTURIAS REXEITOU UN PROXECTO SIMILAR E O SUPREMO DEULLE A RAZÓN
O PROXECTO DA MINA DE CORCOESTO, UN MODELO COLONIAL

Os propietarios dos terreos onde se pretende realizar un proxecto de extracción de ouro están a recibir unha carta da empresa Mineira Corcoesto S.L (*) instándoos a vender os terreos por 1,2 euros/m2, e ameazándoos con que se non o fan así antes de fin de ano, comezaría o proceso expropiatorio e obterían prezos máis baixos.

AGE considera moi grave estas actitudes e critica que dende a Xunta de Galicia se avale este tipo de proxectos, tolerando pasivamente que unha sociedade de capital estranxeiro practique a extorsión e a chantaxe a través de cartas intimidatorias intolerables.

1.- AGE manifesta que a misiva é un cúmulo de falsidades, dende a valoración do terreo, até o feito de que xa sexa inminente o proceso expropiatorio, que non o é, e que en caso de expropiarse os prezos sexan os que di a empresa.

En primeiro lugar, a valoración que oferta a empresa é mesmo inferior aos valores de mercado que a propia Xunta ten aprobado (Orde do 28/12/2011, de valores de prezos medios de mercado; DOG do 29/12/2011).
En segundo lugar, o que silencia a empresa é que pretende aplicar en Galiza a mesma táctica que empregou en Asturias, ao querer mercar agora a prezo baixo para que dispois, no proceso expropiatorio, se tomen como referencia comparativa de prexos de mercado os valores fixados nos contratos de compra-venta asinados antes de comezar as expropiacións, co cal non só se pagaría un prezo ridículo agora senón que iso perxudicaria aos que non vendan agora e sexan expropiados dispois.
En terceiro lugar, a mina tramítase como proxecto industrial estratéxico (DOG 02/05/2012) pero aínda non está aprobado como tal polo Consello da Xunta, polo cal mentres a Xunta non aprobe definitivamente o proxecto a empresa non pode expropiar. ¿ Ou é que a empresa xa sabe que a Xunta vaille aprobar o proxecto desestimando as alegacións presentadas ?.

2.- AGE considera que as prácticas da empresa e a pasividade da Xunta son especialmente graves cando trátase dun proxecto cun enorme impacto medio-ambiental (**) que, de aprobarse, teria consecuencias moi negativas de cara ao futuro . Manifestamos que o proxecto mineiro de Corcoesto é máis propio de antigos modelos de desenvolvemento do terceiro mundo, da e´poca colonial, polo seu impacto ambiental, polo saqueo dos nosos recursos naturais e pola súa insostibilidade.

Resulta evidente que este tipo de empresas busca países cunha lexislación ambiental moi laxa e onde atopen a complicidade das autoridades políticas, coma é o caso do goberno de Feijoo e do alcalde do PP de Cabana de Bergantiños.

AGE lembra ao respecto que un proxecto de idénticas características polo Principado de Asturias, decisión que foi confirmada polos tribunais de xustiza, desestimando as reclamacións da empresa. Adxuntase a sentenza do Tribunal Supremo ao respecto.

(*) 1.- A anterior sociedade, Rio Narcea Gold Mines S.L cambia o nome polo actual de Mineira Corcoesto S.L o 11/04/2012. O 100 % do capital pertece a Edgewater Exploration LTD (compañía canadiana constituida en xuño de 2007 en Vancouver)

(**) As características do proxecto:

-Excavación de un diámetro de 1,5 km
-Construción dunha balsa de decantación de 10.000.000 m3, semellante á de Aznalcollar que provocou o desastre natural no Parque Nacional de Doñana.
-Utilización de cianuro no proceso de obtención de ouro

Beiras chama á "revolución cívica" dende o Parlamento

Beiras: “Colaboraron con ese crime de Estado que é a austeridade”
Compostela.- No Parlamento de Galicia, Xosé Manuel Beiras principiou a súa intervención na elección do presidente da Xunta co poema de Rosalía de Castro A xustiza pola man de “Cantares Gallegos”.
Beiras lembra que o único mérito de Feijoo como candidato á Xunta foi a desastrosa privatización de Correos. Inquiriulle ao PP "Cara onde miraban dende a súa atalaia de San Caetano? Ben o sei: para Madrid, que a Bruselas e Berlín non lles alcanzaba a vista".
Engadiu que Galicia é roubada e asoballada polos poderes da meseta e do Mediterráneo. Un resumo en vídeo da intervención:



Aqués que ten fama de honrados na vila,
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.


Nin pedra deixaron en onde eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres durmín nas campías;
Meus fillos...,¡ meus anxos...!, que tanto eu quería,

¡morreron, morreron ca fame que tiñan!

Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
Fixéronme un leito de toxos e silvas;
i en tanto os raposos de sangue maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

-¡Salvádeme, ou, xueces!-berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeume a xustiza.
-Bon Dios, axudaime- berrei, berrei inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.

Estonces, cal loba doente ou ferida,
Dun salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño... ¡Nen as herbas sentían!
I a lúa escondíase, i a fera dormía
(Cos seus compañeiros en cama mullida.)

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida.
I o lado contenta senteime das vítimas,
Tranquila esperando polo alba do día

I entonces..., entonces cumpréuse a xustiza:
Eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

Beiras abre a novena lexislatura do Parlamento galego [vídeo]

O 16 de novembro de 2012 arrincou a IX Lexislatura do Parlamento de Galicia

Beiras volveu ao Parlamento grazas á confianza de centos de miles de galegos que votaron a coalición da Alternativa Galega de Esquerda.
E presidiu efemeramente a mesa de idade previa á elección da mesa oficial. Aproveitou para artellar unha intervención memorable:

Xosé Manuel Beiras: “A oposición debe fortalecernos a todos contra o PP, inimigo común”



“AGE formouse para as eleccións ao Parlamento, non para outro escenario”(...)
R. O PP, sobre o sistema de elección, podería acaparar os cinco asentos na Mesa do Parlamento. Se lle dese dous ao PSOE e este non os comparte, será por acordo entre eles que os fai responsables de reducir a pluralidade da Mesa.
(...)
P. E comprométense a manter a compostura, boas maneiras no Parlamento?

R. Manter a compostura, ha ha ha! [con carcallada divertida] Pero que é iso! Eles miran as crónicas da Cámara dos Comúns para saber de que vai a compostura. Que diaño, o Parlamento está para falar e a palabra é unha arma pacífica. Se criminalizan o uso da palabra, por moi fortemente que se exerza, están criminalizando o significado da democracia, un dos seus principais instrumentos, que é a de dicir as cousas. E se pretenden que, por compostura, ha ha ha, nós nos fagamos hipócritas, usan a linguaxe políticamente correcta ou comulguemos co pensamento único, van de cu: non é broma. E iso pode acabar rodeado por miles de cidadáns. Se se queren ver nese estado de sitio, que o provoquen, alá eles.
Ler máis: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/11/10/galicia/1352583079_949920.html

Anova cobre o 66% dos gastos das eleccións con préstamos e doazóns de simpatizantes

Nas eleccións do pasado 21-O, o orzamento de AGE foi de 450.000 euros ao que Anova contribuíu co 50% (225.000 euros)
Anova puido completar a parte que lle tocaba financiar da campaña electoral de Alternativa Galega de Esquerda coa achega de traballo desinteresado e de máis de 140.000 euros. Foi o caso de moitas persoas segundo se explica hoxe no Faro de Vigo: "Eu puxen o que puiden e outros puxeron o que puideron porque sabemos que unha campaña non pode facerse sen diñeiro", proclamou un colaborador da banda de Vigo. Os que non tiñan esa posibilidade, "porque na situación na que estamos o diñeiro non lle sobra a ninguén", achegaron o seu traballo.

Estes préstamos cidadás amortizaranse por unha banda coa subvención electoral que ascende a algo máis de 687.000 euros. A isto súmaselle as subvencións que reciben os grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia, AGE, como terceira forza con nove parlamentarios, recibirá anualmente da institución parlamentaria case 420.000 euros.

Así mesmo, o compromiso estatutario dos representantes electos de Anova é o seguinte:

"Combate contra a profesionalización da política institucional e rexeitamento da súa centralidade no espectro da loita política. Neste sentido, os nosos representantes institucionais han predicar co exemplo da súa conduta mediante o cumprimento dos seguintes tres puntos :

A) Cada cargo electo, antes de tomar posesión (acto no que o xuramento ou a promesa será sempre por imperativo legal, en coherencia cos principios constituíntes) asinará a súa propia renuncia e entregaralla ao seu órgano xeral (executivo, nacional,…), que a poderá facer efectiva en caso de que o electo contradiga ou actúe de xeito contrario aos principios estabelecidos.

B) Os nosos representantes institucionais, de recibiren un soldo polas súas funcións políticas, só cobrarán o salario medio, o do concello que for se é un posto municipal e o medio galego de se tratar de calquera outro. O excedente do que perciban hase destinar a calquera axente que contribúa ao benestar social do pobo galego e ao avance na liberación nacional: centros e comedores sociais, asociacións, equipas de normalización... e que en todo caso ha determinar a Coordinadora Nacional.

C) Renuncia pública e por escrito a todo privilexio do que puideren ser beneficiarios como representantes públicos unha vez que expirou o seu labor: pensións, complementos, beneficios fiscais, preferencias en servizos públicos..."