Transparencia real. Acta do Pleno de Cabanas: xaneiro de 2014

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA 0 29 DE XANEIRO DE 2014
Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande. Da. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Ana Rosa Méndez Eiroa. D. Julian Ramón Seijas Criado. D. María de la Cruz Varela Varela. D. José C. Rey García. D. Luis A. Fachal López. D. Delfin Feal Pereira. Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita. D. Angel Pena Fontenla.
No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e nove de xaneiro de dous mil catorce, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión ordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.
PARTE RESOLUTIVA.
1. ACTAS DE SESIÓNS ANTERIORES. Dáse conta das actas das sesións anteriores realizadas os días 27 de novembro e 30 de decembro de 2013, das cales entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, manifestando o Sr. Feal Pereira en relación coa do último pleno quere darlle a benvida a nova concelleira Ma de la Cruz Varela e puntualizar a intervención do Sr.Alcalde despois das quendas dos portavoces, indicándolle o Sr.Presidente que non procede neste punto, o pode facer en rogos ou preguntas, despois do cal, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros, acorda aproba-las referidas actas.

2. RECURSO REPOSICIÓN JOSE CÁMPELO VAZQUEZ E OUTROS CONTRA ACORDO DO PLENO DA CORPORACIÓN DE DATA 15 DE NOVEMBRO DE 2013 SOBRE EXPEDIENTE CONTRATACIÓN EXECUQÓN SENTENZA EDIFICIO O PENSO 1a FASE. Visto o recurso de reposición presentado por D. José Campelo Vázquez, D. David Arias Arnoso, Dona Dolores Mascaró Cancela, D. Jesús Reinoso Gómez, D. José Maceiras González, D. Segismundo Pifieiro Núñez, D. José González Díaz, D. José Manuel Sande Ferreira, Dona María Mahía Rodriguez, D. José Ramón Rodriguez Rodriguez, D. Antonio Arias Alvarez, D. Antonio Pérez Díaz e Dona Ester Fernández Elicechea, contra o acordo adoptado polo Pleno da Corporación en data 15 de novembro de 2013, relativo a expediente contratación da obra "Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004126/1994 do edificio O Penso, la fase", no cal despois de facer referencia ao anuncio publicado no BOP do 12 de decembro de 2013, alegan infracción da DA 6a da Lei 8/2012, do 29 de XU110, de vivenda de Galicia, e solicitan se dite resolución anulando dito acordo.
Visto os informes do avogado encargado da defensa do Concello no referido procedemento D. Daniel Alvariño Heras no cal, entre outros, que a execución forzosa das sentenzas foi acordada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sendo o órgano xurisdicional competente a quen se lle remitiu o recurso de reposición presentado, insiste tamén nas responsabilidades en que se podería
incorrer no caso de acceder ao solicitado no recurso antes de que se pronuncie dito órgano xurisdicional.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Da. M. Teresa de Jesús García Pita entende ter que cumprir a lei, pero a lei é clarísima, sempre di previa indemnización aos afectados, como se vai a derrubar e sacar a xente das casas sen pagarles un aluguer, sen indemnizarlles; preguntáronlle moitas veces e dixo que non había cartos para indemnizar, consideran que é primeiro indemnizar e despois executar, non entenden como a sentenza non lle obriga a iso, espera que o recurso saia para adiante porque é de legalidade, de ética, de todo.
A portavoz do grupo Popular: Da. Eva M. Pazos Bande da conta da remisión do recurso presentado ao TSXG que é o órgano xudicial competente na execución das sentenzas que acordan a demolición no edificio, tamén recorda que o TSXG acordou a execución forzosa das sentenzas a instancia dos recorrentes e chegou a impoñer multas coercitivas ao propio Alcalde, si o Concello accedera ao solicitado no recurso antes do pronunciamento do órgano xudicial, tanto as autoridades como os que forman o Pleno e votasen este punto, como o persoal aos servizo do Concello incorrerían en responsabilidades previstas no artigo 112 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
A Sra. García Pita manifesta que está clarísimo que hai que facelo pero indemnizar a xente non se pensou en ningún momento porque o preguntaron continuamente e díxoselles que se indemnizaría cando houbera canos, uns alugueres indemnizando mentres se fan as obras non supón unha comía moito maior, o mesmo tempo que se pediu o préstamo para isto podíase pedir sumando as indemnizacións por alugueres que non supón tantos canos.
O Sr.Alcalde indica que iso supón uns 800.000 euros que é o que está no proxecto de execución.
D. Delfín Feal Pereira concelleiro do PSdGPSOE no grupo Mixto considera que é potestade do TSXG dirimir este escrito e o concello terá que seguir co procedemento de contratación, pero tamén deberá terse en conta que o informe do avogado recomenda que se leve a cabo a adxudicación antes de que se resolva polo tribunal.
