O PP saca adiante os orzamentos de 2014 coa abstención de PSOE e AEC

Cabanas.- O pasado 30 de decembro o Pleno do Concello de Cabanas aprobou inicialmente os orzamentos municipais para 2014. O PP presentou a debate un documento sen o acordo dos concelleiros Teresa García e Ángel Pena que votaron en contra, quedando como único grupo na oposición a un orzamento regresivo e que volve un ano máis a deixar tirados os veciños.
Así mesmo, o PP sacou adiante a solicitude dun novo crédito para facer fronte ao derrubo do Edificio O Penso, tamén coa abstención dos grupos do sistema alternante PSOE e AEC. 
Os madados da regra do déficit esquecen un ano máis a grave situación económica que arrastra a veciñanza de Cabanas e abandonan unha vez máis as persoas.
Os datos sobre persoas afiliadas á Seguridade Social non poden ser máis evidentes, o desplome no emprego en Cabanas é abismal