Información de dereitos: publicación de fotos de menores

Cabanas.- Todos os comezos de curso en Cabanas sempre xorden as mesmas dúbidas desde que un piloto co seu mundo de fotos accedeu á alcaldía:

- Pódense publicar fotos con menores? Pois imos aclararnos dunha vez:

Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación do Código Civil e da Lei de Enjuiciamiento Civil
CAPITULO II Dereitos do menor (http://noticias.juridicas.com/base_datos/Privado/lo1-1996.t1.html)
Artigo 4 Dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe
1. Os menores teñen dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Este dereito comprende tamén a inviolabilidade do domicilio familiar e da correspondencia, así como do segredo das comunicacións.
2. A difusión de información ou a utilización de imaxes ou nome dos menores nos medios de comunicación que poidan implicar unha intromisión ilexítima na súa intimidade, honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, determinará a intervención do Ministerio Fiscal, que instará de inmediato as medidas cautelares e de protección previstas na Lei e solicitará as indemnizacións que correspondan polos prexuízos causados.
3. Considérase intromisión ilexítima no dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe do menor, calquera utilización da súa imaxe ou o seu nome nos medios de comunicación que poida implicar menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses mesmo se consta o consentimento do menor ou dos seus representantes legais.
4. Sen prexuízo das accións das que sexan titulares os representantes legais do menor, corresponde en todo caso ao Ministerio Fiscal o seu exercicio, que poderá actuar de oficio ou a instancia do propio menor ou de calquera persoa interesada, física, xurídica ou entidade pública.
5. Os pais ou titores e os poderes públicos respectarán estes dereitos e protexeranos fronte a posibles ataques de terceiros.


Ademais, na Lei Orgánica de Protección de Datos establécese que o consentimento para publicar imaxes ha de ser:

"Libre, previo e informado, específico e revogable"

É dicir, teñen que informar os proxenitores, especificar para que soportes e medios están a dar o permiso e ademais, poderán retractarse en calquera momento

Instamos aos xestores da páxina de Facebook do PP de Cabanas a que reflexionen sobre a conveniencia das seguintes publicacións: