Información de dereitos: publicación de fotos de menores

Cabanas.- Todos os comezos de curso en Cabanas sempre xorden as mesmas dúbidas desde que un piloto co seu mundo de fotos accedeu á alcaldía:

- Pódense publicar fotos con menores? Pois imos aclararnos dunha vez:

Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación do Código Civil e da Lei de Enjuiciamiento Civil
CAPITULO II Dereitos do menor (http://noticias.juridicas.com/base_datos/Privado/lo1-1996.t1.html)
Artigo 4 Dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe
1. Os menores teñen dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Este dereito comprende tamén a inviolabilidade do domicilio familiar e da correspondencia, así como do segredo das comunicacións.
2. A difusión de información ou a utilización de imaxes ou nome dos menores nos medios de comunicación que poidan implicar unha intromisión ilexítima na súa intimidade, honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, determinará a intervención do Ministerio Fiscal, que instará de inmediato as medidas cautelares e de protección previstas na Lei e solicitará as indemnizacións que correspondan polos prexuízos causados.
3. Considérase intromisión ilexítima no dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe do menor, calquera utilización da súa imaxe ou o seu nome nos medios de comunicación que poida implicar menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses mesmo se consta o consentimento do menor ou dos seus representantes legais.
4. Sen prexuízo das accións das que sexan titulares os representantes legais do menor, corresponde en todo caso ao Ministerio Fiscal o seu exercicio, que poderá actuar de oficio ou a instancia do propio menor ou de calquera persoa interesada, física, xurídica ou entidade pública.
5. Os pais ou titores e os poderes públicos respectarán estes dereitos e protexeranos fronte a posibles ataques de terceiros.


Ademais, na Lei Orgánica de Protección de Datos establécese que o consentimento para publicar imaxes ha de ser:

"Libre, previo e informado, específico e revogable"

É dicir, teñen que informar os proxenitores, especificar para que soportes e medios están a dar o permiso e ademais, poderán retractarse en calquera momento

Instamos aos xestores da páxina de Facebook do PP de Cabanas a que reflexionen sobre a conveniencia das seguintes publicacións:

Transparencia real: Acta do Pleno extraordinario de 10 de xullo de 2014



Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, Da. Ana Rosa Méndez Riroa, Da. María de la Cruz Varela Varela
D. José C. Rey García, D. Luis A. Fachal López
D. Delfin Feal Pereira
Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita, D. Angel Pena Fontenla.

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezaoito horas e dous minutos do día dez de xullo de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario acumulado D. Miguel A. Arroyo Moreno, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Transparencia real: Acta do Pleno extraordinario de abril de 2014

Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, Da. Ana Rosa Méndez Riroa, D. Julian Ramón Seijas Criado, Da. María de la Cruz Varela Varela
D. José C. Rey García, D. Luis A. Fachal López
D. Delfin Feal Pereira
Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita, D. Angel Pena Fontenla.

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e nove de abril de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia, dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Transparencia real: Acta do Pleno ordinario de marzo de 2014


Concelleiros asistentes: Da. Eva      Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D'. Ana Rosa Méndez Eiroa, D. Julian Ramón Seijas Criado, D. Ma.ría de la Cruz Varela Varela;
D. José C. Rey García, D. Luis A. Fachal López
D. Delfin Feal Pereira.
Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita, D. Angel Pena Fontenla.
No salón de sesións da casa do concello, sendo a dezasete horas e trinta minutos do día vinte e oito de marzo de dous mil catorce, en segunda convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Pleno polémico en Cabanas, o PP enrócase na confrontación

O PP denégalle a participación no Pleno aos veciños e protexe ao alcalde ao bloquear a comparecencia solicitada por escrito polos edís non adscritos
Non obstante, a voz dos veciños trasladouse a través dos concelleiros da oposición
(Actualización: o alcalde chamou a policía local para expulsar dous representantes veciñais e a concelleira Teresa García)
Cabanas.- O PP fai uso da súa maioría absoluta para defender o Plan Xeral da especulación que será aprobado despois das eleccións municipais, segundo o alcalde, porque non chegará a tempo un informe da Dirección Xeral de Patrimonio.
Cos votos do PP sae rexeitada a moción veciñal en prol dun PXOM sostible para Cabanas. Resultado da votación 5 votos en contra do PP, 3 votos a favor dos concelleiros non adscritos e mixto, 2 abstencións da Agrupación de Electores:



"SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE CABANAS




MOCIÓN VECIÑAL EN PROL DUN URBANISMO SOSTIBLE PARA CABANAS

Os concelleiros da corporación do concello de Cabanas abaixo asinantes, e o abeiro do disposto na lexislación vixente, presentan para o seu debate ante o Pleno da Corporación do próximo dia 28 de maio de 2014 a seguinte Moción Veciñal a proposta da comisión de afectados polo PXOM integrada na Plataforma de Defensa dos Camiños,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
PRIMEIRA, que o documento exposto non se axusta ás necesidades urbanísticas do municipio de Cabanas, ao propor un desenvolvemento urbanístico que implica un aumento do parque de vivendas no municipio nun 50% sobre as hoxe existentes, cando a perda de poboación municipal, o actual contexto económico e social (crise económica, decaemento da construcción e o mercado da vivenda, etc...) e a propia incapacidade financeira do Concello de Cabanas, aconsellan unha estratexia contraria á adoptada que aposte pola mellora da calidade de vida dos veciños en troques dun maior desenvolvemento inmobiliario.

SEGUNDA, que este desenvolvemento desmesurado se apoia en actuacións como o SUD-1, as AR en solo urbano non consolidado, os Plans Especiais de Ordenación dos Núcleos Rurais ou a ampliación do infrautilizado polígono de Vilar do Colo, que teñen un impacto ambiental negativo e unha moi incerta viabilidade económica, se non é a base de aumentar a presión fiscal sobre os propios veciños, segundo establece o Estudio de Sostibilidade Económica do propio PXOM.

TERCEIRA, que tanto a ordenación prevista para as vías de titularidade autonómica ou estatal, xunto coa ordenación do solo urbano (no que se producen un total de 33 novas aperturas viarias de escasa ou nula utilidade pública) deixa ducias de vivendas en situación de fora de ordenación, e prexudica gravemente a posibilidade de moitos propietarios de realizar melloras nas súas vivendas, só permitindo obras de mantemento e conservación.

CUARTA, que moitas destas eivas xa están recollidas no informe previo á aprobación inicial realizado polos servizos da Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, sen que fosen emendados no documento aprobado inicialmente, o que fai inviable o PXOM.

QUINTA, que o deseño do plan realizouse á marxe da cidadanía, sen un mínimo e desexable proceso de participación pública antes da súa aprobación inicial, no que os propios veciños poidesen ter opinado e discutido qué modelo urbanístico queren para o futuro do seu municipio.

E por todo o exposto, propoñemos ao Pleno da Corporación que tome os seguintes

ACORDOS

PRIMEIRO, que se revise o acordo municipal de aprobación inicial do PXOM de Cabanas, adoptado polo Concello en Pleno o pasado día 29 de xaneiro de 2014, a fin de acordar a súa anulación.

SEGUNDO, que se retome o proceso de elaboración do PXOM cun modelo mais sostible dende un punto de vista económico, ambiental e social, sen as graves afeccións detectadas ás propiedades da meirande parte dos veciños ao tempo que se conxugan axeitadamente os intereses públicos e privados.

TERCEIRA, que se desenvolva, dende as primeiras fases do planeamento un axeitado proceso de participación pública no que os veciños de Cabanas poidan decidir conxuntamente que modelo de desenvolvemento urbanístico queren para o seu municipio nos próximos anos


Cabanas, a 22 de maio de 2014

Asdo:

Mª Teresa García Pita



Angel Pena Fontenla




Delfín Feal Pereira"

Esíxenlle ao alcalde de Cabanas (PP) que compareza no Pleno para explicar a súa imputación

Solicitan que dea explicacións no pleno convocado para mañá xoves 10 de xullo

Cabanas.- Os concelleiros non adscritos de Cabanas, Teresa García Pita e Ángel Pena Fontenla, aseguran que souberon a través dos medios de comunicación que o alcalde Germán Castrillón Permuy declarou nos Xulgados de Ferrol como imputado. Deste xeito, tiveron constancia de que o proceso ao rexedor de Cabanas está relacionado coa execución da sentenza de derruba dos edificios do Penso.
Os edís de Cabanas entenden que para representar a cidadanía de Cabanas hai que esixir "exemplaridade no respecto ás normas e leis" e que "os cargos públicos débense á cidadanía, e perante ela deben render contas con transparencia".

Así, reclaman que "o alcalde compareza no vindeiro Pleno extraordinario de 10 de xullo de 2014 para dar explicacións sobre a imputación xudicial á que está sometido".

Reclaman incluír un punto de rogos e preguntas para exercer o seu labor de oposición
Asemade, quéixanse de que "dende o mes de marzo non puidemos exercer o noso dereito a realizar rogos e preguntas, por suspenderse o pleno ordinario de maio de 2014" e reclaman a inclusión dun "punto de rogos e preguntas" neste pleno de mañá xoves.