O Sr.Alcalde indica que é a que é, pero a sentenza está al e obriga a seguir para adiante, propoñendo adoptar acordo de desestimar as alegación e dar traslado ao TSXG, a empresa que resulte con maior puntuación indicaráselle que non se resolverá o proceso ata que resolva o tribunal; o préstamo é exclusivo para demolición e no referente a fondos propios aproximadamente uns 400.000 euros, si o tribunal di que se destinen a 1a fase e logo se comece a 2 anon hai problema, pero a partir do pleno de hoxe si as cousas saen como deben saír, poderemos falar todos doutra alternativa que xa se falou na xunta de portavoces.
Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con nove votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e Mixto, e dúas abstencións, da concelleira D. M. Teresa de Jesús García Pita, do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, acorda:
1°. Rexeitar o recurso de reposición interposto por D. José Campelo Vázquez, D. David
Arias Arnoso, Dona Dolores Mascaró Cancela, D. Jesús Reinoso Gómez, D. José Maceiras González, D. Segismundo Piñeiro Núñez, D. José González Díaz, D. José Manuel Sande Ferreira, Dona María Mahía Rodriguez, D. José Ramón Rodriguez Rodriguez, D. Antonio Arias Alvarez, D. Antonio Pérez Díaz e Dona Ester Fernández Elicechea, contra o acordo adoptado polo Pleno da Corporación en data 15 de novembro de 2013, relativo a expediente contratación da obra
"Execución sentenza recurso contencioso-administrativo 02/0004126/1994 do edificio O Penso, 1a fase"
2°. A remisión á Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do escrito presentado por Don José Campelo Vázquez e doce persoas máis.

3.- APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CABANAS. Acordada a formulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Cabanas, adxudicouse a súa redacción a UTE DVega Arquitectura, Territorio e Medioambiente S.L. e Proyestegal S.L., asinándose o contrato en data 31 de decembro de 2008, o cal conta con subvención de financiamento da Dirección Xeral de Urbanismo. Dito contrato foi modificado en canto a prazos con motivo da adaptación do documento de inicio para presentación como anteproxecto segundo a modificación introducida pola Lei 2/2010.
Redactado o anteproxecto someteuse ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica e elaborouse o documento para informe previo que foi remitido a informe da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, a cal emite o correspondente informe en data 23 de xullo de 2012 no que se formularon as observacións que constan incorporadas no expediente.
O equipo redactor achega documento para aprobación inicial e solicitase informe previo da Demarcación de Costas, Demarcación de Estradas do Estado, Dirección General de Ferrocarriles, Adif, Axencia Galega de Infraestruturas e Augas de Galicia, revisándose o documento polo equipo redactor tendo en conta os informes recibidos, segundo indica na última actualización entregada.
Dáse conta igualmente dos trámites realizados na elaboración do documento do PXOM e documentación incorporada, así como dos informes do arquitecto municipal e de Secretaría incorporados ao expediente.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervención coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Da. M a. Teresa de Jesús García Pita considera que o PXOM interesa a todos porque é algo necesario, pero interesa que cumpra a legalidade e que cubra as necesidades dos veciños, houbo dúas reunións e as deficiencias que lles enviaron agora debían habelo feito antes, que non se lles permita aos promotores as especulacións que estaban facendo, preguntase como van aprobar algo que non controlan, pediu varias veces o PXOM para levar un asesor, por iso máis que unha aprobación inicial é unha presentación inicial, o que lle importa é que atenda as necesidades do veciños, haberá que respectar e analizar as reclamacións dos veciños e volver a votar, por iso diría cambiar o concepto de aprobación inicial.
Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López considera que o PXOM é moi importante, hai cinco anos fíxose un documento base entre PP e AEC onde un dos principios era que o equipo redactor fose totalmente independente e algunha cousa máis como a desaparición dos baixo cuberta e convertelos en plantas para evitar problemas futuros, houbo reunións co equipo redactor insuficientes, non tiveron tempo dende que lle pasaron os planos e convenios para visualizalo todo, fixo o que se puido pero é insuficiente, a proposta de AEC é que se deixe a aprobación inicial sobre da mesa e dean máis tempo para ver o PXOM detidamente, na visualización que puido realizar observou que desaparecen vivendas catalogadas como históricas, aparecen outras, e outras coa mesmas características non se clasifican, alguén ten que explicar isto, hai camiños públicos que non aparecen e outros polo medio de casas, parcelas mínimas que pasan a 600 m2 quedando fora de ordenación, novas aliñacións que chegan ou afectan a propia casa, ríos que aparecen e desaparecen sen que haxa informe de Augas de Galicia, hai convenios interesantes e
outros que non se entenden, varia a vivenda intensiva da ponte do Areal a Cardeita sen saber o motivo, non é urbanista pero hai tamén unha lóxica, por todo iso pide deixar o PXOM sobre da mesa para dar tempo o seu estudo, senón absteranse, pois non puideron facer consulta porque se dixo que era un secreto, o equipo redactor debía estar aquí esta última semana para explicarlo antes do pleno, medidas que tomaron, ordenanzas dos núcleos que debería ser común para tódalas parroquias e varía dunhas a outras, criterios que utilizaron, etc, senón terán que pedir informe a un urbanista para que llo explique, non ten sentido facer plan para deixar tanto fora de ordenación, e hai que saber si todas estas propostas son legais, por iso insiste en deixalo sobre da mesa.
Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira está de acordo coa argumentación do Sr. Fachal e alude ao pouco tempo para exame da documentación que inda hoxe lle chegou parte que non lle deu tempo a ler, tefien os convenios dende o luns e o CD é un compendio de toda a caixa que contén o documento, por moito que se mire en pantalla se perden, aparte de facer súa a argumentación do Sr.Fachal, agás o sentido do voto, dende o 2011 que é concelleiro solo houbo dúas reunións co equipo redactor que parecía máis unha clase de arquitectura que o plan municipal, non tiveron tempo para mirar nada sobre plano, quedouse en ter reunión antes da aprobación inicial pero non houbo, falouse da independencia do equipo redactor pero agora o equipo de goberno está en maioría e marcará uns criterios, non saben si se cumpren, as referencias que tefien doutros concellos é que se sentan tódolos portavoces co equipo redactor para estudo, é lóxico; en núcleos rurais hai expansión da edificabilidade en cenos núcleos, e hai casos en núcleos próximos onde a tendencia en vez de unilos é a separalos en contra do criterio de agrupar núcleos para prestar mellor os servizos, aparte hai distintos criterios, nunhas parroquias 500 m2, nutras 600m2, tamén hai distinto criterio en canto a ampliación, en definitiva pensa que o secretísmo actuou, hai convenios que en principio rozan a ilegalidade, se a aprobación inicial non se deixa sobre da mesa o partido socialista vai votar en contra porque é un documento troncal para o desenvolvemento de Cabanas.
Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva W Pazos Bande considera unha contradición que estean falando da importancia do PXOM, que pregunten polo el e agora pidan que se atrase, considera que o plan é base para o Concello; facendo historia indica que xa en 1994 se fixo o primeiro intento de facer un PXOM non se cumpriron os prazos, fíxose o avance e rescindiuse o contrato, no 2000 houbo un segundo intento, faise unha aprobación inicial e non se trae a pleno, os traballos deste PXOM inícianse en 2007, reúnese a mesa de contratación o 28-11-2008 e adxudícase por decreto da Alcaldía en decembro dese mesmo ano a UTE DVega S.L., Proyestegal; todo isto ten un gran traba°, redactase o documento de inicio en 2009 e remítese a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, hai modificación da lei e houbo que adaptalo as novas disposicións e fíxose o anteproxecto que estivo a exposición pública do 25 de setembro ata o 5 de novembro, e remítese ao concello o documento de referencia, o 20 de xullo de 2012 recíbese o informe da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Antes de iniciar a redacción do plan houbo charlas do equipo redactor en locais de asociacións e no Concello para dar explicacións do proceso e das fases do PXOM, será tamén o equipo redactor o que lles terá que explicar a vostedes as características e decisións que levaron a cabo, a redacción do plan non é un asunto sinxelo, interverien diferentes entidades, insiste na incoherencia de atrasalo e que para iso hai un período de exposición pública, para que todos se poidan informar e presentar alegacións, despois haberá que resolvelas e solicitar os informes doutros organismos, a aprobación do PXOM pois as normas vixentes son de 1987 e crean problemas para a súa aplicación, os problemas urbanísticos de interpretación están al e o PP non quere deixar problemas para o futuro, van actuar con responsabilidade e tratar que saia para adiante.
A Sra. García Pita indica que falan de transparencia, de incoherencia, de escurantismo, pero levan dous anos de reunións cos que fan o plan e ata o día de hoxe non lle pasan os informes, non saben nada dos convenios cos promotores e pregúntase como se lle chama a iso, falarlles de ganas de colaborar é tomarles o pelo, incoherencia é a que están facendo, o día do pleno coñecer todo despois de dous anos perdidos, de que veña o redactor dar nocións de arquitectura, onde está a transparencia, esperaban absterse pero agora un voto en contra rotundo porque xa está temendo o que vai pasar co plan.
O Sr.Fachal López manifesta que non é máis rapidez, está dicindo deixalo sobre da mesa un ou dous meses para estudalo e entendelo, non lle parece tanto tempo cando leva cinco anos de redacción, por moito que se corra non significa que se aprobe menor, ao contrario cantos menos erros teña mais posibilidades ten de ir para adiante; por outra banda suspéndense as licenzas e vai haber que modificar o ornamento aprobado hai tres semanas, reitera a petición de deixalo sobre da mesa, non se pode explicar a ninguén unha cousa que non se entende, hai incoherencias no proxecto que lle gustaría explicar con ceno razoamento, vostedes van aprobalo porque teñan maioría, polo tanto terán que buscar asesoramento e presentar alegacións, quere un PXOM pero o feito de sacar un plan de ordenación para adiante non significa que non vai haber ilegalidades e hai concellos con plan recente que teñen que tirar edificios.
