Amosando publicacións coa etiqueta anova b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta anova b>. Amosar todas as publicacións
Transparencia real: Acta do Pleno extraordinario de 10 de xullo de 2014
Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, Da. Ana Rosa Méndez Riroa, Da. María de la Cruz Varela Varela
D. José C. Rey García, D. Luis A. Fachal López
D. Delfin Feal Pereira
Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita, D. Angel Pena Fontenla.
No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezaoito horas e dous minutos do día dez de xullo de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario acumulado D. Miguel A. Arroyo Moreno, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.
Transparencia real: Acta do Pleno extraordinario de abril de 2014
Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, Da. Ana Rosa Méndez Riroa, D. Julian Ramón Seijas Criado, Da. María de la Cruz Varela Varela
D. José C. Rey García, D. Luis A. Fachal López
D. Delfin Feal Pereira
Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita, D. Angel Pena Fontenla.
No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e nove de abril de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia, dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Transparencia real: Acta do Pleno ordinario de marzo de 2014
Concelleiros asistentes: Da. Eva Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D'. Ana Rosa Méndez Eiroa, D. Julian Ramón Seijas Criado, D. Ma.ría de la Cruz Varela Varela;
D. José C. Rey García, D. Luis A. Fachal López
D. Delfin Feal Pereira.
Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita, D. Angel Pena Fontenla.
No salón de sesións da casa do concello, sendo a dezasete horas e trinta minutos do día vinte e oito de marzo de dous mil catorce, en segunda convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.
Modelos de alegacións colaborativas ao Plan Xeral de Cabanas #OPlanXeraltraeCola
Cabanas.- Case no límite do prazo para presentar alegacións ao Plan Xeral de Cabanas, que remata o vindeiro luns 28 de abril de 2014, achegamos modelos xenéricos para inspirar alegacións en núcleo rural, afección de estradas/cambio de cualificación de solo urbano a solo rústico e cambio de parcela mínima.
Son tantas e tan variadas as casuísticas que deixan fóra de ordenación multitude de
vivendas que a nosa xeneralización se cadra non se adapta a todos os
casos particulares. Se o caso ten algunha complicación, recomendamoslle ao/á afectado/a achegarse a un técnico ou xurista competente para facer alegacións máis especializadas.
Estes modelos son de dominio público, cedidos á sociedade civil para facilitar a defensa dos seus dereitos, e foron elaborados colaborativamente e de xeito totalmente voluntario. As persoas interesadas non deben deixar de consultar a súa situación específica con especialistas da súa confianza.
Anova Cabanas detecta menoscabos urbanísticos a decenas de vivendas no Plan Xeral de Cabanas
O alcalde e os técnicos non informan adecuadamente desta situación á que se abocan vivendas con licenza absolutamente legal nas actuais Normas Subsidiarias
Pola contra, alcalde e redactores xustifican a través dun convenio urbanístico especial a creación ex novo dun núcleo rural sen identificación toponímica, con dúas vivendas e unha piscina sen licenza pertencentes aos herdeiros do ex-ministro franquista Suanzes
Cabanas.- O pasado martes Anova impulsou unha reunión co alcalde e co equipo redactor do PXOM na que se realizaron diversas preguntas e constatouse como o goberno local informa deficientemente sobre cuestións de transcendencia como a situación fóra de ordenación á que a proposta de Plan Xeral do Partido Popular aboca a decenas de vivendas.
Transparencia real: convenios urbanísticos do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cabanas
Cabanas.- Dado o interese xeral e o carácter público dos convenios urbanísticos asinados entre o Concello de Cabanas e diversos particulares, empresas e o Sareb (Banco Malo de Rajoy), cumprimos unha vez máis o noso compromiso de transparencia real.
Transparencia real. Acta do Pleno de Cabanas: xaneiro de 2014
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA 0 29 DE XANEIRO DE 2014
Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande. Da. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Ana Rosa Méndez Eiroa. D. Julian Ramón Seijas Criado. D. María de la Cruz Varela Varela. D. José C. Rey García. D. Luis A. Fachal López. D. Delfin Feal Pereira. Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita. D. Angel Pena Fontenla.
No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e nove de xaneiro de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Transparencia real. Acta do Pleno de Cabanas: decembro de 2013. Orzamento municipal
ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 30 DE DECEMBRO DE 2013
Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande.Da. Esperanza Gayoso Pereiro. Da. Ana Rosa Méndez Eiroa.D Julián Ramón Seíjas Criado.D. José C. Rey García.D. Luis A. Fachal López, D. Delfin Feal Pereira, Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita, D. Angel Pena Fontenla
No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as nove horas do día tinta de decembro de dous mil trece, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.
Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluidos na Orde do Día.

Transparencia real. Acta do Pleno de Cabanas: Novembro de 2013
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA
CORPORACIÓN REALIZADA O 27 DE NOVEMBRO DE 2013.
No salón de sesións da Casa do
Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día
vinte e sete de novembro de dous mil trece, en primeira convocatoria
e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy,
coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do
Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da
Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente
convocatoria.
Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza
Gayoso Pereiro, D. Juan Antonio López Rodriguez, Da. Ana Rosa Méndez
EiroaD. José C. Rey García D. Luis A. Fachal López
D. Delfin Feal Pereira
Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla
Unha vez comprobada a existencia de
quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara
aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos
incluídos na Orde do Día.
Non asiste o concelleiro D. Julian
Ramón Seijas Criado.
Transparencia real en Anova: Todos os textos de persoas candidatas ao proceso de elección de dous postos na candidatura de IU
Cabanas.- A asemblea local en exercicio do principio de autoorganización e de transparencia no proceso de elección de persoas candidatas de Anova integradas na lista de IU ás eleccións europeas achega a totalidade dos documentos dos que temos coñecemento. Queremos arramblar así coa vergoñenta censura previa da Permanente da organización.
Últimos textos subidos
Texto de Xoán Manuel Bastida sobre o programa: programa_bastida.pdf
Texto da candidatura de Javier Rial: candidatura_javier_rial.pdf
Carta de José Antonio Martínez [Novo caso de censura previa, entregada hai máis de 24 h e neste momento sen subir á web nin ser enviada á afiliación, actualización: subida o sábado á tarde]: carta_jose_antonio_mtz.pdf
Programa e argumentario de candidatura de Xoán Manuel Rodríguez Bastida: candidatura_bastida_ferrol.pdf, argumentacion_xoan_manuel_bastida.pdf
Carta de Ana María Vidal: carta_ana_maria_vidal.pdf
Texto da candidatura de candidatura de Xosé M. B. Rodríguez [censurado, actualización: foi publicado ás 12.52 h pero non enviado á militancia por correo electrónico, un día despois chegou á militancia]: candidatura_xmbrodriguez_ourense.pdf

Texto da candidatura de Luís Eyré: candidatura_luis_eyre.pdf
Texto da candidatura de Eduardo García Santiago: candidatura_eduardo_garcia_santiago.pdf
Carta de Consuelo Martínez: carta_consuelo_martinez.pdf
Carta de Enrique Oubiña: carta_enrique_obinha.pdf
Texto da candidatura de Xulio Villanueva: candidatura_xulio_villanueva.pdf
Texto da candidatura de David Balado Rouco: candidatura_davidbalado_vigo.pdf

Texto da candidatura de Carlos Lorenzo Simón: candidatura_carlos_lorenzo.pdf
Texto de apoio á candidatura de Lidia Senra, por militantes e por Xosé Manuel Beiras: apoio_lidia_varios.pdf , apoio_lidia_senra_beiras.pdf, candidatura_lidia_senra.pdf, apoio_lidia_senra_lomba.pdf, apoio_lidia_senra_margarida_prieto.pdf, apoio_carlos_lidia.pdf
Información oficial: http://www.anova-galiza.org/index.php/campanas/europeas-2014/372-campana-e-apoios-candidaturas-a-listaxe-das-europeas.html
Iremos actualizando a medida que se vaian achegando máis textos
O PP saca adiante os orzamentos de 2014 coa abstención de PSOE e AEC
Cabanas.- O pasado 30 de decembro o Pleno do Concello de Cabanas aprobou inicialmente os orzamentos municipais para 2014. O PP presentou a debate un documento sen o acordo dos concelleiros Teresa García e Ángel Pena que votaron en contra, quedando como único grupo na oposición a un orzamento regresivo e que volve un ano máis a deixar tirados os veciños.
Anova reúnese cos comités de Navantia da ría de Ferrol para amosarlles o seu apoio
![]() |
| Momento da reunión no concello de Ferrol entre representantes de Anova e os Comités de Navantia da ría |
Ferrol.- A comarca de Ferrol é a imaxe do que se lle vén enriba a Galiza. E hoxe o portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, acompañado do comisionado de coordinación, Martiño Noriega, os compañeiros Teresa García e Ángel Pena de Cabanas e outros compañeiros de Fene e Ferrol tiveron unha conversa dunha hora cos comités de empresa de Navantia na ría de Ferrol na que se abordou a ausencia de carga de traballo e o futuro dun dos sectores económicos claves da comarca e de Galiza, segundo manifestou Xosé Manuel Beiras.
