Transparencia real: Acta do Pleno extraordinario de 10 de xullo de 2014
Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, Da. Ana Rosa Méndez Riroa, Da. María de la Cruz Varela Varela
D. José C. Rey García, D. Luis A. Fachal López
D. Delfin Feal Pereira
Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita, D. Angel Pena Fontenla.
No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezaoito horas e dous minutos do día dez de xullo de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario acumulado D. Miguel A. Arroyo Moreno, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.
Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata¬los asuntos incluídos na Orde do Día.
toma a palabra para solicitar que se fale dunha solicitude presentada por escrito para o seu debate nesta sesión, protestando tamén polo feito de que non se inclúa na Orde do Día un turno de rogos e preguntas. O Sr. Alcalde di que esa cuestión se tratará no pleno que debe celebrarse a finais de xullo, que esta sesión é extraordinaria, polo que non proceden rogos nin preguntas e que a última sesión ordinaria non tivo lugar por causas alleas ó grupo de goberno, como é sabido.
PARTE RESOLUTIVA.
1.- ACTAS DE SESIÓNS ANTERIORES. Dáse conta das actas das sesións anteriores realizadas os días 28 de marzo e 29 de abril do presente ano 2014, das cales entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, preguntándose polo Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten observacións ou solicitudes de modificación que formular. Non téndoas, o Pleno, en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos seus membros, acorda aproba-las referidas actas.
2.- ORDENANZA DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.
Dáse conta da Ordenanza Fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar, redactada en cumprimento da normativa legal reguladora deste servizo posta en vigor recentemente pola Xunta de Galicia, e que recolle as previsións contidas nesta normativa.
Toma a palabra a Sra. García Pita, concelleira do grupo non adscrito, para solicitar algunhas aclaracións relativas á prestación e o custo do servizo para os dependentes e para o resto dos usuarios. O Sr. Feal, concelleiro do grupo mixto-PSOE, tamén intervén para preguntar polas porcentaxes de copagamento que se aplicarán ós usuarios do servizo, que non se clarexaron suficientemente na comisión informativa previa a esta sesión plenaria na que se dictaminou favorablemente este asunto.
A Sra. Pazos resposta reiterando que do que se trata é de adaptar a ordenanza municipal ó establecido na lexislación reguladora do servizo, o que implica aplicar unha nova carteira de sevizos con novas prestacións non comprendidas ata agora nos servizos ás persoas dependentes e un novo cadro de tarefas que establece porcentaxes de pagamento sobre a capacidade económica dos usuarios valorados pola Xunta, non polos concellos. Dentro destes límites legais, os importes a satisfacer polos usuarios mantéñense como ata agora.
O Sr. Feal pregunta polo custe por hora do servizo sobre o que se aplicará a porcentaxe que corresponda, respostándolle a Sra. Pazos que non entende a razón de que estas cuestións non se prantexaran na comisión informativa, que debería servir para iso, que hai que preparar as cuestións para o Pleno e que como xa se dixo, trátase dunha mera transposición da normativa autonómica.
Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, a Corporación, por maioría de sete votos favorables, dos concelleiros do PP e de AEC, con dous votos contrarios, dos concelleiros Sres. García Pita e Pena, cunha abstención, do concelleiro Sr. Feal, acorda aprobar a Ordenanza Fiscal de que se trata, ordenando a realización dos trámites precisos para a súa posta en vigor coa maior brevidade posible.
3.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS N° 3/2014.
Dáse conta do expediente de modificación de créditos 3/2014, de transferencias de
crédito entre partidas, por un importe total de 55.524,01 euros.
A Sra. García Pita di que o Alcalde non pode dispor de fondos do Concello por estar imputado, solicitando que o secretario informe ó respecto.
O Sr. Feal manifesta a súa intención de votar favorablemente este acordo, aínda que expresa a súa estrañeza polo incremento do gasto en combustible para protección civil, que o Alcalde explicou como consecuencia dun maior número de servizos realizados.
Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, a Corporación, por maioría de oito votos favorables, dos concelleiros do PP e de AEC e do concelleiro Sr. Feal, con dúas abstencións, dos concelleiros Sres. García Pita e Pena, acorda aprobar o expediente de modificación de créditos de que se trata, ó que se dará o trámite legalmente establecido:
4.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS N° 5/2014.
Dáse conta do expediente de modificación de créditos n° 5/2014, de suplementos de crédito con cargo ó remanente de tesourería para gastos xerais, por un importe total de 24.921,70 euros.
A Sra. García Pita pregunta pola finalidade deste expediente, e en particular polas obras de sinalización na praia ás que se refire a memoria da Alcaldía existente no expediente, sobre as que di que non se explicou nada na comisión informativa.
A Sra. Pazos di que a Sra. García Pita, que é veciña da zona, debería ter coñecemento detallado deste proxecto, do que si se falou na comisión informativa e que recolle sobre todo obras de habilitación de aparcamentos e de cambio dos sentidos de circulación en varias rúas da zona, por razóns de seguridade e para posibilitar un acceso adecuado a vehículos de emerxencias como bombeiros ou ambulancias.
Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, a Corporación, por maioría de oito votos favorables, dos concelleiros do PP, os de AEC e o concelleiro Sr. Feal, con dúas abstencións, dos concelleiros Sres. García Pita e Pena, acorda aprobar o expediente de modificación de créditos de que se trata, ó que se dará o trámite legalmente establecido.
5.- MOCIÓN DOS CONCELLEIROS Da Ma TERESA DE JESÚS GARCÍA PITA E D. ÁNGEL PENA FONTENLA SOBRE URBANISMO SOSTIBLE PARA CABANAS.
Antes de iniciarse o debate deste asunto, algunhas das persoas presentes na sesión interrompen ruidosamente a mesma durante uns minutos.