O Sr. Feal Pereira sinala que non están pedindo atrasar o PXOM, están pedindo información, reunións co equipo redactor para aportar criterios, preguntar dúbidas e mellorar o proxecto; é ceno que vai haber un período de dous meses para alegacións que farán os vecinos, propietarios e outras persoas que poidan sentirse afectadas, alude á vía que cruza por As Viñas e que afecta a moitas fincas, non se vai executar nin se van expropiar, preguntou ao equipo redactor como os veciños poder botar para abaixo esa proposta, con alegacións si, pero deben explicar a necesidade desa vía, as normas actuais son confusas, pero sempre votan a culpa aos demais, expliquen que pasa coas edificacións que deixan fora de ordenación porque as actuacións quedan moi limitadas; o partido socialista votará en contra si non se retira' isto porque hai moitos puntos escuros, espera que polo menos na exposición pública dean información, e a sede socialista estará aberta a toda información.
A Sra. Pazos Bande opina que ningún portavoz pode dicir que non tivo diante toda a documentación do PXOM, tódolos grupos tiveron acceso ao plan e ao persoal do equipo redactor para formular preguntas; elaborouse un cronograma para que o equipo redactor, non os políticos, explique o PXOM por tódalas parroquias e atenda a todo o público, varias veces falouse da fase de exposición pública para que todos teñan acceso aos detalles deste plan; o 24-2-2014 está previsto o inicio da exposición durante 2 meses en horario de 9 a 14 no edificio do concello vello, haberá charlas informativas polas parroquias por parte do equipo redactor, 26-2-2014 en Laraxe, 27-2-2014 en Lavanderira, 28-2-2014 en Porto, 6-3-2014 aquí no Concello, 7-3-2014 en Santa Cruz do Salto e o 15-4-2014 no Concello, algúns días o equipo redactor estará no concello vello de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, todo elo segundo os anuncios publicados ao efecto para a transparencia e claridade; é un documento feito para tódolos veciños e poderá revisarse neste período de exposición pública segundo informe o equipo redactor, é un documento básico para seguridade urbanística e desenvol­vemento ordenado, logo haberá aprobación provisional pasando á Xunta para aprobación definitiva.
A Sra. García Pita pregunta si tiñan tanto acceso como recibiron hoxe a documentación.
O Sr.Alcalde indica que se deu toda a información e o equipo redactor o explicou en dúas reunións, na última díxose que era previa ao pleno, pero houbo que atrasala por falta do informe de estradas, non entende que os politicos se metan en temas técnicos e o PXOM é para Cabanas, toda a documentación está aquí, agora na exposición pública todo aquel que queira pode examinala e
presentar alegacións, o pode ver todo o pobo de Cabanas, elaborouse un cronograma para que o equipo redactor explique calquera dúbida e poden presentar as alegacións que consideren convenientes, non se lle vai privar a ninguén que vexa o documento; o tema dos núcleos rurais xa o explicou o equipo redactor que hai unha normativa, este documento xa estivo na Consellería a informe previo e houbo que facer unhas regularizacións, é o proxecto máis importante para Cabanas dos últimos anos, en canto a recomendación de que houbera un portavoz de cada grupo na mesa, foi falado e o equipo técnico nunca o recomendou porque nunca se chegaba a bo porto e a demostración está neste Concello en casos anteriores, os convenios como o resto están a disposición pública.
Despois de debatido o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con seis votos a favor dos membros do grupo Popular, o que representa o quórum requirido da maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, tres en contra da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita, do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e do concelleiro do PSdGPSOE do grupo mixto, e dúas abstencións dos membros do grupo AEC, acorda:
Primeiro.- Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Muncipal do concello de Cabanas, redactado por UTE DVega Arquitectura, Territorio y Medioambiente S.L. y Proyestegal S.L., que inclúe como anexos a documentación relativa o desenvolvemento do planeamento:
- Modificación puntual do Plan Parcial do Polígono de Vilar do Colo.
- P.E.O.N.R. M-1 en As Modias.
- Sector de solo urbanizable S.U.D.-1.
Así como, os seguintes convenios urbanísticos:
- Convenio asinado cos promotores para P.E.O.N.R. M-1 nas Modias.
- Convenio asinado cos promotores para Sector de solo urbanizable S.U.D.-1.
Convenio asinado con D. Francisco López Allegue para cesión parcela en Iris. - Convenio con BJ Promociones e Inversiones S.L. no Día Oito. - Convenio con Costa Ortegal S.L. no Día Oito
Convenio con El Tejo del Arenal S.L. no Día Oito.
