Cabanas.- O pasado 30 de decembro o Pleno do Concello de Cabanas aprobou inicialmente os orzamentos municipais para 2014. O PP presentou a debate un documento sen o acordo dos concelleiros Teresa García e Ángel Pena que votaron en contra, quedando como único grupo na oposición a un orzamento regresivo e que volve un ano máis a deixar tirados os veciños.