A Sra. García Pita le a moción de que se trata, presentada no rexistro do Concello con data do 22/05/14, en cuxa parte expositiva solicítase a revisión do acordo de aprobación inicial do PXOM, e que se retome o seu proceso de elaboración cun modelo máis sostible e maior participación vecirial, e que queda incorporada ó expediente da sesión, tras o que o público interronipe de novo o pleno. O Sr. Alcalde di que, segundo indica a normativa vixente, rematada a sesión poderán intervir as persoas que o desexen, pero que mentres se celebra, o público debe permanecer en silencio.
O Sr. Fachal toma a palabra para dicir que nesta situación de tensión, o seu grupo mantén a coherencia da súa postura en relación co tema do PXOM. Di que na última xuntanza sobre este asunto tratáronse moitos temas e que hai o compromiso de introducir modificacións en aspectos importantes como as parcelas mínimas, a rede viaria ou os lindeiros de fincas, polo que entende que é preciso esperar a ver o documento modificado e, no caso de que se incorporen eses cambios, o documento podería ser válido, e solicita que se faga unha nova exposición pública co documento modificado, xa que en calquera caso, tampouco hai tempo para poder aprobar o Plan nesta lexislatura.
O Sr. Alcalde, en resposta ás demandas expresadas por varias persoas do público, di que non se fará nada en contra dos veciños, que o PXOM expúxose ó público, se respostará cada unha das alegacións presentadas e tampouco se descarta outra exposición pública, o que provoca novas interrupcións do público asistente.
Intervén de seguido o Sr. Feal, para dicir que dende o inicio da tramitación do PXOM e tamén nesta lexislatura, seguiuse a mesma dinámica de non dar participación ós veciños e grupos, seguindo directrices do PP e do bipartito anterior, e que nas alegacións presentadas recóllense moitas cuestións de gran importancia, como os requisitos para construír en núcleos, temas de accesibilidade, edificabilidade excesiva en algúns lugares, a división do núcleo de Laraxe, a previsión de viais non necesarios ou as dimensións doutros. Menciona tamén a existencia de cauces fluviais e mananciais non recollidos, zonas residenciais e comerciais sen dotacións suficientes ou a debida protección de elementos patrimoniais. Solicita en consecuencia un novo período de participación dos veciños e dos grupos, como dicía na súa alegación, polo ben de Cabanas, indicando que o PP pode aprobar o seu Plan, non o dos veciños, polo que anuncia o seu voto favorable á moción.
A Sra. García Pita toma a palabra, comezando por aludir ó legado de ditaduras fascistas e solicitar que se consulte a todos antes de seguir coa tramitación deste Plan. Resume de seguido parte das vinte e sete razóns polas que considera rexeitable o Plan inicialmente aprobado: o decrecemento demográfico, a existencia de viais innecesarios, a falla de transparencia e de consultas cos veciños, a previsión de actuacións urbanísticas sen compensación, a comunicación ó rexistro da propiedade de situacións de fora de ordenación, cambios de clasificación, un estudo económico pouco crible en tempos de crise, cun concello que non ten cartos para executar a sentencia do Penso e que vive de subvencións, ou un estudo de sostibilidade pouco fundamentado. Mencionando varios artigos da Constitución, di que se trata dunha imposición ós veciños para beneficiar a promotores, sen informes de Augas nin de Cultura. Propón que se abra o tema á participación pública, se faga un novo avance, e se xeneralice o acceso á información, sen limitala a uns poucos, advertindo que o seu grupo será belixerante con este asunto e acudirá ós tribunais se fora preciso, para defenderse desta inxustiza e remata solicitando a anulación do PXOM.
A Sra. Pazos, que fala a continuación, comeza dicindo que é importante non manipular a información e non enganar á xente, e que para poder participar hai que ser respectuoso cos demais. Di que o PXOM é un proxecto a longo prazo, xa que as vixentes normas subsidiarias son do ano 88, e prevé un incremento das vivendas do 50% para que os veciflos poidan construír ou obter unha rendibilidade das súas propiedades onde a lei o permita. Di que Cabanas non está en decrecemento demográfico, senón estabilizada e amosando un lixeiro crecemento, o que se traduce nunha escaseza de vivendas que resolverá o PXOM. En canto á viabilidade económica, di que o Concello non terá que soportar custes de urbanización, xa que estes serán sufragados polos afectados, como indican os artigos 1 6 e 20 da LOUGA. No polígono de Vilar do Colo preténdese unha regulación de futuro que prevé un posible crecemento, e no referido ós cambios de clasificación, soamente se contemplan en beneficio dos propietarios, razón pola que tamén se inclúe unha ampliación das actividades admitidas. Segue dicindo que non sabe o que pretenden, pero que o PP quere que Cabanas medre e gane poboación, e que o PXOM non tirará casas nin peches de fincas.
Ante as reiteradas interrupcións que se producen de seguido por parte do público, o Sr. Alcalde expulsa da sala a un home que berraba fortemente.
A Sra. Pazos di que en canto ó tema dos viais, é preciso diferenciar entre os da Xunta e os do Concello, e nestes non haberá problema para as vivendas que conten con licenza, mentres que nos restantes, a regulación non variará, preguntando porqué o PSOE, que agora solicita a redución da zona de afección, non a reduxo cando gobernaba.
Producíndose novas interrupcións por parte do público, o Sr. Alcalde expulsa da sala a outra persoa.
Segue a falar a Sra. Pazos, para explicar que os vecifíos tiveron participación no proceso dende o principio, con charlas nas parroquias, dous meses de exposición pública e máis xuntanzas e charlas tras a aprobación inicial, escritos remitidos ós propietarios de zonas urbanizables, anuncios en prensa e radio e presenza do equipo redactor en algunhas das xuntanzas. Non hai nada que ocultar, como se ven demostrando dende o primeiro día.