Anova demanda o cambio na política de xestión do lixo
Cabanas.- A nova organización asemblearia con presenza na localidade de Cabanas trasladoulles aos edís Teresa García e Ángel Pena unha moción sobre o incremento do canon do lixo que exixe a derrogación da taxa aplicada polo goberno local do PP por orde directa de Santiago, a rectificación nos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano e un cambio na xestión dos residuos que xere emprego a nivel local -actualmente as cifras en Cabanas están en máximos históricos e sen que os gobernos do PP a todos os niveis adopten medidas máis alá dos rescates á banca privada.
Transparencia real. Acta do Pleno de Cabanas: Xullo de 2013
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 31 DE XULLO DE 2013
Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Juan Antonio López Rodriguez, Da. Ana Rosa Méndez Eiroa
D. José C. Rey García D. Luis A. Fachal López
D. Delfin Feal Pereira
Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla
No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día trinta e un de xullo de dous mil trece, en primeira convocatoria e banco a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria. Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluidos na Orde do Día.
Non asiste o concelleiro D. Julian Ramón Seijas Criado.
Antes do inicio da Orde do Día, gárdase un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Santiago de Compostela o pasado día 24 do presente mes de xullo.

Transparencia real. Acta do Pleno de Cabanas: Maio de 2013
Cabanas.- Achegando a información do Concello de Cabanas, o noso
traballo pola cidadanía. En maio o Pleno debateu do seguinte:
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 29 DE MAIO DE 2013
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 29 DE MAIO DE 2013
No salón de sesións da Casa do
Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día
vinte e nove de maio de dous mil trece, en primeira convocatoria e
baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa
asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do
Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da
Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente
convocatoria.
Unha vez comprobada a existencia de
quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara
aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos
incluídos na Orde do Día.
Non asiste o concelleiro D. Juan
Antonio López Rodriguez por motivos laborais.
PARTE RESOLUTIVA.
1.- ACTA DE SESIÓN ANTERIOR. Dáse
conta da acta da sesión anterior realizada o día 27 de marzo de
2013, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos
concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro
da Corporación ten que formular algunha observación, e non
presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación
ordinaria, coa abstención do concelleiro D. Luis A. Fachal López
por non asistir a sesión, e voto a favor dos restantes membros
presentes acorda aproba-la referida acta.
2.- EXPEDIENTE MODIFICACIÓN DE
CRÉDITOS 2/2013. Visto o expediente relativo a transferencias de
crédito entre partidas de gastos correspondentes ó vixente
Orzamento da Corporación, relativos a bens correntes e servizos e
investimentos.
Visto
a memoria-proposta da Alcaldía co informe de Intervención e ditame
da comisión de facenda; considerando que se está a tratar dunha
transferencia entre partidas de gastos de distinta política de gasto
e capítulo, para atender necesidades que non poden demorarse para o
exercicio seguinte, tendo en conta a prioridade de atención dos
gastos e os requisitos esixidos polos artigos 179 e 180 do Texto
refundo da Lei reguladora das Facendas Locais e artigos 40, 41 e 42
do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, así como as bases de
execución do Orzamento de 2013.
Despois de debatido o asunto, o Pleno
da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos
membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo
mixto, e dous en contra da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús
García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:
Primeiro: Aproba-la referida proposta
de modificación de crédito mediante transferencias, aplicando as
cantidades correspondentes as partidas que se reflicten na memoria
segundo o seguinte detalle:
Partidas de gastos ás que se
transfire crédito:
Partida
|
Denominación
|
Consignación
|
Crédito Transferido
|
Consignación
resultante
|
Partida
Procedencia
|
134.21400
|
Elementos de transporte
|
500,00
|
400,00
|
900,00
|
321.63202
|
450.22706
|
Estudos e traballos
técnicos
|
5.000,00
|
100,00
|
5.100,00
|
321.63202
|
920.62200
|
Obras Casa do Concello
|
22.976,33
|
7.000,00
5.500,30
1.000,00
42.773,37
11.500,00
|
90.750,00
|
151.22706
321.21200
321.63202
342.62201
920.62601
|
Total de
incremento por créditos
transferidos............................................68.273,67
|
|||||
Partidas de gastos
das cales se transfire crédito:
Partida
|
Denominación
|
Consignación
|
Crédito
Dispoñible
|
Crédito
Transferido
|
Consig.
Resultante
|
Partida
Destino
|
151.22706
|
Estudos e traballos
técnicos
|
57.000,00
|
57.000,00
|
7.000,00
|
50.000,00
|
920.62200
|
321.21200
|
Edificios e outras
construcións
|
7.000,00
|
7.000,00
|
5.500,30
|
1.499,70
|
920.62200
|
321.63202
|
Supr. barreiras
arquitectónicas
|
2.000,00
|
2.000,00
|
1.500,00
|
500,00
|
134.21400
450.22706
920.62200
|
342.62201
|
Obras Área recreativa
A Veiga
|
133.517,98
|
133.517,98
|
42.773,37
|
90.744,61
|
920.62200
|
920.62601
|
Equipamento Casa
Concello
|
12.000,00
|
12.000,00
|
11.500,00
|
500,00
|
920.62200
|
Total de
baixas por créditos
transferidos..............................68.273,67
|
||||||
Segundo: Continua-la tramitación do
expediente con exposición pública en forma regulamentaria a efectos
de exame e reclamacións.
Terceiro: No suposto de non presentarse
reclamacións contra o mesmo considerarase definitivamente aprobado,
debendo cumprirse o trámite de publicación do correspondente resume
no B.O.P. e no Taboleiro de Anuncios do Concello.
3.- IMPOSICIÓN DA TAXA POR EXPEDICIÓN
DOCUMENTOS. Visto o expediente tramitado para o establecemento do
tributo: taxa por expedición de documentos administrativos, e da
correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación
que consta no devandito expediente co informe de Intervención e
ditame da Comisión de Facenda.
Na deliberación do asunto prodúcense
as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen
a continuación:
A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús
García Pita manifesta que xa votaron a favor da comisión de
facenda, consensuaron para que baixaran importes e algún quedaron
exentos, están en contra do establecemento de taxas nestes momentos
e tamén foi condicionado a que a final de ano ver si efectivamente
prexudica aos veciños de Cabanas ou os de fora.
Polo grupo mixto o concelleiro do
PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira indica que o tema xa foi debatido na
xunta de portavoces e na comisión de facenda, a imposición de taxas
non lle gusta a ninguén pero neste caso o partido socialista vota
favor porque o grupo do goberno atendeu a baixa que lle propuxo, dáse
un servizo que non se daba neste concello como é a compulsa de
documentos, vendo o importe das taxas noutros concello podemos darnos
por satisfeitos, por todo elo votará a favor.
Polo grupo popular a portavoz Dª. Eva
Mª. Pazos Bande agradece a colaboración e suxestións dos outros
grupos na redacción desta taxa consensuada entre todos, sorpréndelle
as distintas posicións dos non adscritos; o grupo popular non ten
interese recadatorio senón que se busca optimiza-los servizos e
tamén darlle un carácter disuasorio de malas prácticas de
aproveitar a gratuidade dos servizos sen necesidade obstaculizando o
traballo administrativo dos empregados do concello, despois da
entrada en vigor e ata finais de ano poderase comprobar o
funcionamento e de observase unha penalización para os veciños
modificarase.
A Sra. García Pita manifesta que son
partidarios do diálogo, non votan nun sito a favor e noutro en
contra, van a votar a favor neste caso polo consenso inda que non lle
gusta a imposición de taxas, na punto anterior abstívose porque non
tivo toda a documentación a súa disposición.
A Sra. Pazos Bande sinala que entendera
na intervención da Sra. García Pita que ía votar en contra. Neste
mesmo sentido se manifesta o Sr.Alcalde.
Despois de debatido o asunto, o Pleno
da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez
membros presentes, acorda:
1.º.–Aprobar provisionalmente a
imposición do tributo local: taxa por expedición de documentos
administrativos, así como a correspondente ordenanza fiscal
reguladora.
2.º.–Someter a información pública
o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de
trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín
Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
3.º.–No caso de que non se
presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado
entenderase definitivamente aprobado.
4.- MODIFICACIÓN TAXA APROVEITAMENTO
ESPECIAL DOMINIO PÚBLICO LOCAL. Visto o expediente tramitado para
modificación da taxa por ocupación de subsolo, solo e voo sobre
vías públicas ou outros terreos de dominio público local, así
como da correspondente ordenanza fiscal reguladora e documentación
que consta no devandito expediente co informe de Intervención e
ditame favorable da Comisión de Facenda.
Despois de estudado o asunto, o pleno
da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez
membros presentes, acorda:
1.º.–Aprobar provisionalmente a
modificación do tributo local, así como da correspondente ordenanza
fiscal reguladora: taxa por aproveitamento especial do dominio
público local, a favor de empresas explotadoras de servizos de
subministracións de interese xeral.
2.º.–Someter a información pública
o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de
trinta días, publicando a tal efecto anuncio no Boletín Oficial da
Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
3.º.–No caso de que non se
presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado
entenderase definitivamente aprobado.
5.- ACEPTACIÓN CONDICIÓNS RESOLUCIÓN
SOBRE CONCESIÓN OCUPACIÓN DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO-TERRESTRE CON
DESTINO A EMBARCADOIRO NO DÍA OITO. Vista a resolución da Dirección
General de Sostenibilidad da la Costa y del Mar de data 19 de abril
de 2013, recaída no expediente instruído polo Servizo Periférico
de Costas do Departamento en Coruña, a instancia do Concello de
Cabanas, en solicitude de concesión de ocupación de setecentos
trinta e nove metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre,
con destino a embarcadoiro en “ O Día Oito”, ría de Pontedeume,
TM de Cabanas (A Coruña), na cal resolve someter á aceptación do
Concello de Cabanas, as condicións e prescricións polas que podería
outorgarse a concesión de dita ocupación, incluíndo na resolución
o prego de condicións xerais para concesións demaniais nas praias,
zona marítimo-terrestre e mar territorial aprobado por Orde
Ministerial do 8 de novembro de 1985, publicado no BOE do 19 de
novembro de 1985, coas modificacións necesarias para a súa
adaptación á lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas, informado
favorablemente polo Servizo Xurídico con data 2 de xuño de 1989,
así como, o prego de condicións particulares e prescricións.
Despois de examinada dita resolución
cos pregos de condicións xerais para concesión demaniais e prego de
condicións particulares e prescricións, o Pleno da Corporación en
votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos
Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas
abstencións da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e
do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:
1º. Aceptar as condicións e
prescricións polas que podería outorgarse a concesión de ocupación
de setecentos trinta e nove metros cadrados de dominio público
marítimo-terrestre, con destino a embarcadoiro en “ O Día Oito”,
ría de Pontedeume, TM de Cabanas (A Coruña), segundo a resolución
da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar de data
19 de abril de 2013, recaída no expediente instruído polo Servizo
Periférico de Costas do Departamento en Coruña, a instancia do
Concello de Cabanas.
2º. A efectos de aplicación da
exención de canon establecida no artigo 84 da Lei de Costas para as
Comunidades Autónomas e Corporacións Locais, faise constar que dita
concesión non se destina a unha explotación de carácter lucrativo.
6.- ADHESIÓN CONVENIO COLABORACIÓN
CONSELLO XERAL PODER XUDICIAL, XUNTA DE GALICIA E FEGAMP SOBRE
DESAFIUZAMENTOS. Visto o convenio de colaboración entre o Consello
Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de
Municipios e Provincias (Fegamp), sobre a detección de supostos de
vulnerabilidade con ocasión do desafiuzamento de vivenda familiar e
medidas de carácter social, así como a manifestación de adhesión
realizada pola Alcaldía.
Na deliberación do asunto prodúcense
as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen
a continuación:
A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús
García Pita manifesta que están en contra de tantos remendos que
non levan a nada, pregúntase por que non aceptan a doazón en pago,
estase considerando a banca española por enriba de facenda, por que
non se soluciona o tema dunha vez ?, non se pode andar con tantos
remendos pois a solución pasa pola doazón en pago sen máis voltas.
Polo grupo Popular: a concelleira Dª.
Eva Mª. Pazos Bande indica estar satisfeitos con este convenio e que
poidamos entrar como concello a formar parte del pois considera que é
necesario, a veces pídense moitas medidas e nunca se fan, e si se
fan critícanse; é necesario que cando haxa unha situación especial
de vulnerabilidade se avise inicialmente non cando se chega a un
problema gordo, o xuíz cando detecta unha situación especial é
importante que avise á Xunta e ao Concello para que os servizos
sociais poidan actuar de ser necesario, algo que ata agora non se
facía.
A Sra. García Pita considera que
sempre hai vulnerabilidade, non solo xente maior senón tamén xente
con pequenos, tódolos casos son sangrantes senón non habería
desafiuzamentos, habería un aprazamento doutro xeito, pregunta que
pánico hai por pedir a doazón en pago.
A Sra. Pazos Bande opina que insistir
na doazón en pago é rexeitar que o concello axude aos veciños e
non ten sentido, asinase un convenio para situacións en que o xuíz
diga que se pode actuar dende os servizos sociais, iso é bo.
Debatido o asunto, o Pleno da
Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos
membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo
mixto, e dous en contra da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús
García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:
Ratificar a adhesión do concello de
Cabanas ao convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder
Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e
Provincias. sobre a detección de supostos de vulnerabilidade con
ocasión do desafiuzamento de vivenda familiar e medidas de carácter
social, así como a aceptación dos compromisos incluídos no
devandito convenio.
7.- ADHESIÓN CONVENIO MARCO PARA
XESTIÓN DOS SISTEMAS INTEGRADOS DE XESTIÓN DE RESIDUOS DE PILAS E
ACUMULADORES. Visto o Convenio Marco de colaboración entre a
Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as
Entidades Xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de
residuos de pilas e Acumuladores (RPA). Visto o escrito da Secretaría
Xeral de Calidade Avaliación Ambiental sobre a adhesión dos
concellos a este convenio.
Na deliberación do asunto prodúcense
as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen
a continuación:
Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A.
Fachal López manifesta que hai dúas opcións e pregunta por cal
delas se vai optar.
Polo grupo Popular: a concelleira Dª.
Eva Mª. Pazos Bande indica que se trata da opción A na cal
seguiríase como ata agora, coordinando e sufragando o servizo dende
o punto de recollida ata o punto de recollida municipal, recibindo a
compensación establecida no anexo IV.
Polo grupo Mixto: o concelleiro do
PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira considera que máis adiante se pode
pasar da opción A a opción B e polo tanto non ten máis que
engadir.
Despois de estudado o asunto, o pleno
da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez
membros presentes, acorda:
Adherirse o Convenio Marco de
colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia e as Entidades Xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión
(SIX) de residuos de pilas e Acumuladores (RPA), mediante a opción
A, na cal o concello de Cabanas seguirá coordinando e sufragando o
servizo de recollida, transporte (dende os puntos de recollida
selectiva dos residuos, PRS, ata o punto de recollida municipal, PRM)
e almacenaxe temporal dos RPA portátiles no seu ámbito territorial,
recibindo por iso a compensación económica en concepto das citadas
operacións establecida no anexo IV do precitado Convenio Marco.
8.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO EN RELACIÓN
A DEFENSA DO DEREITO Á LIBRE DECISIÓN DAS MULLERES (INTERRUPCIÓN
VOLUNTARIA DO EMBARAZO). Vista a moción presentada polo concelleiro
do PSdG-PSOE do grupo Mixto sobre a defensa do dereito á libre
decisión das mulleres ( interrupción voluntaria do embarazo), en
cuxa exposición de motivos alude ao anuncio do Ministro de Xustiza
sobre a presentación dunha nova regulación da interrupción
voluntaria do embarazo que terá como puntos clave: a volta a unha
lei de indicacións máis restritiva na que as mulleres non poderán
decidir senón que serán os médicos quen decidan por elas;
eliminación da posibilidade de interromper o embarazo cando exista
malformación fetal; e fiscalización intolerables respecto ao
suposto risco para a saúde da nai. O Goberno está a preparar unha
das leis do aborto máis restritivas do mundo e será o primeiro país
que retrocede con vota ao pasado, ás mulleres solo terán dúas
opcións, abortar fora de España se teñen recursos ou abortar en
España na clandestinidade co risco que leva para a saúde; alude a
STC en 1985 e que a actual lei foi avalada polo Consello do Estado, o
recurso do partido Popular inda non foi resolto e o Goberno prefire
non esperar, de acordo coa Conferencia Episcopal trata de eliminar o
dereito a decidir das mulleres, nos levaría a cola de Europa, xa en
2008 o Consello de Europa aprobou unha recomendación que consagra
este dereito.
A lei orgánica 2/2010, de 3 de marzo,
de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do
embarazo recoñece ás mulleres o dereito a unha maternidade
libremente decidida, non se pode lexislar ás costas da realidade,
por elo somete a consideración do Pleno da Corporación a adopción
dos seguintes acordos:
1.- O Pleno do Concello de Cabanas
recoñece o dereito a unha maternidade libremente decidida, o que
implica, entre outras cousas, que as mulleres decidan sobre o seu
embarazo e que esa decisión consciente e responsable sexa
respectada.
2.- O Pleno do Concello de Cabanas
lembra ao Goberno de España a aconfesionalidade proclamada na
Constitución e, neste sentido, rexeita calquera inxerencia no
dereito a unha maternidade libremente decidida ao ditado de ningunha
moral relixiosa.
3.- O Peno do Concello de Cabanas
móstrase contrario á reforma anunciada da lei orgánica 2/2010, de
3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción
voluntaria do embarazo anunciada polo ministro Gallardón e rexeita a
regresión que iso suporá.
Na deliberación do asunto prodúcense
as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen
a continuación:
A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús
García Pita manifesta que apoia a moción e alude a que nos anos
1970 e 1980 o 99,3% era xente de dereitas que ía a Londres con
facilidade, o resto quedaba fatal, gustaríalle saber que opinan as
mulleres do PP desta lei, non solo a portavoz.
Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A.
Fachal López sinala que van votar a favor desta moción, considera
que é coherente inda que lle preocupa a definición de poder cando
son mulleres, pois é un tema de idade, no resto está totalmente de
acordo, o PP está impoñendo algo que o resto da sociedade española
está totalmente en desacordo, debería ter unha capacidade de máis
diálogo.
Polo grupo
Popular: a concelleira Dª. Esperanza Gayoso Pereiro quere deixar
claro que a súa exposición está feita baixo a premisa do respecto
a tódalas opinións; con esta reforma estase a dar cumprimento ao
programa electoral do PP que contou co apoio maioritario nas
eleccións de novembro de 2011, solo é unha modificación cuxo
obxectivo e contar é contar co consentimento paternal dos menores e
o dereito a vida nos termos da doutrina constitucional, rexeita
acusacións de retrógrado ou perigoso, recorda que a lei de 1985
estivo vixente 25 anos nos que houbo consenso entre os partidos
políticos, a lei en vigor de 2010 foi aprobada polo PSOE sen
consenso ignorando ditames e sen ter en conta as Comunidades
Autónomas; nesta modificación non se criminaliza a muller, se
require o consentimento paterno para menores e en terceiro lugar
cambia o sistema de prazos, entende que é unha lei consensuada que
vai protexer a muller e a vida do non nacido.
A Sra. García Pita considera que a
Sra. Gayoso Pereiro está a fala coas súas palabras senón por algo
imposto dende arriba, será o único punto que cumpre o PP do seu
programa porque o resto nada, fan o contrario, solo cumpren o que
prexudica as mulleres, están seguindo a doutrina da Igrexa Católica,
e no relativo ao consenso o que está no poder lexisla pero non poden
dicir que están consensuando esta lei, hai casos sangrantes en
menores por autorización dos pais e hai que ser realistas, non se
pode decidir polos demais, estase ante unha involución en tódolos
sentidos.
O Sr. Fachal López considera que o
goberno lexisla pero están facendo o que critican que fixeron
outros, si a lei durou 25 anos comecemos polo punto de partida, que
se manteña esa lei de 1985 porque se derrogan moitas cousas, insiste
no problema de menores depende da persoa máis que da idade, por iso
nin está ben o de antes nin o de agora, hai que tratalos casos e
deberíase ir para adiante e non para atrás como se intenta neste
caso.
O concelleiro do PSdG-PSOE D.Delfín
Feal Pereira do grupo mixto, amosa o seu pesar polo exposto pola
concelleira do PP, tanto polo argumentado por incoherente como por
ser muller, o apoio nas eleccións non é argumento e a lei de 1985
tivo 25 anos de desenvolvemento consensuado, no 2010 houbo unha
remodelación que avaliou o Consello de Estado, vostedes manexan un
argumentario esixindo o consentimento para menores de 18 anos cando
dende os 13 é legal ter relacións sexuais, necesítase educación
sexual e pensa que non leron a moción, a lei vixente non obriga a
abortar senón que da oportunidades de facelo en condicións de saúde
e a modificación no relativo a malformación é pola presión
social, era inviable,
A Sra. Gayoso Pereiro considera que
fixo unha exposición clara e o respecto a tódalas opinións e pide
polo tanto que tamén se respecte a súa, motivou suficiente a
postura do seu grupo que vai a votar en contra.
Debatido o asunto sométese a votación
resultando cinco votos a favor dos membros do grupo AEC, do
concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, da concelleira Dª. Mª.
Teresa de Jesús García Pita, e do concelleiro D. Angel Pena
Fontenla, e cinco en contra dos membros do grupo popular; visto que
se produce empate repítese a votación obténdose o mesmo resultado,
a vista do cal o Sr.Presidente co voto de calidade decide a favor do
rexeitamento da devandita moción.
9.- MOCIÓN DOS CONCELLEIROS TERESA
GARCÍA PITA E ANGEL PENA FONTENLA SOBRE DEDICACIÓN DO DÍA DAS
LETRAS GALEGAS 2014 A RICARDO CARVALHO CALERO. Dáse conta da moción
presentada polos concelleiros Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita
e D. Angel Pena Fontenla sobre proposta de persoeiro para o Día das
letras galegas 2014, expoñendo que o Pleno do Concello de Ferrol en
data 28 de febreiro de 2008 acordou por unanimidade solicitarlle a
Real Academia Galega que se lle dedicase a Ricardo Carvalho Calero o
Día das letras galegas 2009, son conscientes das numerosas peticións
que se reciben pero Ricardo Carvalho Calero tivo unha transcendencia
coñecida non só no ámbito das letras galegas, senón da cultura en
xeral. Despois de aludir a súa biografía e ser nomeado fillo
predilecto de Ferrol e da Comunidade Autónoma de Galicia consideran
que a eses recoñecementos se lles podía sumar o de homenaxealo no
Día das Letras Galegas 2014, por elo propoñen ao Pleno da
Corporación a adopción do seguinte acordo:
Solicitarlle á Real Academia Galega
que lle dedique a Ricardo Carvalho Calero o Día das Letras Galegas
do ano 2014.
Na deliberación do asunto prodúcense
as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen
a continuación:
Polo grupo Popular: a concelleira Dª.
Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que van apoiar a moción e que o
concello de Ferrol xa enviou o expediente a Real Academia Galega, non
teñen motivo para non votar esta proposta ou calquera outra figura
que destaque no ámbito cultural e das letras.
Despois de debatido o asunto, o Pleno
da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez
membros presentes, acorda aproba-la devandita moción.
10.- MOCIÓN DOS CONCELLEIROS TERESA
GARCÍA PITA E ANGEL PENA FONTENLA EN PROL DA RESTITUCIÓN DA
LEGALIDADE URBANÍSTICA EN SAN LORENZO, LARAXE. Vista a moción
presentada polos concelleiros Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita
e D. Angel Pena Fontenla sobre a restitución da legalidade
urbanística en San Lourenzo, Laraxe, expoñendo que nos montes de
San Lourenzo en Laraxe perdura despois de catro anos da súa
vertedura a situación ilegal dun vertedoiro de mais de 60.000
toneladas de materiais bituminosos procedentes de Holanda,
actualmente estase a resolver na xustiza unha denuncia por delito
ambiental. Alude a denuncia que trasladou Seprona en 2009 a APLU,
trátase dunha infracción urbanística evidente que a día de hoxe
non desencadeou medida administrativa para repoñer a legalidade, e o
camiño forestal está cortado polos materiais, por elo propoñen o
seguinte acordo:
1º. Esixirlle á APLU que lle achegue
á Corporación municipal a documentación relativa ao vertedoiro en
terreo rústico de áridos bituminosos de Holanda.
2º. Esixirlle á Alcaldía de Cabanas,
ás consellerías competentes e á APLU o cumprimento escrupuloso da
legalidade urbanística.
Na deliberación do asunto prodúcense
as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen
a continuación:
Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva
Mª. Pazos Bande considera que hai motivos a destacar na propia
moción, falan que o tema está actualmente nun proceso xudicializado
que está a resolver a xustiza, hai un xuíz e un fiscal encargado
disto; logo din que está na APLU que é a que ten competencias por
estar en solo rústico, co cal entendemos que xa están contestando a
propia moción; dende o Concello leváronse a cabo tódalas actuación
pertinentes e agora mesmo non temos competencia, hai tres organismos
involucrados, o xulgado, a APLU e Europa, polo tanto o Concello non
vai realizar nada que se opoña ás medidas que adopten estes
organismos; considera que no relativo a documentación que citan na
moción non están actualizados, critica que utilicen o de esixir
porque tamén deberan responsabilizarse dos seus actos.
O concelleiro D. Angel Pena Fontenla
indica que esixen se achegue documentación para que poidan ter
acceso a ela, é necesario adoptar medidas que non se están tomando,
obrigouse a tapar o material porque contamina o río Baa e non se
fixo nada, entón haberá que esixir que se cumpra coa legalidade, o
empresario desenténdese de todo e alguén terá que
responsabilizarse do que está pasando aí, hai contaminación do río
Baa.
Polo grupo Mixto: o concelleiro do
PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira está de acordo co relatorio da
moción, hai que esixir, pedir que se concrete e se tomen as medidas
para repoñer a legalidade por parte de quen corresponda, se na
moción piden que acheguen documentación entende que é co obxecto
de que isto non se durma, hai unhas resolucións a tomar que non se
están adoptando.
A Sra. Pazos Bande insiste en que se
trata dun proceso xudicializado, a documentación será o xulgado e a
APLU os que teñen que decidir, son os que teñen o poder e as
competencias para actuar.
O Sr.Alcalde aclara que os concelleiros
que presentan a moción cando estaban no BNG se persoaron no xulgado
polo tanto teñen dereito a documentación mellor que ninguén, o
Concello fixo os traballos correspondentes como paralizar as obras e
remitir documentación a Augas de Galicia, APLU e xulgado cando a
pide, e o de contaminar o río Baa haberá que velo, non sexa que
haxa sorpresas, hai documentos que din cumpre a normativa da CE
Despois de debatido o asunto, o Pleno
da Corporación en votación ordinaria, con tres votos a favor do
concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, da concelleira Dª. Mª.
