Anova reúnese cos comités de Navantia da ría de Ferrol para amosarlles o seu apoio

Momento da reunión no concello de Ferrol entre
representantes de Anova e os Comités de Navantia da ría
Ferrol.- A comarca de Ferrol é a imaxe do que se lle vén enriba a Galiza. E hoxe o portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, acompañado do comisionado de coordinación, Martiño Noriega, os compañeiros Teresa García e Ángel Pena de Cabanas e outros compañeiros de Fene e Ferrol tiveron unha conversa dunha hora cos comités de empresa de Navantia na ría de Ferrol na que se abordou a ausencia de carga de traballo e o futuro dun dos sectores económicos claves da comarca e de Galiza, segundo manifestou Xosé Manuel Beiras.
Dende a área de Anova-Ferrolterra, as organización locais de Anova elevarán unha proposta de debate aos órganos nacionais para o debate e resolución.

ANOVA APOIA O PECHE DOS COMITÉS DE NAVANTIA EN DEFENSA DO SECTOR NAVAL
O Portavoz de Anova acompañado dos membros da Permanente Nacional, Martiño Noriega Sánchez e Mónica Fernández Rodríguez e de varios membros da Coordinadora de Anova de Ferrolterra, visitaron os comités de Navantia, pechados no Concello de Ferrol.
Xosé M. Beiras entrevistouse cos traballadores pechados e mostroulles o apoio de Anova – Irmande Nacionalista ás súas reivindicacións en defensa dos postos de traballo e dun sector estratéxico como é o naval para o noso País.
O desleixo dos gobernos Central e Autonómico conduciu ao sector naval galego a unha situación límite. No caso de Navantia – Fene – Ferrol e das compañías auxiliares, hoxe cumpriuse o peor prognostico e entraron na paralización total despois de ter rematado o último buque e ficar sen carga de traballo ningunha.
Anova anima á cidadanía a apoiar a loita dos traballadores e traballadoras de Navantia e das compañías auxiliares porque ao cabo é a loita de toda a cidadanía galega.