Intervén novamente de seguido o Sr. Fachal, que di que non lle parece acertado centrar o debate en reproches nin quentar máis o ambiente, e reitera que nas xuntanzas realizadas acordouse modificar o 80% do Plan e que non é materialmente posible que se aprobe nesta lexislatura, polo que insiste na solicitude do seu grupo de que se faga unha pausa e se volva ó trámite inicial para poder facer un Plan para tódolos vecifios, replantexando todo e facendo unha nova exposición pública.
O Sr. Feal toma a palabra para pedir flexibilidade nas quendas de palabra e dicir que a participación non é soamente poder acudir a reunións informativas nas que se explican conceptos xerais sen poder aportar nada. Quérese que os vecifíos poidan construír, pero todos. Di tamén que non se lle facilitou un informe de Secretaría deste expediente por orde do Alcalde, e que a situación de fóra de ordenación, total ou parcial, non afecta soamente ós aumentos de volume, senón tamén ó interior das casas. En canto ós viais, lembra que nos 80 o PSOE pelexou polas travesías .da Areal e de Laraxe, e remata insistindo na súa solicitude de participación real dosveciños e repetindo que coa súa maioría absoluta, o PP poderá aprobar o seu Plan, pero non o dos veciños.
A Sra. García Pita intervén de seguido para dicir que non se lles facilitaron os asesores que solicitaron, e que os concelleiros non saben de arquitectura, pero que as alegacións foron presentadas por moitas persoas. Rebate de seguido o manifestado pola Sra. Pazos sobre a necesidade de ampliar o polígono, o financiamento, que non se limita ós gastos de urbanización e precisa investimentos, o crecemento demográfico, e cuestiona a información pública á vista do elevado número de alegacións presentadas, negando finalmente que a xente se deixe dirixir con supostas manipulacións.
A Sra. Pazos resposta que non é urbanista, e que non insistirá en argumentos xa expostos, pero que se está enganando ós veciños; o PXOM é un proxecto de gran importancia e necesario para superar dificultades e problemas da xestión municipal, como a oposición recoñeceu moitas veces en privado durante as xuntanzas informativas sobre o tema, o que resulta claramente incongruente. Como grupo de goberno, deben garantir que tódolos veciños teñan o mesmo acceso ó documento que eles mesmos, en contra da pretensión manifestada por algúns concelleiros, de ter acceso en exclusiva ó proxecto de PXOM durante dous meses.
A Sra. García Pita interrompe dúas veces a quenda de palabra da Sra. Pazos, polo que o Sr. Alcalde chámaa á orde en dúas ocasións.
A Sra. Pazos continúa dicindo que no seu grupo xa están acostumados a que algúns concelleiros manteñan posturas opostas nas xuntanzas sen actas nin público e nos plenos. En canto á participación cidadá, algúns dos que agora a piden a gritos foron os primeiros en tratar de impedila. Di que se están facendo as cousas segundo marca a lei e que se respostará a tódalas alegacións, que o PXOM é un proxecto de futuro, que é unha ruína para Cabanas non dispor del, que se trata dun compromiso electoral do seu partido que por suposto cumprirán e que o documento non está pechado e pode enriquecerse coas aportacións das alegacións presentadas. Remata dicindo que no van polo camiño correcto nin polo que Cabanas necesita.
A Sra. García Pita trata de falar, e o Sr. Alcalde lle indica que non ten a palabra, explicando seguidamente que en tódalas reunións polo PXOM sempre houbo rogos e preguntas, todos podían participar e preguntar, pero a participación veciñal ven tras un traballo público, alleo ós temas particulares, insistindo en que se respostará a cada unha das alegacións. En canto ó acceso a informes de Secretaría, di que o Alcalde non ten ese poder, que o ten a lei, que o Secretario non pode privar a un concelleiro do acceso a documentos ós que ten dereito, e que por suposto non existiu orde algunha da Alcaldía nese sentido. Di tamén que é o primeiro interesado en que haxa transparencia, e que agora hai que respostar ás alegacións e agardar polos informes sectoriais aínda pendentes, algúns dos cales poden tardar bastante, que nesta lexislatura probablemente non se poderá aprobar e que o que lle importa, máis que iso, é que a xente participe, pero con educación e respecto. El persoalmente está recibindo a xente para resolver consultas e tamén se recibirá á asociación que o solicitou. A lei impón que cando as modificacións introducidas tras a aprobación inicial son de importancia, debe realizarse unha nova exposición pública, como solicitaba o Sr. Fachal, e en calquera caso, quen aproba finalmente un PXOM é a Xunta, non o Concello.
Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, a Corporación, por maioría de cinco votos en contra da moción debatida, dos concelleiros do PP, con tres votos favorables, dos concelleiros do grupo mixto e dúas abstencións, dos de AEC, acorda rexeitar a moción de que se trata.
6.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE INCORPORACIÓN DE CLÁUSULAS SOCIAIS NOS PREGOS DE CONTRATACIÓN.
Dáse conta da moción de que se trata, presentada no rexistro do Concello con data do 22/05/14 polo Sr. Feal, que toma a palabra, entre algunhas interrupcións do público, para ler a mesma, que literalmente di: " D. Delfín Feal Pereira, concelleiro do PS de G-PSOE integrado no Grupo Municipal Mixto do Concello de Cabanas, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta para o seu debate e aprobación a seguinte MOCIÓN en base á seguinte:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A reforma laboral promovida polo Partido Popular en febreiro de 2012, lonxe de permitir a flexibilidade do mercado laboral e facilitar a contratación, converteuse nun incentivo ao despedimento, ao tempo que despoxou de dereitos laborais a traballadores e traballadoras.