Teresa de Jesús García Pita, e do concelleiro D. Angel Pena
Fontenla, e sete abstencións dos membros dos grupos Popular e AEC,
acorda aproba-la devandita moción.
PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA
CORPORACIÓN.
11.- INFORMES DA PRESIDENCIA.
a) Resolucións da Alcaldía. Dáse
conta das resolucións ditadas desde a número 45 do 31-01-2013 ata a
número 175 do 24-05-2013.
b) Informe sobre a morosidade 1ºT/2013.
De acordo co establecido no artigo 5º.4 da Lei 15/2010 dáse conta a
Corporación do informe de Tesourería e Intervención sobre o
cumprimento dos prazos previstos legalmente para o pago de
obrigacións correspondentes ao 1º Trimestre de 2013.
12. ROGOS E PREGUNTAS.
a) Preguntas orais.
a.1. Grupo AEC: Intervención do
portavoz D. Luis A. Fachal López.
a.1.1. En que situación se atopa o
PXOM de Cabanas ?, canto tempo van durar os atrasos?.
Resposta Sr.Alcalde: o compromiso do
equipo redactor é presentalo a próxima semana, houbo problemas polo
convenio con NCG Banco, despois haberá informe técnico e de
Secretaría e haberá unha reunión cos membros da Corporación para
consensuar e levar a pleno.
a.1.2. Como está o proxecto de
humanización da N-621 pois falárase de facelo en fases para a súa
posible execución, hai algún avance?.
Resposta Sr.Alcalde: como se falara
aquí formulouse a división na Demarcación de Estradas, din que non
hai diñeiro, fíxose un informe e recolléronse firmas para que
axilizaran as beirarrúas pero non hai nada claro, seguirase
insistindo, a ministra é coñecedora do tema, o que manifestaron na
Demarcación foi que o proxecto está non primeiros que saian,
seguiremos traballando.
a.1.3. Vista a situación na que se
atopa o areal na praia, máis visible na zona do espigón, había o
compromiso dun estudo por parte da Demarcación de Costas, houbo
algún avance neste sentido?.
Resposta Sr.Alcalde: o problema xa foi
formulado na anterior lexislatura, o Sr.Eimil prometeu que o
encargaría a Universidade, dixo que estaba complicado por hai
oposición da Cofradía de Pontedeume, haberá que consensuar porque
tamén inclúe unha zona de Cabanas.
a.1.4. Cal é a situación do punto
limpo?.
Resposta Sr.Alcalde: Está adxudicado a
empresa Francisco Gómez e a execución de 3 ou 4 meses, espera que
quede terminado este ano.
a.1.5. Rogo. Que se mellore a
sinalización na saída de Cardeita tanto dende a estrada das Pontes
coma dende a estrada de Mugardos dirección Ferrol, non hai
sinalización de límite de velocidade e está limitada a 50 km/h,
hai problemas coa verificación desa sinalización.
Resposta Sr.Alcalde: si é polo radar
beneficia pero por seguridade xa é outra cousa.
a.1.6. Rogo. Pedir a Alcaldía que faga
algo con respecto ao aparcamento no Areal na entrada a Día Oitor, a
zona está sinalizada con prohibido aparcamento pero os días
festivos prodúcense atascos e problemas de tráfico que poden
derivas en problemas maiores.
Resposta Sr.Alcalde: ai non se vai a
prohibir, incluso se podería pintar para carga e descarga.
a.2. Intervención do concelleiro D.
Angel Pena Fontenla.
a.2.1. Hai un mes aproximadamente
veciños do Pereiro queixáronse que non chegaba auga ao lavadoiro
dos Carneiros, está rota a tubaxe, creo que é un problema de niveis
e a auga non entra no lavadoiro, por que non se fixo nada para
solucionar o problema tendo en conta que se usa ese lavadoiro?.
Que vai facer o Concello en relación
aos problemas que hai na Barreira cos desvíos cando chega a época
de seca que se corta totalmente o paso da auga para o río dos
Carneiros, que vai facer o Concello para que iso non sega pasando?.
Resposta Sr.Alcalde: en primeiro lugar
o Concello é coñecedor do problema e mandou un operario a revisar
iso, alguén rompeu a tubaxe e agora mesmo non hai persoal, houbo
chamadas e xa explicou a situación, vaise arranxar cando se poida,
entende que a xente vai a lavar alí, está anotado e será un dos
traballos a realizar.
En canto a segunda parte xa se debateu
aquí, - advirte a Sra. García Pita por intervir sen autorización e
a advirte de expulsión- hai unhas condicións para o reparto da auga
e se van a respectar tal como están, si no verán hai pouca auga
para os Carneiros é a que lle corresponde haberá pouca auga, si a
corta algún veciño hai que ver se teñen escrituras coma os do
outro lado.
a.2.2. No camiño do Pereiro en Sanxiao
hai fochancas por todos lados, o único que fan é botarlle gravilla
que non serve para nada, é perdelo tempo, cando se van amañar ben
estas fochancas?.
Resposta Sr.Alcalde: hai un proxecto
aprobado de 102.000 euros para repoñer seis camiños entre eles ese,
non se contratou aínda porque está chovendo e non quedan como teñen
que quedar, hai que esperar polo bo tempo e por iso se tapan con esa
gravilla.
a.3. Intervención do concelleiro do
PSdG-PSOE D. Delfín Feal Perira.
a.3.1. En canto ao arranxo de camiños
e limpeza entende que xa está contestada pois por falta de operarios
vai lento.
Resposta Sr.Alcalde: estanse a facer os
máis urxentes, onde hai máis tráfico e persoas, si coñecen algún
que urxe se realiza.
a.3.2. A semana pasada o grupo
socialista tivo a queixa dun veciño onde di que a presentou ao resto
dos grupos, que lle parece a exposición de motivos onde se queixa
que uns coches son multados e outros non?.
Resposta Sr.Alcalde:queixouse porque
veu a Alcaldía para que lle sacara unha multa, expliqueille que non
o podía facer, que falara cos policías haber si lla sacaban, falei
cos policías e ensináronme a foto do seu coche onde estaba. No 2012
houbo máis de 200 vehículos sancionados.
a.3.3. Con respecto a tarxeta de
residentes na zona do centro de saúde din os usuarios que hai moitos
coches aparcados sen cartón, roga e empraza a Alcaldía que na
próxima xunta de portavoces se trate o tema como regular estes
aparcamentos.
Resposta Sr.Alcalde: o aparcamento xa
esta regulado, na zona do centro de saúde a policía coñece a moita
xente que sabe que ten tarxeta inda que non a teña posta alí porque
son veciños e é xente que tódolos días están con eles, ata agora
que saíu a nova tarxeta aceptábase a do ano pasado.
a.3.4. No pleno de xaneiro preguntou
polo mobiliario do parque infantil da Torre, que o retirara, existe
documento onde se permitiu a retirada, por parte de quen e si nese
documento está reflectido onde está depositado ese mobiliario, por
canto tempo e para que uso?.
Resposta Sr.Alcalde: hai un informe
onde di que ese mobiliario non cumpre e polo tanto hai que retiralo,
foi o que se fixo, tampouco cumpre o acceso, non hai diñeiro nin
nenos.
a.3.5. Rogo. No lavadoiro de Fontao
unha columna está en situación precaria, roga que se arranxe ou
cando menos colocar unha valla para evitar problemas.
Resposta Sr.Alcalde: está en proxecto
facer algo pero hai que ter diñeiro, dixeron que non tiña demasiado
perigo.
b) Preguntas por escrito.
b.1. Presentadas polos concelleiros
Dª.Mª. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla, en
escrito de data 28 de maio de 2013.
b.1.1. No pleno de marzo de 2013
preguntamos polo expediente de reposición da legalidade que tivo
resolución 70/2013, dos chalés de Cardeita. Como concelleiros
descoñecemos o contido da resolución porque non se deu conta dela
nese pleno. En todo caso volvemos insistir para que o alcalde lea
para o Pleno. Pódenos ler a conclusión dos informes técnico e
xurídico sobre o asunto?.
Resposta Sr.Alcalde: isto é público,
non ten ningún problema de acceso a dita resolución, e da lectura a
parte técnica e xurídica e acordo da resolución, indica que xa hai
outro informe e resolución definitiva, a propiedade vai adaptar o
proxecto.
b.1.2. Os veciños de Porto queren
coñecer se por fin se van realizar as obras de beirarrúas na
estrada provincial que vai de Porto a Laraxe. Cando empezan as
obras?, Cal dos proxectos se vai executar?, Onde pode a veciñanza
consultar o proxecto?.