Segundo.- De conformidade co previsto nos artigos 85.2 e 237.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dito documento aprobado inicialmente, cos anexos relativos a desenvolvemento do planeamento, convenios urbanísticos e documentación integrante do expediente, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, sométense a un período de consultas e de exposición ao publico polo prazo de dous meses, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal os interesados poderán proceder ao seu exame e presentar cantas alegacións consideren convenientes. Ademais do DOG, dito anuncio publicarase en dous dos xomais de maior difusión da provincia, así como, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
Durante o mencionado prazo o documento aprobado inicialmente con seus anexos e convenios urbanísticos estará a disposición dos interesados no salón de sesións da antiga Casa do Concello, sita en rúa do concello 4, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas; o expediente poderá examinarse na Secretaría do Concello nas mesmas datas.
Simultaneamente e durante o mesmo prazo darase audiencia aos concellos limítrofes.
Terceiro.- Simultaneamente ao trámite de información pública solicitaráselle as administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios
Cuarto.- Así mesmo, de acordo co previsto no art. 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro e 118 e 120 do Regulamento de planeamento, aprobado polo Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño,
acórdase a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas polo prazo máximo de dous anos no ámbito do todo o termo municipal nas áreas en que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. Poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente sempre que respecten as determinacións do novo planeamento.

4.- MOCIÓN GRUPO MIXTO SOBRE ANTEPROXECTO DE LEI ORGÁNICA DE REVISIÓN DA LEXISLACIÓN VIXENTE SOBRE SAÚDE SEXUAL E REPRODUTIVA E INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO. Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdGPSOE do grupo Mixto en cuxa exposición de motivos alude a Lei orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, indicando que no texto declárase o dereito de todas as persoas a adoptar libremente decisións que afectan á súa vida sexual e reprodutiva, sen máis límites que o respecto aos dereitos das demais persoas e á orde pública garantido pola CE e as leis, recoñece o dereito a matemidade libremente decidido. A lei substituíu a unha regulación de 25 anos atrás foi consensuada coa maioría dos grupos políticos e coa participación de expertos e incorporou a xurisprudencia do TC e do TE de Dereitos Humanos, así como recomendacións do Consello do Estado, e outros organismos intemacionais.
Indica que o Gobemo anunciou unha revisión desta lexislación e presentou no Consello de Ministros do 20-12-2013 un anteproxecto de lei orgánica que suprime o dereito das mulleres a interromper o embarazo nas primeiras catorce semanas, privándolle do seu dereito a decidir sobre a súa matemidade, cita tamén outras supresións como supostos de malformación, etc., considera que esta norma non só suporá un retroceso de máis de trinta anos e o incumprimento de compromisos intemacionais senón que situará a España como unha excepción en Europa, onde nos últimos anos ningún pais lexislou cara atrás nesta materia; esta proposta provocou un enorme rexeitamento social da cidadanía española e europea, das organizacións sociais, profesionais e feministas, así como declaracións de membros do seu propio partido discrepando do seu contido, solo cultivou a felicitación de formación políticas de extrema dereita doutros países.
Polo exposto, somete a consideración do Pleno, a adopción dos seguintes acordos:
O Concello de Cabanas insta ao Gobemo de España a retirar inmediatamente e non continuar a tramitación do anteproxecto de lei orgánica polo que pretende revisar a lexislación vixente en España sobre saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo.
Aprobada esta moción darase traslado da mesma ós grupos políticos presentes no Congreso dos Deputados.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita considera triste que haxa que pedir que non se involucione, neste gobemo local hai catro mulleres e gustaríalle coñecer como reaccionan, inda que xa o sabe, somos a crítica dos países europeos, non sabe si o partido popular confunde o dereito a obrigación ou a imposición, parece que se está obrigando a abortar e non é así, non se pode limitar o dereito que ten unha muller sobre o seu corpo.
Polo grupo Popular: a portavoz D. Eva Ma. Pazos Bande opina que se está a tocar un tema dos complicados sobre todo para as mulleres, aclara que se trata dun anteproxecto susceptible de mellora, debate, novas aportacións e diversos enfoques; sería bo chegar a entendemento para evitar, como se fix. o noutras ocasións, romper o consenso de 1985, hai puntos controvertidos e no seu grupo non todos pensan igual, é un tema sensible e necesítase o máximo consenso dentro dos
límites establecidos polo TC en 1985 onde se aprobou unha lei que non cambiou o PP e si cambiou o PSOE en 2010, o PP foi o partido máis votado nas últimas eleccións e levaba no programa esta nova lei polo que lexitima ao Goberno a intentar levar a cabo a reforma da lei, non están de acordo con moitos supostos do anteproxecto e presenta unha emenda transacional " Instar ao goberno central a mellorar o anteproxecto de lei orgánica para protección da vida do concebido e dos dereitos da muller embarazada procurando chegar ao máximo consenso posible coas distintas forzas políticas tomando como referencia a lei de 1985 e dentro dos límites establecidos polo Tribunal Constitucional".
Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira manifesta que a lei do 85 e a do 2010 tivo un amplo consenso, a lei que se pretende aprobar o que fai e botar para atrás todo o que hai de positivo na última lei, si vostedes din que queren mellorar o anteproxecto para mellorar a de 2010 estaría de acordo, pero con este anteproxecto non, fai mención a puntualizacións da Comisión Europea de dereitos humanos sobre a idade de consentimento, al podía haber acordo no resto non, aceptaría que dixera que se esquecese deste anteproxecto e se reformase aqueles puntos conflitivos da de 2010, daquela si.
A Sra. Pazos Bande reitera o dito anteriormente, entenden que o goberno está lexitimado para desenvolver un proxecto de lei, que non compartan tódolos puntos do anteproxecto é unha cousa pero que non consideren que está lexitimado para facelo é outra, entonces non van votar a favor da moción.
Debatido o asunto, o Pleno da Corporación con cinco votos a favor dos membros do grupo AEC, do concelleiro do PSdGPSOE do grupo Mixto, da concelleira D. W Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e seis abstencións dos membros do grupo Popular, acorda aproba-la devandita moción.

PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN. 5.- INFORMES DA PRESIDENCIA.
Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 475 do 22-11­2013 ata a número 474 do 025-01-2014.
Informe trimestral de acordo co art. 5 da Lei 15/2010 do 5 xullo pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade. De acordo co establecido no artigo 4 da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais, preséntase o informe correspondente ao 4cT de 2013 sobre o cumprimento dos prazos previstos nesta lei para o pagamento das obrigas desta entidade local, incluíndo o número e contía global das obrigas pendentes nas que se está incumprindo o prazo, así como relación de facturas e/ou documentos xustificativos con respecto ós cales transcorresen máis de tres meses dende a anotación no rexistro de facturas sen tramitar os expedientes de recoñecemento da obriga.
MOCIÓNS DE URXENCIA.
A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita presenta unha moción de urxencia relacionada coa subida das cotización a seguridade social dos autónomos, está creando moitos problemas, son os que están creando emprego e non reciben axudas da banca, polo que é urxente adoptar un acordo ao efecto.
Sometida a votación a ratificación da urxencia da moción, o pleno da Corporación co voto a favor dos once membros, acorda ratifica-la urxencia da moción e incluir dito punto na orde do día
A continuación a Sra. García Pita da conta da moción, propoñendo a adopción dos seguintes acordos:
1°. Que se cumpran dende as administracións públicas os prazos de pagamento as Pemes e concretamente aos autónomos e que se cumpra a lei de morosidade.
2°. Potenciar a formación para autónomos dende o concello individualmente ou conxuntamente con instancias superiores para posibilitar a súa adaptación as novas necesidades do mercado e coñecer tódalas ferramentas ao seu alcance que poida usar na súa actividade e aparte solventar así as carencias que neste eido poidan ter e resolver os posibles ceses de traballadores autónomos ou de acceso as aladas que lles poderían corresponder.
3°. Instar ao gobemo central e autonómico que leven a cabo a rebaixa fiscal prometida que precisa este colectivo para afrontar esas dificultades que lles impón a crise e as desvantaxas patentes que sofren fronte as grandes empresas.
4°. Instar ás diferentes administracións que faciliten a financiación a través de tódolos canles dos que dispoñen incluído acceso a fondos europeos para que os emprendedores fagan realidade os seus proxectos establezan e teñan oportunidade de ser creadores de emprego.
5°. Crear as condicións necesarias conxuntamente con outras administracións locais ou supramunicipais para a creación dun viveiro de empresas que permita que aproveiten o máximo os emprendedores os recursos cos que poden contar minimizando o mesmo tempo os custos que lle suporía a posta en marcha dos seus proxectos.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira manifesta que como traballador autónomo asume todo o que di a moción son unha parte importante da economía e si se lles poñen atrancos o sistema dese, polo tanto votará a favor.
Polo grupo Popular: o Sr. Alcalde indica que a moción ten razón en parte porque hai cousas que xa se cumpren, o plan de pagos estase executando, os informes trimestrais de Intervención sobre a morosidade remítense ao Ministerio, agora dende o partido popular estase intentando que a financiación chegue as Pymes, hai esperanza coa adxudicación NCG Banco, como hai parte que se está cumprindo vanse abster.
Debatido o asunto, o Pleno da Corporación con cinco votos a favor dos membros do grupo AEC, do concelleiro do PSdGPSOE do grupo Mixto, da concelleira D. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e seis abstencións dos membros do grupo Popular, acorda aproba-la referida moción.