As cifras demostran como, dende que entrou en vigor a Reforma laboral, o número de despedimentos aumentou dun xeito significativo, ata sumar 256.800 parados máis, ou reducirse o número de ocupados en 675.000. En definitiva, se a crise económica supuxo un aumento do número de despedimentos ante a caída do fluxo económico, a reforma laboral legalizou a redución dos custos empresariais vía traballador. Esta situación é especialmente grave para Galicia, onde o custe salarial é un 11% inferior á media do Estado.
O marco laboral que creou esta reforma laboral, outorgou un amplo poder ás empresas para poder modificar as condicións de traballo de xeito unilateral, levándose a cabo rebaixas salariais, aumento de traslados e, en xeral, perda nas condicións laborais.
Como é sabido, nos procesos de licitacións públicas, o prezo é certo e o servizo a prestar ou obra a acometer perfectamente definidos, polo que toda modificación nas condicións laborais só se poden explicar para aumentar os beneficios da empresa ou para enxugar as perdas por ofertar á baixa. É por iso que dende as Administracións Públicas deberán incluír cláusulas sociais que garantan a calidade do emprego das empresas adxudicatarias. Así o inspira a Directiva 2014/24/UE do Parlamento Europeo e do Consello sobre Contratación Pública.
Ademais é necesario impulsar o papel exemplifícante que debe neste sentido tamén adoptar a administración local no eido das súas contratacións, promovendo que o volume de licitacións levadas a cabo garantan a creación e mantemento de emprego en Galicia, cunhas condicións laborais adecuadas.
A normativa autonómica, como o artigo 67 da Lei 10/2013 de inclusión social de Galicia ou o artigo 33 da Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia, supuxeron tímidos avances neste ámbito, pero cunha visión moi limitada, circunscrita ás empresas de inserción laboral ou para as contratacións en función do seu índole social. Neste mesmo sentido, o propio Parlamento de Galicia, en maio de 2010, por unanimidade do Grupos parlamentarios, aprobou instar á Xunta de Galicia para que afondara na contratación como instrumento de loita contra a exclusión social, e como medio para favorecer a integración laboral das persoas, con discapacidade, ao tempo que trasladar a aplicación destas cláusulas, a través da Xunta Consultiva de Contratación, ás normas ou instrucións de aplicación xeral aos seus órganos de contratación. En todo caso é necesario adoptar medidas moito mais xerais e terminantes para afondar na introdución de cláusulas sociais nos procesos de contratación, como un medio para garantir a mellora nas condicións laborais, ao tempo que introducir outras consideracións para favorecer a loita contra a exclusión social.
Trátase de implementar a contratación como estratexia administrativa para favorecer as políticas públicas de fomento do emprego de calidade, de loita contra o desemprego, de integración de persoas e grupos desfavorecidos, de promoción da igualdade de xénero.
A incorporación de cláusulas sociais nos pregos levará parella unhas determinacións de carácter técnico-xurídico que garantan o seu cumprimento, xunto coa licitación de mecanismos de peche para evitar a redución de custos salariais a costa dos empregados e da administración contratante.
Por todo isto, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE propón ao Pleno deste Concello a adopción dos seguintes
ACORDOS
I.- Na valoración das ofertas das empresas, onde se incluirá, en función do obxecto contractual:
a) O número de traballadores e traballadoras con contrato indefinido, así como a creación de emprego.
b) A mellora das condicións laborais e salariais con respecto ao Estatuto dos Traballadores e os Convenios Colectivos xerais.
c) A inserción de traballadores e traballadoras con discapacidade e doutros colectivos de especial dificultade de acceso ao emprego.
d) Criterios sociais para desempates:
• Preferencia polas empresas que teñan en plantilla un número de traballadores con discapacidade.
• Preferencia, en caso de igualdade, pola empresas, pola empresas de inserción reguladas na lei 44/2007, do 13 de decembro.
• Preferencia, en caso de empate, nas contratacións de produtos nas que exista alternativa de comercio xusto, polas proposicións achegadas por aquelas empresas ou entidades recoñecidas coa etiqueta de comercio xusto.
e) Accións para a igualdade efectiva de xénero.
f) Entenderase que non resulta xustificada a baixa considerada como anormal ou desproporcionada, consonte ao definido no propio prego reitor, nos supostos en que NON queden garantidos os custos salariais do persoal adscrito a execución do contrato. Retirase toda xustificación de baixa desproporcionada ou anormal, no caso de que a empresa incursa nela non sexa capaz de acreditar o cumprimento da lexislación laboral e social internacional e nacional.
II. No establecemento de condicións especiais de execución do respectivo contrato, cualificándoas expresamente como obrigas contractuais esencias:
A) O deber de subrogar (a empresa adxudicataria) ao empresa que veña prestando os servizos obxecto de licitación:debe acompañarse dunha relación dos empregados que prestan tales servizos, coas súas condicións salariais.
B) O cumprimento do deber de adscribir á execución co contrato ao personal indicado pola administración e no seu caso ofertado pola empresa, como mellora daquel mínimo
C) O cumprimento das condicións laborais e salariais impostas polas administración. C) O mantemento das condicións económicas e sociais previstas nos convenios de ámbito territorial ou sectoriais.
D) O cumprimento das accións impostas ou ofertadas para a igualdade efectiva de xénero.
E) O cumprimento das condicións ofertadas polo adxudicatario, como fomento da contratación indefinida e calidade do emprego; como melloras salariais e, en xeral, os aspectos sociais que ofertase cada adxudicataria como melloras avaladas.
F) A esixencia de cumprir coa lexislación de integración de persoal con minusvalía: "Real Decreto lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da xeral de dereitos das persoas con discapacidade e de inclusión social".
III. Na tutela e control por parte da administración local de cumprimento do contrato, especialmente das condicións sociais impostas e cualificadas como condicións especiais de execución ás que se lles atribúe a categoría de obrigas contractuais esenciais. O cumprimento destas obrigas será especialmente vixiado pola administración contratante.
A súa vulneración, por parte da empresa durante a relación contractual, propiciará, en función da súa gravidade e aplicando o principio xurídico de proporcionalidade, a aplicación de penalizacións entre un 3% e un 10% do presuposto do contrato, e incluso poderá ser causa da resolución do contrato ou de prohibición para contratar ca administración no futuro.
IV.- Determinacións para o reequilibrio económico da relación contractual. Cláusula de peche: A) Se, como consecuencia da reforma laboral, un convenio de empresa acadase recoñecemento de validez e preferencia fronte ás condicións marcadas polo prego de condicións ou mesmo empeorasen as condicións determinadas no convenio sectorial de ámbito estatal ou sectorial superior, establécese un sistema de revisión de prezos con referencia aos sinalados no convenio estatal ou sectorial de ámbito superior que tería como consecuencia unha redución simétrica do prezo a pagar pola administración ao empresario adxudicatario.
B) A Redución de custos salariais como consecuencia de reducir o que pague a empresa adxudicataria aos traballadores conleva unha minoración no prezo que paga a administración."
Toma a palabra a Sra. García Pita, manifestando o seu apoio o contido da moción, para que se mellore nos concellos o reparto ético do traballo, criticando a puntuación asignada nunha das últimas convocatorias do Concello por pertenza á agrupación de Protección Civil.
O Sr. Alcalde chama ó tema á Sra. García Pita, pedíndolle que non fale de asuntos alleos á Orde do Día.
A Sra. Pazos toma a palabra para dar resposta á moción, lendo un documento que literalmente di:
"A REALIDADE SOBRE A REFORMA LABORAL
Mal empeza a moción socialista cando afirma que a reforma laboral promovida no 2012 polo PP non facilita a contratación, senón o despedimento. A realidade é que as políticas impulsadas polo Goberno conseguiron:
- Reducir o desemprego. No último ano hai 313.979 parados menos. No último mes (xuño) o paro baixou en máis de 122.000 persoas.
- Incrementar os afiliados á Seguridade Social. No último mes (xuño) hai 56.622 afiliados máis á Seguridade Social (10° mes de ascenso consecutivo)
- Entre os anos 2008-2011 sete de cada 10 desempleados da UE xerábanse en España. Sen embargo, no último ano unha de cada tres persoas que abandonan o desemprego faino en España.
- Neste momento España lidera a caída do paro na Unión Europea. A DIRECTIVA 2014/24/UE
Unha directiva é unha norma de Dereito comunitario que establece uns obxectivos que deben acadar os Estados membros, precisándose unha norma de dereito interno (por exemplo, unha lei) para que entre en vigor e surta efecto para os cidadáns. Polo tanto, a Directiva fixa unha data límite para a transposición ao Dereito nacional.
A Directiva 2014/24/UE de 26 de febreiro de 2014 sobre contratación pública establece no seu artigo 90.1 que: "Os Estados membros pofierán en vigor as disposicións legais, regulamentarias e administrativas necesarias para dar cumprimento ao establecido na presente Directiva como moi tarde o 18 de abril de 2016. Comunicarán inmediatamente á Comisión o texto das devanditas disposicións"
Nos restantes apartados do artigo 90 permítese o aprazamento ata 2018 para a transposición de varios artigos desta Directiva.
Polo tanto, dende este grupo municipal consideramos que o máis prudente é agardar a que as Cortes Xerais desenvolvan esta Directiva comunitaria. Son as Cortes Xerais as que deben dar cumprimento a esta Directiva comunitaria, non o pleno deste concello. Plantexen esta iniciativa no Parlamento nacional e unha vez que se convirta en lei, aplicaremos como facemos sempre, o ordenamento xurídico vixente.
A CONTRATACIÓN SOCIAL NA XUNTA DE GALICIA
Aínda que xa existían experiencias previas de incorporación de cláusulas sociais nos procedementos de contratación de algún departamento da Xunta, os criterios sociais para os pregos das contratacións públicas tefien adquirido rango legal no sector público autonómico a través da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.
A devandita lei tivo en conta documentos europeas como a Guía de adquisicións sociais ou o Manual de compra pública ecolóxica, así como o proxecto de Directiva sobre Contratos, aínda non aprobada cando se tramitou o texto legal (viu a luz finalmente en marzo de 2014).
En consecuencia con isto, a Lei 14/2013, do 27 de decembro, de racionalización do sector público autonómico marca dúas grandes lhias no uso social das compras públicas:
- O respaldo á integración laboral das persoas con discapacidade a través da reserva de contratos a centros especiais de emprego a empresas de inserción sociolaboral.
- O fomento da responsabilidade social e ambiental no tecido produtivo galego a través da incorporación de criterios referidos a estes eidos nos pregos de contratación.
En canto ao primeiro, o artigo 26 estableceu por primeira vez a obriga da Xunta de Galicia de reservar un determinado porcentaxe dos contratos ás entidades que desenvolven estes proxectos de inserción laboral. Asemade, a lei identifica aquelas materiais susceptibles de reserva e os tipos de contratos sobre os que se efectuará.
Por outra banda, o artigo 25 abre a porta por primeira vez na historia da comunidade autónoma galega para que os órganos de contratación do sector público autonómico poidan ponderar a inclusión de criterios sociais e ambientais como criterios de adxudicación, como condicións especias de execución do contrato e como parámetros determinantes da consideración de baixas temerarias, coas súas correspondentes penalidades. Por exemplo, a administración poderá apreciar baixa temeraria cando, por exemplo, o prezo ofertado non garanta o cumprimento de requisitos ambientais ou de respecto de convenios laborais.