Resposta Sr.Alcalde: as obras van
realizarse, o proxecto é o que se aprobou polo pleno, estivo a
exposición pública e agora habería que ir a Deputación para velo
que é a encargada da contratación e execución.
b.1.3. Os veciños e veciñas de
Cabanas que teñen por sa costume o sendeirismo ou paseo pregunta o
seguinte: O camiño inglés ( camiño de transito habitual dos
propietarios e veciños de Laraxe ) que bordea o parque industrial
dende Capacheira ata Os Cocidos está intransitable, con regos
arados, e amoreamento de zahorra nas encrucilladas. Os regos na zona
do río Baa arrastran materiais aumentando así a contaminación
sobre as augas.
- Que fixo semellante barbaridade?.
- Que pechou os accesos por obras
inexistentes?.
- Concorda o goberno local con que a
Xunta primeiro tire cos cartos en acondicionalo e logo se desfaga?.
- Non hai outros medios para informar
sobre o paso aos veciños e veciñas sen poñerlles muros e regos nos
camiños?.
- Vai o Concello solicitar que se
repoña o camiño a un estado transitable para os veciños e veciñas
de Cabanas?.
Resposta Sr.Alcalde: hai un ano que se
fixeron as obras, hai unha nova traza do camiño inglés que estivo a
exposición pública e que alguén presentou alegacións, nalgún
pleno tratouse aquí iso, por elo lle estraña a pregunta, as obras
están rematadas hai máis dun ano e contan con autorización de
Augas de Galicia e Patrimonio a Sepes, tiveron tempo para reclamar na
exposición pública polo que considera que non procede vir agora con
isto.
b.1.4. Tivemos varias queixas por
apagados no inverno de fases enteiras de farolas públicas, mesmo
algunhas caídas de persoas maiores por falta de visibilidade en
zonas transitadas. Pódenos explicar que criterios se aplican para o
acendido e apagado de fases?.
Resposta Sr.Alcalde: si lle indica as
zonas explicaralle o que se fai, si hai algún fallo avisar e
revisarase.
Non habendo mais asuntos que tratar a
Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha horas e quince
minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.
Vº e Prace,
O Alcalde,
O
Secretario,
Transparencia real. Acta do Pleno de Cabanas: marzo de 2013
Cabanas.- Achegando a información do Concello de Cabanas, o noso traballo pola cidadanía. En marzo debateuse e preguntamos (os únicos!) do seguinte:
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 27 DE MARZO DE 2013
Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande. Da. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan Antonio López Rodriguez Da. Ana Rosa Méndez Eiroa. D. Julián Ramón Seijas Criado (Grupo PP).
D. José C. Rey García (Grupo AEC).
D. Delfin Feal Pereira (Grupo Mixto).
Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita D. Angel Pena Fontenla (Non adscrit@s - Anova)
No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e sete de marzo de dous mil trece, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres.
Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.
Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitucion do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.
Non asiste o concelleiro D. Luis A. Fachal López por motivos laborais.
PARTE RESOLUTIVA.
1.- ACTAS DE SESIÓNS AN't ERIORES. Dáse conta da acta da sesión anterior realizada os días 30 de xaneiro de 2013, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacions, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros presentes acorda aproba-la referida acta.
2.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS. Visto o expediente tramitado para recoñecemento extraxudicial de créditos correspondentes a exercicios anteriores, pendentes de aplicar ao orzamento por falta de consignación suficiente ou por haberse presentado a factura despois do peche do exercicio, así como, informe de Intervención.
Despois do estudo da relación dos créditos a recoñecer, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:
1°. Aprobar o recoñecemento dos créditos que se relacionan a continuación, correspondentes ao exercicio anterior.
2°orzamentaria cargo ao orzamento de 2013 os créditos anteriores con cargo á partida orzarnentaria que se cita.
3.- MODIFICACIÓN REGULAMENTO INSTALACIÓNS DEPORTIVAS. Visto o expediente tramitado para aprobación da modificación do Regulamento de utilización de instalacións deportivas municipais ata agora vixente (BOP n° 112 do 19 de maio de 1997), coa proposta do novo texto normativo composto de vinte e nove artigos e unha disposición final, co obxecto da súa adaptación as novas instalación e actividades a desenvolver.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo Popular: a comodificacion. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que se trata dunha actualización e modificación do existente para adaptalo as instalacións actuais e facilitar a súa utilización por entidades e persoas interesadas de forma que permita a participación do maior número de persoas e ao mesmo tempo non se produza deterioro das instalación.
Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:
1.°.—Aprobar provisionalmente a modificación do regulamento de utilización das instalacións deportivas do concello de Cabanas.
2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto do regulamento polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.
4.- OUTORGAMENTO DA DISTINCIÓN DE "FILLO ADOPTIVO" A DON MANUEL LOPEZ CALO. Visto o expediente tramitado para o outorgamento da distinción de "Fillo Adoptivo" do Concello de Cabanas a Don Manuel López Calo de conformidade co establecido no Regulamento especial de honras e distincións do Concello de Cabanas.
Vista a proposta da Instrutora coas sinaturas de apoio, así como a súa publicación no BOP sen que se presentaran alegacións.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que xa estiveron en contra disto cando se aprobou o Regulamento, non teñen nada persoal, pero estamos nun estado laico, un concello laico e parécelles sen sentido, pero por respecto as sinaturas se van abster.
Polo grupo mixto o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira indica que se trata dunha persoa que leva moitos anos aquí traballando como cura, a exposición de motivos que fai a instrutora está moi orientada a súa labor como cura párroco pero imaxina que nos cincuenta anos tamén realizaría labor social e axuda aos vecifíos das súas parroquias que son quen máis capacidade teñen para xulgar o seu traballo, leva poucos no concello pero tampouco ten nada en contra polo que votará a favor.
Polo grupo Popular: a concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que se trata dunha iniciativa conxunta dos veciños da parroquia e o Concello, consideran que é unha persoa que desenvolveu unha grande labor polo pobo nas parroquias que exerceu como párroco, non é solo pola súa labor relixiosa senón polos cincuenta anos de servizo en favor dunha comunidade de veciños.
A Sra. García Pita insiste en que non é pola persoa, senón polo título honorífica, empézase por ftllo de, e acabarase tamén coa chave de ouro do Concello, estas cousas deben facerse a nivel de parroquia non a nivel de Concello.
A Sra. Gayoso Pereiro reitera que non é soamente pola labor relixiosa, concédeselle polo seu traballo continuado de cincuenta anos ao servizo da comunidade, neste caso é un cura pero podería ser outra persoa, e se alguén merece unha medalla tamén estariamos orgullosos de entregarlla.
Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votacion ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. M. Teresa de Jesús G-arcía Pita e do concelleiro D. Angel Pena FontenLa, o que representa o quórum da maioría absoluta do número de membros de dereito da Corporacion, acorda:
Conceder o título de fillo adoptivo do Concello de Cabanas a Don Manuel López Calo polos seus servizos e traballos no eido social, realizados no desenvolvemento do seu cargo de cura párroco das parroquias de Santo André de Cabanas e Santo Estevo de Irís.
5.- SOLICITUDE FINANCIAMENTO SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS 2013. Visto do Decreto 99/2012, do 16 marzo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (D.O.G. n° 63, do 30 de marzo de 2012), así como o proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais para 2013.
Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria co voto favorable de tódolos membros presentes acorda:
1°.- Solicitar á Consellería de Traballo e Benestar, a transferencia finalista para o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal regulada no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
2°. Que o importe total do ftnanciamento solicitado, segundo se reflicte no resumo xeral deste anexo V, é de 128.027,00 euros, co seguinte detalle:
-Persoal: 15.013,00 euros.
-Mantemento: 0,00 euros.
-Axuda no fogar:
* Modalidade de prestación básica do Plan Concertado: 0,00 euros.
* Modalidade para persoas valoradas como dependentes: 103.014,00 euros.
-Xestión de programas: 10.000,00 euros.
-Investimento: 0,00 euros.
3°. Declarar que os servizos sociais comunitarios municipais seguen a prestarse con continuidade.
4°. Comprometerse a cofinanciar o mantemento e o desenvolvemento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal incluídos no proxecto anual presentado para a solicitude da
transferencia finalista correspondente ao exercicio 2013 na contía de 238.140,00 euros, que supón unha porcentaxe do 65,04% sobre o orzamento total do proxecto, excluídas outras achegas autonómicas.
6.- MOCIÓNS SOBRE O DÍA DA MULLER TRABALLADORA. A continuación trátase en conxunto as mocións presentadas polos grupos: Mixto, e Popular sobre o día internacional das mulleres.
A) A moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto refírese a reforma laboral do PP e o recorte que supón para as mulleres, o Goberno é o responsable dos recortes e intenta culpar de todo elo a crise económica e a herdanza, pero non nos deixemos enganar, a igualdade foi avanzando durante os anos de democracia grazas á labor dos gobernos socialistas e a modernización da propia sociedade, pero dende que o PP asumiu o Goberno asistimos a uns dos maiores despropósitos da historia da igualdade entre homes e mulleres.
O emprego é a principal preocupación e o feminino crece espectacularmente resultado da preforma laboral do PP que está desmantelando o estado de benestar e os servizos de atención as persoas, sobre todo as mulleres, que se incrementará co anuncio de reforma da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo. Alude tamén a repercusión das taxas xudiciais, recortes cargados de ideoloxía e a volta das mulleres ao fogar, mentres que dende o partido socialista traballan pola igualdade e emancipación das mulleres.