6. ROGOS E PREGUNTAS.
a) Preguntas orais.
a.1. Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.
a.1.1. Cantos participantes concorreron á licitación para a demolición do edificio do Penso ?. Resposta Sr.Alcalde: oito empresas.
a.1.2. Hai algún avance respecto a Costas polo asunto dos chiringuitos ou quedou esquecido?. Resposta Sr.Alcalde: estamos pendentes de que saia o regulamento da nova lei, a partires de al intentarase regularizar todo iso.
a.1.3. O estado do espigón e da praia veuse afectado polos temporais, visto que o socavón é máis grande na parte próxima ao espigón, está roto e a súa funcionalidade é negativa, poderíase retomar o terma da súa retirada ?
Resposta Sr.Alcalde: hoxe mesmo estivo falando coa Demarcación de Costas do que pasou co temporal, vaise a seguir intentando e pelexando, cree que iso sería un avance importante para a praia e para o entorno.
a.1.4. En relación coa humanización da N-621, hai algún avance con respecto aos últimos dous meses cando comentou que se estaba estudando en Madrid, habíase proxectado ben e esperábase un bo resultado, hai algún avance sobre o tema?.
Resposta Sr.Alcalde: hai avances pero non son positivos, a emenda que se presentou aos orzamentos do Estado non foi admitida, pero seguirase intentando para saca-la proposta por outra vía, fixéronse xestións en Madrid, en Coruña e co Ministerio, o problema é o diñeiro e o máis grave é o estado da estrada, polo que seguirase intentando.
O Sr.Fachal López indica que se podería dividir a actuación en fases para facilitar a cuestión orzamentaria.
O Sr.Alcalde sinala que xa está dividido en dúas fases, unha ata o cruce que é a máis necesaria, pero a emenda para incluíla ten que ser completa con vinculación a Fene e Pontedeume.
Intervención da concelleira D. Ma. Teresa de Jesús García Pita.
a.2.1. Entende que mirara o de Costas e Chamoso, pero un día ensinoulle no paseo debaixo da ponte do tren lousas levantadas, agora hai moitas mais e gustaríalle que as vira porque hai xente que cae.
Resposta Sr. Alcalde: estiveron alí traballadores reparando, mañá pasará a velo de novo.
a.2.2. Na Barrosa hai un muro caído, que se vai a facer, non se pode esixir o seu amaño?.
Resposta Sr.Alcalde: hai un informe técnico onde di que o responsable é o veciño, no seu día non fixo cesión ao Concello, xa se falou co propietario para chegar a un acordo, ten que facer a cesión para que o Concello poida actuar, estase a espera.
a.2.3. Na estrada que se está facendo de Laraxe a Porto, as beirarrúas non cumpren a normativa, son moi estreitas nalgúns sitios, as farolas no medio impiden o paso de cadeiras de rodas.
Resposta Sr.Alcalde: a situación das farolas cumpre a normativa, para unha cadeira de rodas son 80 cm. e cree que cumpre.
Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.
a.3.1. Como dixo a portavoz popular nesas reunións informativas co equipo redactor do PXOM tiveron acceso a documentación e di que podían preguntarlle as dúbidas, pero que dúbidas lle ían a preguntar ao equipo redactor se non coñecen o proxecto?, baseándose na súa maioría na lexitimidade para aprobar ese plan como calquera outra cousa, considera a Presidencia que é o mesmo lexitimidade que maioría?.
Resposta Sr.Alcalde: nas reunións co equipo redactor puideron preguntar as dúbidas, incluso falaron dos convenios e o equipo redactor díxolles que cumpren.
O Sr. Feal Pereira manifesta que había convenios sobre da mesa que dixo que os ensinaría cando se aprobase o Plan non viron os convenios antes.
O Sr.Alcalde indica que estaban os convenios para ver, estaba todo o Plan de urbanismo e os núcleos rurais, explicoulles o que era tradicional, non tradicional, urbano, histórico e se tiñan algunha dúbida que a preguntaran e tamén que están a súa disposición para calquera dúbida.
a.3.2. Rogo.. En relación coas actas do pleno o Sr.Alcalde ao final das participacións dos portavoces matiza o que lle interesa e sempre se cae na redundancia da herdanza recibida, no pleno de aprobación do orzamento fixo referencia expresa de que o problema do contrato con Aquagest era " do teu grupo de goberno", recórdalle que na acta do pleno do 28-06-2000 onde se aprobou a adxudicación do concurso para concesión da xestión do servizo de abastecemento de auga, mantemento rede sumidoiros e depuración, de todos os que estaban nese pleno -cita nomeadamente a tódolos asistentes- e dos que hai no pleno actual, ten vostede unha concelleira no seu grupo e nese punto sae aprobado con tódolos votos a favor excepto o representante de IVC, é dicir a súa concelleira votou a favor desa concesión a Aquagest, co cal o grupo socialista si estaba pero este portavoz non, asumamos as responsabilidades pero asumámolas todos o grupos que votaron a favor, porque xa cansa a reiteración do tema das herdanzas recibidas e nesta herdanza o partido popular ten parte.