Polo tanto, ten sido este goberno galego o primeiro que deu rango legal a este principio. Moito antes de que o señor Besteiro parecese descubrir a pólvora coa súa proposta. Por certo, estes artigos 25 e 26 non contaron co apoio do grupo socialista no Parlamento de Galicia, cando tanta preocupación parece que ten coas cláusulas sociais nos contratos públicos.
A Lei 14/2013 ten agora que desenvolverse. E para axudar a pofier en práctica os seus principios (entre eles, os referidos ás cláusulas sociais), a Xunta de Galicia prepara un completo Plan de Mellora da Contratación Pública.
Unha das medidas prevista nese plan será a elaboración, coa asistencia da Asesoría Xurídica Xeral e da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, dunha Guía de cláusulas sociais e ambientais na contratación pública que inclúa medidas, orientacións prácticas e exemplos para introducir previsións neste eido tanto nas cláusulas administrativas coma nas prescricións técnicas dos contratos.
En particular, incluiranse previsións para que as empresas contratadas deban asumir o compromiso de manter aos seus traballadores ao corrente das súas obrigas sociais e laborais, tanto en materia de pagamento de salarios como de cotizacións, permisos, negociación colectiva, etc...
0 obxectivo é asegurar o exercicio polos contratistas de boas prácticas nos eidos social, laboral, ambiental e da igualdade de xénero e favorecer, polo tanto, na contratación pública a aquelas empresas que salienten pola súa excelencia na xestión destes aspectos.
As previsións da Xunta son que está Guía vexa a luz antes de finalizar 2014. Ao estar refrendada polos servizos xurídicos da Xunta e pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, poderá ser un elemento de utilidade para aqueles concellos galegos que queiran tamén utilizar as súas suxestións para os procedementos de contratación da súa competencia."
A Sra. García Pita di que falan dun mundo distinto do seu e que soamente defenden as medidas relativas a contratación que xa se aplican con escaso resultado dende hai tempo.
O Sr. Feal intervén de seguido para dicir que a proposta é necesaria para protexer ós traballadores nestes tempos difíciles, e para defender e poñer como exemplo as actuacións que o Sr. Besteiro, Presidente da Deputación de Lugo, está a levar a cabo nesa cidade.
A Sra. Pazos pon en dúbida a quen se dirixía neste segundo turno o Sr. Feal, reiterando que tanto no Parlamento como na Xunta se está a traballar nesto.
A Sra. García Pita interrompe novamente o turno de palabra, e o Sr. Alcalde a expulsa da sala, sendo as dezasete horas e trinta e oito minutos.
A Sra. Pazos reanuda a súa intervención dicindo que quen ten capacidade real para aplicar as propostas recollidas na moción é a administración autonómica, e que polo tanto o procedente é agardar a que se aprobe pola Xunta un prego de cláusulas sociais para a contratación pública, polo que se absterán na votación.
Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, a Corporación, por maioría de catro votos favorables, dos dous concelleiros do grupo mixto e os dous de AEC, con cinco abstencións, dos concelleiros do PP, acorda aprobar a moción de que se trata.
7.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO SOBRE PROMOCIÓN DO CAMIÑO INGLÉS.
Dáse conta da moción de que se trata, presentada no rexistro do Concello con data do 22/05/14 polo Sr. Feal, que toma a palabra, entre algunhas interrupcións do público, para ler a mesma, que literalmente di:
"D. Delfín Feal Pereira, concelleiro do PSdeG-PSOE integrado no Grupo Municipal Mixto do Concello de Cabanas, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta para o seu debate a aprobación a seguinte MOCIÓN en base á seguinte:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O Camiño de Santiago aglutina características que o converten nun elemento destacado do noso patrimonio cultural. O seu significado relixioso, o seu interese cultural o seu potencial turístico converten á Ruta Xacobea nun recurso cun enorme potencial para a xeración de actividade cultural e económica ao longo dos seus diferentes trazados.
Lonxe da masificación doutros camiños, o Inglés é un trazado que actualmente discorre polas localidades recuperadas en virtude de documentos, escrituras e rexistros que facían referencia ás súas demarcacións ou ao paso e estancia de viaxeiros. Dividido en tres xornadas desde A Coruña t—einco desde Ferrol, que conflúen nunha pequena aldea de Bruma. A ruta A Coruña-Santiago conta con 74 Km de percorrido mentres os tramos Ferrol-Santiago suman 118 Km. Trátase dunha ruta de marcado carácter costeiro, tam"en rural e interior.
Non só os peregrinos ingleses optaban por iniciar as rutas desde as costas coruriesas cara a Santiago de Compostela. En realidade, o coñecido como Camiño Ingle's coas súas variantes desde A Coruña ou Ferrol, era no alto e baixo medievo un compendio de itinerarios percorridos por devotos ingleses, pero tamén escoceses, irlandeses, escandinavos ou flamencos, isto é, do norte e oeste de Europa. Por iso, eran varios os portos de partida e o xogo de entrantes e saíntes do accidente que os romanos bautizaron como Magnus sinus Artabrorum ou golfo Ártabro, que constituía en conxunto o punto de arribada das peregrinacións, valéndose daquela, por terra, dos antigos Camirios Reais e outras senllas.
O Camiño de Santiago vaise consolidando co paso dos anos nun dos atractivos turísticos máis importantes de Galicia. Proba diso é que gran parte dos visitantes da Comunidade Autónoma chegaron directa ou indirectamente a través desta ruta de peregrinación milenaria. Constitúe, sen dúbida, unha marca turística de éxito e internacionalmente coriecida e, á súa vez, de prestixio, polo valor que supón acharse na lista de bens Patrimonio da Humanidade.