Polo exposto, somete á consideración do Pleno a declaracion institucional do día 8 dce marzo na que se insta aos Gobernos do Estado e da Xunta de Galicia, segundo corresponda:
- Á derrogación da Reforma Laboral.
- Ao desenvolvemento dun Plan de Emprego para as mulleres de Galicia, que inclúa politicas activas específicas, a promocion do autoemprego e o desenvolvemento dun P1an de Igualdade das mulleres no emprego, dirixido a promover a igualdade e a eliminar a desigualdade salarial.
- Ao mantemento dos dereitos recollidos na Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia.
- Á promoción de políticas que permitan a corresponsabilidade na vida laboral e familiar de homes e mulleres, e o cumprimento da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de
- Ao mantemento da Lei actual de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo, así como de todos os centros de planificación familiar da nosa Comunidade.
- Ao impulso de politicas e servizos de prevención da violencia de xénero e apoio ás mulleres que a sofren.
- Á derrogación da Lei de taxas xudiciais.
B) A moción presentada polo grupo popular refírese á Carta Europea da Muller facendo referencia a discriminación, estereotipos educativos, segregación do mercado laboral, emprego precario, distribución desequilibrada de responsabilidades familiares e á independencia económica das mulleres. Consideran que a igualdade entre mulleres e homes ten impacto positivo no crecemento económico, no emprego e mellora da competitividade e cohesión social.
A pesar dos avances, as mulleres inda tefien baixas taxas de actividade, están peor remuneradas e ocupan menos espazos de responsabilidade laboral; a diferenza salarial está en torno a un 20% e as dificultades de conciliación son maiores nas mulleres que en moitos casos vense obrigadas a renunciar a proxectos persoais e laborais, mulleres e homes deben ter as mesmas oportunidades e facelo en condicións de igualdade; debemos progresar no desenvolvemento dun modelo de organización social máis aberta.
Por todo o anterior, o grupo municipal Popular eleva ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:
1. Instar aos concellos de Galicia a elaboración e desenvolvemento de plans de igualdade e a impulsar a transversalidade de xénero no eido local de xeito que se garantan políticas públicas das que mulleres e homes se beneficien de forma equivalente e contribuíndo ao progreso e benestar da sociedade galega.
2. Instar ao Goberno do Estado e ao Goberno da Xunta de Galicia a que leven a cabo Programas de apoio empresarial a mulleres co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino e o autoemprego.
3. Instar ao Gobern.o do Estado a que neste ano 2013 elabore un Plan Estratéxico contra a discriminación salarial entre mulleres e homes co fin de identificar e erradicar a inxusta e inxustificable brecha salarial.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinions que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que este é o día en que ten que chamarlles submisas con todo o respecto, quen goberna. na Xunta e no Estado é o PP e vostedes pola súa submisión non poden opinar nin decidir, xa que o normal era que estas cousas llas pediran a Feijoo e a Rajoy, sobre todo cando son vostedes os causantes da regresión en tódolos sentidos, por suposto que van a votar para ver si espabilan e cambian algo.
Polo grupo mixto o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delftn Feal Pereira reafirmase nos puntos da súa moción, a proposta do grupo de goberno non está mal pero é corta e debería englobarse na do partido socialista que é máis completa, ou ben aprobalas dúas.
Polo grupo popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande considera que mailos avances do noso pais na protección dos dereitos humanos, a discriminación segue a estar presente na sociedade, un fenómeno que hai que erradicar, estamos conmemorando o día internacional da muller e o debate debería centrarse nesto, fala da discriminación salarial no mercado laboral que prexudica máis as mulleres, maior porcentaxe de paro, a case totalidade das excedencias para coidados de fillos as solicitan as mulleres, e tamén alto porcentaxe na dependencia, pouca participación en consellos de administración de empresas, etc., estas son realidades de discriminación da muller e queda moito para equipararse aos homes en responsabilidades. A Sra. García Pita é repetitiva con poucas posibilidades de cambio, en canto o de submisa, indicarlle que o peor exemplo de machismo é o que executa unha muller; están de acordo en moitos dos puntos que presenta o Sr. Feal Pereira pero mestura moitos temas e habería que conmemorar o día internacional da muller, por iso presenta unha emenda transacional que sería: Instar ao goberno do Estado a seguir priorizando nos orzamentos o gasto social e as politicas públicas encamifiadas a acadar igualdade plena e efectiva entre homes e mulleres de xeito que a pesar do contexto final adverso e da gravidade da crise se continúe avanzando na erradicación da violencia de xénero e na eliminación das desigualdades laborais á vez que se implementan os programas de fomento da conciliación da vida laboral e familiar.
Á Sra. García Píta desquícialle que unha muller pense así, que non se de conta das cousas que pasan no seu partido, no que está aprobando e representando, iso dálle pena.
O Sr. Feal Pereira non está de acordo con que se mesturan moitas cousas na súa moción, o día 8 de marzo é a conmemoración do día internacional da muller e tódolos puntos da moción son
c) Liquidación orzamento 2012. No cumprimento do establecido no artigo 193.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, dáse conta da resolución da Alcaldía 072/2013 pola que se aproba a liquidación do orzamento do exercicio 2012, a cal presente o seguinte resultado:
d) Remisión copia orzamento 2013 e informe estabilidade orzamentaria á Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local. Dáse conta da remisión de copia do orzamento de 2013 á Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica en data 21 de marzo de 2013 ao que se incorpora o informe de Intervención sobre a estabilidade orzamentaria.
9.- ROGOS E PREGUNTAS.
a) Preguntas por escrito.
a.1. Presentadas polos concelleiros Da.Ma. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla, en escrito de data 26 de marzo de 2013.
a.1.1. Dende o concello estanse concedendo permisos á S.C.R.D. San Mamede de Laraxe para o lanzamento de foguetes cada vez que no seu local hai algún festexo. Porque se conceden estes permisos se con eles estase a incumprir a Ordenanza reguladora de protección do medio ambiente que no seu artigo 19 apartado c di que nos espazos naturais, zonas verdes e nos terreos forestais e agrícolas está prohibido lanzar foguetes, globos ou calquera outro trebello que conteña lume ou que poida orixinalo, a non ser nas festas locais e sempre coas debidas precaucións e con autorización municipal e da consellería competente ?.
Resposta Sr.Alcalde: fan solicitude e tramítase a autorización segundo corresponda.
a.1.2. No pasado mes de febreiro a a través do escrito de saída número 233/2013 remitíuselle á Consellería de Traballo e Benestar documentación sobre inspección ao PAI. Podería. nos explicar que documentación requiriu a Xunta de Galicia?. A inspección detectou deficiencias?.
Resposta Sr.Alcalde: non houbo ningunha deficiencia, cambiouse de empresa e houbo que remitir os documentos da nova empresa.
a.1.3. Varios veciños denuncian problemas causados polas choivas na parte alta do Barreiro, en Porto (escritos de saída 258/2013 e 259/2013). Que causa eses problemas e que medidas vai adoptar o Concello?.
Resposta Sr.Alcalde: non é na parte alta do Barreiro, simplemente foi pola cantidade de choiva que houbo nestes últimos meses e desbordáronse as cunetas, foise a revisar e estase intentando facer os traballos necesarios para que non se volva a producir iso.
a.1.4. Nun escrito dirixido a Aquagest a alcaldía requírelle á concesionaria a posta en marcha dunha rede en Vilar do Colo (escrito saída 336/2013). A rede é de abastecemento ou de saneamento?. A que zona dá servizo e cales son os motivos polos que non está/estivo en funcionamento?.
Resposta Sr.Alcalde: debería ser coñecedor da rede de abastecemento de auga que se acaba de construír para a parroquia de Laraxe e o polígono de Vilar do Colo, está todo posto para que funcione, mandóuselle escrito a empresa concesionaria para que fagan os trámites e terian auga, se non teñen auga é porque a empresa non quere pero está todo posto.
a.1.5. A Igrexa solicita un proxecto para a ampliación dun cemiterio. De que obras se tratan?. Onde están localizadas?.
Resposta Sr.Alcalde: é en Soaserra, no Igrexario, solicita a ampliación do cemiterio e enviámola ao Bispado para que informe que tipo de proxecto se necesita.
a.1.6. No pasado Pleno preguntamos polo expediente de reposición da legalidade que tivo resolución 70/2013, dos chaléts de Cardeita. Poderíanos explicar o alcalde que ditaminan os informes técnico e xurídico sobre o asunto sobre os que motiva a resolución?.
Resposta Sr.Alcalde: hai unha resolución 070/2013, onde se lle indica aos promotores que tefien tres meses para adapta-las obras a lexislación e a licenza que se lles outorgou no seu día.
b) Preguntas orais.
b.1. Intervención da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita.
b.1.1. Fai un ano mais ou menos, o entonces portavoz popular dicía que estaba estudando a forma de resolver o contrato con Aquagest, quería saber como está iso e si hai posibilidades ?.