Resposta Sr.Alcalde: non ten parte porque é unha aprobación do pleno, é unha concesión que firma a Sra. Alcaldesa, na directiva do partido socialista ten algún membro que estaba nese pleno.
O Sr. Feal Pereira indica que na agrupación local do partido socialista solo está el como concelleiro, á concelleira que votou a favor da concesión está no grupo de goberno, e insiste que na concesión de Aquagest tódolos grupos votaron a favor agás IVC que se abstivo e polo tanto serían partícipes partido popular, partido socialista e BNG.
Por alusións D. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que aprobaron a concesión a Aquagest pero parecíalles excesivo os 25 anos que se lles daba.
b) Preguntas por escrito.
b.1. Preguntas presentadas polo concelleiro do PSdGPSOE D. Delfín Feal Pereira en escrito de data 28 de xaneiro de 2014.
b.1.1. De todos, é ben sabido que o tema do desemprego é un problema serio e de urxencia, aínda máis para os nosos mozos que confían en que os poderes públicos o solucionen e conviven con ese malestar día tras día xa case sen esperanza algunha.
As últimas cifras mostran que, tanto en varóns coma en mulleres, o sector da poboación de Cabanas máis afectado é o dos mozos (16-35 anos), mozos que ven de lonxe a opción de emanciparse;mesmo de emprender. Neste sentido, a maiores, ternos coriecemento de que a taxa de crecemento interanual é negativa (aínda que en menor medida) por segundo ano consecutivo, e que preto do 6% dos mozos non tiveron nin primeiro emprego. Tamén sabemos que no programa electoral co que se presentou no seu día non se recollía ningunha medida para paliar esta situación coa que conviven os nosos mozos e tampouco sabemos de que se experimentara unha variación nas cifras que demostre que agora mesmo se estea a traballar nese punto exactamente.
Dende o Concello pensouse algo ao respecto?, e de ser así, pódese saber o qué?.
Resposta Sr. Alcalde: no pleno anterior xa contestou algo disto, levamos varios anos con programa integrado de emprego, primeiro solo e agora con Fene, Neda, Mugardos e Pontedeume, hai 90 persoas no programa das cales 14 son do concello de Cabanas, no último programa conseguíronse os obxectivos, no último pleno dixo que había 2 pendentes e xa cumpriron, agora desas 90 persoas un 54% son menores de 30 anos, en Cabanas hai colocadas 2, aparte nos outros concellos as persoas colocadas, estase na medida de 14-15 persoas entre tódolos concellos, sábese que isto é un problema xeralizado porque a comarca está sufrindo, espéramos que co flotohotel de Navantía isto mellore e sexa o comezo do crecemento do emprego e su cumpra a palabra do Presidente da Xunta da que nunca dubidou.
b.1.2. Señor Alcalde os vecifios da zona de Fontao e a Barrosa dende hai meses ven como a súa zona se está a deteriorar e o Concello non fai nada por solucionalo. Empezando co Río de
Fontao, que xe en varias ocasións solitámoslle que o arranxase dadas as malas condicións nas que se encontra unha das súa columnas.
Espera o Concello a que o río se derrube para arranxalo?, de non selo caso, cando ten pensado o Concello arranxalo?.
Resposta Sr. Alcalde: a previsión era facer un arranxo integral de todo o río e vai ser complicado por queriamos que entrara nunha subvención, vamos a facer unha reparación puntual da zona, dese piar que é o que está máis afectado.
b.1.3. A respecto da situación perigosa na que se atopa o camino da Barrosa, polo derrubamento do muro de contención que provocou a desaparición de parte da vía, provocando que sexa extremadamente perigoso circular e pasar por ah',
Xa dixo as medidas que está tomando, pero, on suficientes as medidas de seguridade tomadas?, non será máis oportuno cortar a vía a circulación para facela máis segura?.
Resposta Sr.Alcalde: é verdade que a estrada estivo cortada, puxéronse sinais e alguén os levantou, vanse facer outros sinais para volver a cortala máis contundentemente porque non debe haber circulación por esa vía, pois as veces a xente saca a valla.
b.1.4. Tamén queremos saber como se encontran os trámites para dotar dunha marquesina á parada bus escolar en Lavandeira para os usuarios do CEIP Mosteiro de Caaveiro en A Capela, que xa lle foi demandada polos vecinos en maio de 2013 e recordado por este portavoz noutro pleno?.
Resposta Sr.Alcalde: a contestación xa lla deu no pleno, a esa xente xa lle explicou o que había e que se la intentar facer, estase nese proceso pero non é fácil, entende que sería necesario pero non é posible porque hai máis marquesinas.
Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha horas e vinte e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.
V° e prace,    O Secretario.
O Alcalde,