Hai que destacar que se conseguíu diversificar así o produto Camiño de Santiago, valorizando outras áreas do territorio galego e distribuíndo de mellor xeito as rendas producidas por este produto turístico
Ademais, un dos aspectos clave á hora de dara a coriecer o Camiño tanto a nivel nacional como internacional foron as diversas campañas de comunicación e promoción desenvolvidas respecto diso.
Noutro sentido, en moitos municipios, o interese e a implicación da Administración pública e da iniciativa privada permiten a posta en valor do Camiño de Santiago converténdoo nun recurso referente e principal do seu sector turístico.
A súa condición de produto turístico, que leva asociados numerosos servizos, fai que sexa tamén un fenómeno económico que xera rendas e empregos así como un instrumento de desenvolvemento rexional capaz de revitalizar os lugares que atravesa.
Un dos obxectivos explícitos do desenvolvemento turístico por parte das administración é a creación de fontes de ingresos adicionais e postos de traballo para a poboación local. Para a estrutura económica é importante unha diversificación das actividades produtivas de acordo co deserio dun produto turístico que integre aloxamentos, actividades complementarias, produtos agro alimentarios e artesanía. As accións do desenvolvemento turístico, por exemplo a través dos investimentos en infraestruturas, tamén poden contribuír a unha mellora das condicións socioeconómicas da poboación residente e repercutir no non-despoboamento, producindo unha estrutura demográfica máis equilibrada.
ACORDOS
1.- O Pleno do Concello de Cabanas acorda propoñer á Deputación da Coruña para que leve a cabo con carácter inmediato o desenvolvemento dun plan de promoción turística e socio educativa da Ruta Xacobea coñecida como "Camiño Inglés", contando coa opinión dos Concellos concernidos. Este plan contemplará aspectos relixiosos, culturais e turísticos desde parámetros de excelencia, turismo responsable e accesibilidade.
2.- O Pleno do Concello de Cabanas acorda instar á Xunta de Galicia para que adopte as medidas necesarias para o correcto mantemento, limpeza e sinalización do "Camiño inglés" no seu percorrido polos diferentes termos municipais dos Concellos concernidos.
3.- O Pleno do Concello de Cabanas acorda propoñer á Xunta de Galicia para que se establezan programas de cooperación transfronteriza entre o Goberno da Xunta e o Reino Unido así como cos países nórdicos, co fin de promocionar o "Camifio inglés" a Santiago de Compostela, na súas variantes desde A Coruña e desde Ferrol."
A Sra. Pazos toma a palabra para dar resposta á moción, dando lectura a un documento que literalmente di:
CAMIÑO INGLÉS
O Camiño de Santiago xera ao longo dos séculos de existencia unha extraordinaria vitalidade espiritual, cultural e social. Con el naceu a primeira gran rede asistencial de Europa.
Na Europa Medieval, escandinavos, flamengos, ingleses, escoceses e irlandeses empregaron os Camiños do mar para chegar a Santiago de Compostela.
Parécenos moi ben a súa proposta e a preocupación que amosan pola promoción do Camiño Inglés.
Pero esa preocupación do grupo socialista, como sucede case sempre, CHEGA TARDE. Porque o que piden xa se está a facer
RESPECTO Ó PUNTO 2:
A Coruña e Ferrol son os enclaves costeiros de partida do Camiño Inglés, con 74 e 118 km. de percorrido respectivamente. Estes dous percorridos están correctamente sinalizados con mouteiras e frechas amarelas co fin de outorgar unha maior satisfacción aos peregrinos que transitan por dita Ruta.
Tanto o labor de sinalización coma de acondicionamento e limpeza do Camiño Inglés é desenvolvida por Turismo de Galicia a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo cun importante esforzo e constancia para que o Camiño estea en perfectas condicións os 365 días ao ano.
A isto hai que engadir a creación e mantemento DA REDE PÚBLICA DE ALBERGUES DE GALICIA creada en 1993 e na que cada ano incorpóranse novos establecementos para dar unha maior cobertura aos peregrinos.
No Camiño Inglés están integrados catro albergues con 109 camas a esta Rede Pública de Albergues, sendo a última inauguración a Casa da Pescadería de Betanzos o ano pasado.
Xunto ao mantemento e conservación do Camiño Inglés, dende a Xunta de Galicia tamén se realizan labores de potenciación da investigación e desenvolvemento de ferramentas de PROMOCIÓN.
A asistencia a feiras e worshops, a creación de exposicións, a organización de viaxes de familiarización, as campañas promocionais ou as accións dirixidas ao público potencial son algunhas das ferramentas de promoción utilizadas pola Xunta de Galicia para a promoción do Camiño Inglés.
En definitiva, a Xunta de Galicia traballa na revitalización, conservación e dinamización da ruta, para non perder esa esencia que encandea ano tras ano a numerosos peregrinos e que supón o outorgamento de numerosas distincións e galardóns.
Gracias a esta labor de conservación e promoción, a Santiago acoden peregrinos de toda procedencia a través do Camiño Inglés. No pasado ano 2013 recolleron a Compostela 4.404 peregrinos que realizaron este itinerario, o que representa un incremento do 23,12% con respecto ao ano anterior.
RESPECTO Ó PUNTO 3: LOCI IACOBI
O proxecto Loci Iacobi pretende desenvolver as diversas rutas que compoñen os Camiños de Santiago como produto turístico e consolidalos como Itinerario Cultural Europeo a través da creación e promoción de novos contidos turísticos e a introdución de novas tecnoloxías da información e comunicación.
Loci Iacobi promoverá o desenvolvemento e a posta en marcha dunha marca europea única que identificará a todas as vías europeas do Camiño de Santiago e todos os servizos turísticos e equipamientos que serán parte deste produto, facendo posible o seu comercialización como un produto temático coherente e trasnacional.