Resposta StAlcalde: se está traballando neso, hai escritos intentando controlar, vixiar e pofier como se merece o servizo, non se pode rescindir un contrato así como así, hai un proceso e nese camiño estase traballando pero non se pode dicir nada sen que estea xustificado, hai un proceso aberto e se queren máis información poden pasar por Secretnría onde se lle explicará, pero requírese actuar con cautela e facer as cousas ben.
- A Sra. García Pita refírese as noticias de actuacións xudiciais sobre corrupción que están a saír na prensa que implican a Aquagest e pregunta si o que está pasando afectará ao concello de Cabanas.
Resposta o Sr.Alcalde que pódelle asegurar que dende que están gobernando, antes non o sabe e non pode dicir, pero desde que gobernan non hai nada, todo o contrario, estanlle esixindo e tefien que defender ao concello, para que os veciños que usan o servizo non sexan prexudicados.
b.1.2. Que pasa estes días na rotonda da praia fronte ao antigo campo de fútbol que ten moitas fochancas ?.
Resposta Sr.Alcalde: chove moito e o aglomerado deteriórase, o aglomerado cando chove non compacta polo que cando deixe de chover arranxarase como se está a facer en varios camifíos, si se bota o aglomerado chovendo pérdense os cartos porque se volve a levantar, entende que cause molestias, hai diñeiro pero hai que esperar que non chova para reparar.
b.1.3. O eterno problema que hai no paseo da praia cando se vai en coche que se inunda, debaixo da ponte e no paseo tamén, iso non se vai a solucionar nunca?.
Resposta Sr.Alcalde: colocáronse sinais verticais e de altura de auga e non se pode facer máis, as bombas non dan achicado cando a marea está alta, sería o mellor que no seu día non estivera ben esa obra pero non se pode facer máis, considera que o problema tampouco é tan grave si a xente e precavida e respecta os sinais, a obra é como é, non hai desnivel suficiente e coa marea alta non descarga o suficiente.
Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte horas e trinta e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretarío dou fe.

Acredor
|
Concepto
|
Importe
|
321.22700
|
Ma. Cristina Carpente Iglesias
|
Limpeza e mantemento colexio Porto 12/12
|
1.502,82
|
334.22609
|
M'. José Rodriguez Porto
|
Docencia actividades corte e confección
|
1.071,75
|
341.22609
|
Adyr S.C.
|
Docencia actividades deportes 12/12
|
2.263,41
|
Club Cabanas KDM
|
Desenvolvemento rotas kayak
|
544,50
|
|
PuntoUparte Hobbies S.L.
|
Docencia actividades deportes 11,12/12
|
1.656,01
|
|
Motus Gestión T.Libre S.L.
|
Docencia actividades deportes 12/12
|
742,50
|
|
941.45001
|
Consorcio
Galego Igualdade
|
Achega
comedor 4°T/12
|
1.673,90
|
TOTAL
|
9.454,89

Remision
|
Importe orzamento
|
Dereitos recoñecidos netos
|
3.075.687,69
|
Obrigacións recoñecidas netas__
|
2.824.146,00
|
Resultado orzamentario do exercicio axustado
|
283.567,80
|
Dereitos recoñecidos pendentes de cobro do exercicio
|
575.757,33
|
Obrigacións recoñecidas pendentes de pago do exercicio
|
426.379,41
|
Fondos liquidos en Tesourería
|
253.474,84
|
d) Remisión copia orzamento 2013 e informe estabilidade orzamentaria á Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local. Dáse conta da remisión de copia do orzamento de 2013 á Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica en data 21 de marzo de 2013 ao que se incorpora o informe de Intervención sobre a estabilidade orzamentaria.
9.- ROGOS E PREGUNTAS.
a) Preguntas por escrito.
a.1. Presentadas polos concelleiros Da.Ma. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla, en escrito de data 26 de marzo de 2013.
a.1.1. Dende o concello estanse concedendo permisos á S.C.R.D. San Mamede de Laraxe para o lanzamento de foguetes cada vez que no seu local hai algún festexo. Porque se conceden estes permisos se con eles estase a incumprir a Ordenanza reguladora de protección do medio ambiente que no seu artigo 19 apartado c di que nos espazos naturais, zonas verdes e nos terreos forestais e agrícolas está prohibido lanzar foguetes, globos ou calquera outro trebello que conteña lume ou que poida orixinalo, a non ser nas festas locais e sempre coas debidas precaucións e con autorización municipal e da consellería competente ?.
Resposta Sr.Alcalde: fan solicitude e tramítase a autorización segundo corresponda.
a.1.2. No pasado mes de febreiro a a través do escrito de saída número 233/2013 remitíuselle á Consellería de Traballo e Benestar documentación sobre inspección ao PAI. Podería. nos explicar que documentación requiriu a Xunta de Galicia?. A inspección detectou deficiencias?.
Resposta Sr.Alcalde: non houbo ningunha deficiencia, cambiouse de empresa e houbo que remitir os documentos da nova empresa.
a.1.3. Varios veciños denuncian problemas causados polas choivas na parte alta do Barreiro, en Porto (escritos de saída 258/2013 e 259/2013). Que causa eses problemas e que medidas vai adoptar o Concello?.
Resposta Sr.Alcalde: non é na parte alta do Barreiro, simplemente foi pola cantidade de choiva que houbo nestes últimos meses e desbordáronse as cunetas, foise a revisar e estase intentando facer os traballos necesarios para que non se volva a producir iso.
a.1.4. Nun escrito dirixido a Aquagest a alcaldía requírelle á concesionaria a posta en marcha dunha rede en Vilar do Colo (escrito saída 336/2013). A rede é de abastecemento ou de saneamento?. A que zona dá servizo e cales son os motivos polos que non está/estivo en funcionamento?.
Resposta Sr.Alcalde: debería ser coñecedor da rede de abastecemento de auga que se acaba de construír para a parroquia de Laraxe e o polígono de Vilar do Colo, está todo posto para que funcione, mandóuselle escrito a empresa concesionaria para que fagan os trámites e terian auga, se non teñen auga é porque a empresa non quere pero está todo posto.
a.1.5. A Igrexa solicita un proxecto para a ampliación dun cemiterio. De que obras se tratan?. Onde están localizadas?.
Resposta Sr.Alcalde: é en Soaserra, no Igrexario, solicita a ampliación do cemiterio e enviámola ao Bispado para que informe que tipo de proxecto se necesita.
a.1.6. No pasado Pleno preguntamos polo expediente de reposición da legalidade que tivo resolución 70/2013, dos chaléts de Cardeita. Poderíanos explicar o alcalde que ditaminan os informes técnico e xurídico sobre o asunto sobre os que motiva a resolución?.
Resposta Sr.Alcalde: hai unha resolución 070/2013, onde se lle indica aos promotores que tefien tres meses para adapta-las obras a lexislación e a licenza que se lles outorgou no seu día.
b) Preguntas orais.
b.1. Intervención da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita.
b.1.1. Fai un ano mais ou menos, o entonces portavoz popular dicía que estaba estudando a forma de resolver o contrato con Aquagest, quería saber como está iso e si hai posibilidades ?.
Resposta StAlcalde: se está traballando neso, hai escritos intentando controlar, vixiar e pofier como se merece o servizo, non se pode rescindir un contrato así como así, hai un proceso e nese camiño estase traballando pero non se pode dicir nada sen que estea xustificado, hai un proceso aberto e se queren máis información poden pasar por Secretnría onde se lle explicará, pero requírese actuar con cautela e facer as cousas ben.
- A Sra. García Pita refírese as noticias de actuacións xudiciais sobre corrupción que están a saír na prensa que implican a Aquagest e pregunta si o que está pasando afectará ao concello de Cabanas.
Resposta o Sr.Alcalde que pódelle asegurar que dende que están gobernando, antes non o sabe e non pode dicir, pero desde que gobernan non hai nada, todo o contrario, estanlle esixindo e tefien que defender ao concello, para que os veciños que usan o servizo non sexan prexudicados.
b.1.2. Que pasa estes días na rotonda da praia fronte ao antigo campo de fútbol que ten moitas fochancas ?.
Resposta Sr.Alcalde: chove moito e o aglomerado deteriórase, o aglomerado cando chove non compacta polo que cando deixe de chover arranxarase como se está a facer en varios camifíos, si se bota o aglomerado chovendo pérdense os cartos porque se volve a levantar, entende que cause molestias, hai diñeiro pero hai que esperar que non chova para reparar.
b.1.3. O eterno problema que hai no paseo da praia cando se vai en coche que se inunda, debaixo da ponte e no paseo tamén, iso non se vai a solucionar nunca?.
Resposta Sr.Alcalde: colocáronse sinais verticais e de altura de auga e non se pode facer máis, as bombas non dan achicado cando a marea está alta, sería o mellor que no seu día non estivera ben esa obra pero non se pode facer máis, considera que o problema tampouco é tan grave si a xente e precavida e respecta os sinais, a obra é como é, non hai desnivel suficiente e coa marea alta non descarga o suficiente.
Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte horas e trinta e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretarío dou fe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)