As actividades específicas do proxecto son:
creación e implementación dunha marca europea para o Camiño de Santiago,
desenvolvemento e implementación dunha plataforma electrónica para o Camiño de Santiago,
encontros e seminarios, intercambiando boas prácticas, proxecto piloto: paquete turístico "Camiño de Santiago", produción e edición das "guías turísticas de peregrinos".
Os socios son: Turismo de Galicia, Concello de Le Puy (Francia), Concello de Namur (Bélgica), Concello de Asis (Italia), Concello de Vilapouca de Aguiar (Portugal) e as pemes Le Puy Hotels e Viaxes Viloria.
PROTECCIÓN E DELIMITACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO
Neste momento vaise iniciar o procedemento de contratación para a realización dos `Estudos de historicidade e delimitación da traza do Camiño de Santiago Ruta da Prata', onde se incluirán as posibles variantes, como a do Camiño de San Rosendo, o Camiño Mirioto e o Camiño Mozárabe.
Ao mesmo tempo, a Xunta de Galicia aprobará as DELIMITACIÓNS DEFINITIVAS DO CAMIÑO INGLÉS e do Camiño Norte pola Costa, decretos que se ditarán este mesmo ano. Doutra banda, está previsto que neste 2014 se inicie a tramitación do procedemento de incoación do Camiño Portugués.
Ademais das actuacións de protección e delimitación anunciadas, o Camiño de Santiago tamén será un dos eixes principais do Plan Estratéxico de Turismo Galicia que pretende desestacionalizar e dinamizar turisticamente diferentes zonas da nosa comunidade a través dun patrimonio de incalculable valor e historia como son as vías xacobeas.
É importante recordar os traballos xa realizados polo Goberno Galego neste ano, posto que nos últimos anos delimitouse oficialmente o Camiño Primitivo ou de Oviedo, os Camiños de Santiago no termo municipal de Compostela, e o Camiño Francés, ruta principal e máis transitada, un traballo que foi un verdadeiro fito histórico realizado polo goberno do PPdeG que tivo en conta todas as sensibilidades e permitiu dar resposta, por vez primeira, ás súas necesidades integrais de protección.
Para finalizar, destacar que a delimitación oficial destas rutas supón unha aposta pola protección do patrimonio galego máis senlleiro, tanto desde o punto de vista das infraestruturas incluídas no ámbito de protección dos trazados, como no que atinxe aos valores culturais e medioambientais asociados a estas vías de peregrinación.
RESPECTO Ó PUNTO 1:
Dicir que A Deputación da Coruña é unha institución moi activa no sector turístico e, sobre todo, en todo o relativo á promoción.
Traballa en moitos ámbitos.
E UN DELES É O CAMIÑO INGLÉS.
Pola provincia da Coruña pasan todos as rutas xacobeas, e onde agora está actuando a Deputación É PRECISAMENTE NO CAMIÑO INGLÉS.
A día de hoxe está en proceso de trámite a contratación da redacción dunha guía turística que estará escrita en castelán e en inglés e que se distribuirá tanto aquí como noutros países.
Ademais, a Deputación vai firmar nas próximas semanas un convenio coa Asociación Tesouros de Galicia, entidade socia da Internacional National Trust, para a posta en valor desta ruta.
O obxecto deste convenio é a posta en marcha dun programa de bolsas de prácticas que esta entidade levará a cabo para:
1. Planificación do percorrido involucrando ás entidades locais afectadas
2. Planificación das distintas etapas, visitas ou contidos do Camifío Inglés.
3. Promoción dos tramos que percorran territorio británico
4. Promoción e sensibilización da poboación a través de iniciativas educativas e de voluntariado.
Para elo, e a través de convenios coas Universidades da Coruña e de Santiago, Tesouros de Galicia seleccionará ata 10 bolseiros que realizarán o seu labor baixo a supervisión dun coordinador.
Ademais, e dentro tamén da promoción do CAMIÑO INGLÉS desde a Deputación, realizarase unha camparia de plantación de árbores.
1.500 árbores que, a través da asociación National Trust, financia a Fundación Amancio Ortega para que sexan plantados ao longo de todo o trazado do Camião Inglés.
Dende o noso grupo presentamos unha enmenda transaccional aos puntos 2 e
2. O pleno do concello de acorda instar á Xunta a que continue coas medidas necesarias
para o correcto mantemento, limpeza e sinalización do "Camiño Inglés" no seu percorrido polos diferentes termos municipais dos concellos concernidos
3. O pleno do concello de insta á Xunta de Galicia a continuar coas actuacións de
promoción do "Camiño inglés", así como a presentar iniciativas de cooperación no marco dos distintos programas da UE, entre o goberno da Xunta e os da franxa atlántica europea.
Sobre o punto 1 prantexamos a súa retirada da moción Porque o que piden xa se está a facer na Deputación da Coruña e, por pura lóxica e sentido común, temos que votar en contra dunha petición de algo que xa se está a facer.
Propón seguidamente a Sra. Pazos unha emenda transaccional ós puntos 2 e 3 da moción de que se trata, do seguinte tenor literal:
O Sr. Feal intervén para dicir que acepta as emendas, pero que a primeira moción presentouse en marzo, polo que xa deu tempo de facer o que se solicitaba, e para dicir que en Cabanas o Camirio presenta algunhas deficiencias que deberían solucionarse, xa que o turismo é un sector fundamental, e remata manifestando a súa alegría porque o PP apoie esta moción á que inicialmente se oporiía.
A Sra, Pazos di que non é así, que a moción deixouse para debater nunha xunta de portavoces e xa entón estábanse a realizar actuacións no Camirio, polo que eles tamén se alegran de que se acepten as emendas.
Sometido de seguido o asunto a votación ordinaria, a Corporación, por unanimidade dos seus nove membros presentes, acorda aprobar a moción de que se trata, coas emendas debatidas e aceptadas.
Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás dezanove horas e cincuenta e sete minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.