Transparencia real. Acta do Pleno de Cabanas: decembro de 2013. Orzamento municipal

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 30 DE DECEMBRO DE 2013
Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande.Da. Esperanza Gayoso Pereiro. Da. Ana Rosa Méndez Eiroa.D Julián Ramón Seíjas Criado.D. José C. Rey García.D. Luis A. Fachal López, D. Delfin Feal Pereira, Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita, D. Angel Pena Fontenla
No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as nove horas do día tinta de decembro de dous mil trece, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.
Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluidos na Orde do Día.

Antes de proceder ó debate dos asuntos, estando presente a concelleiro electa Dona Maria de la Cruz Varela Varela, e vista a credencial remitida pola Xunta Electoral Central, así como acreditada presentación da declaración patrimonial e de incompatibilidades, procédese o cumprimento do requisito legal de prestar xuramento ou promesa segundo dispón o artigo 108 da Lei 5/1985 e Real Decreto 707/1979, do 5 de abril, a tal efecto Dona María de la Cruz Varela Varela xura cumprir fielmente as obrigas do cargo de concelleira do concello de Cabanas con lealdade ó Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado; a continuación a comparecente toma posesión do seu cargo incorporándose á sesión.
1.- CONCERTACIÓN OPERACIÓN DE CRÉDITO. Visto o expediente para concertar unha operación de préstamo para o financiamento da execución das sentenzas recaídas nos recursos contencioso-administrativo número 02/0004126/1994 e número 02/0004055/1993 sobre o edificio O Penso 1' e 2a fase, a realizar polo concello de Cabanas.
Visto que inicialmente se solicitaron ofertas a entidades bancarias, publicouse anuncio no perfil de contratante e no periódico La Voz de Galicia sen que se presentasen proposición; despois das xestións realizadas pola Alcaldía conseguiuse a presentación dunha oferta por NCG Banco S.A. nos termos que logo se cita.
Visto o establecido no artigo 52.2 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, informe de Intervención e ditame favorable da Comisión de Facenda.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita considera excesivo o tipo de xuro euríbor+6, o concello necesita un xestor que negocie porque isto non está negociado, como moito non debía exceder de euríbor+ 3, polo tanto votarán en contra.
Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande manifesta que se leva moito tempo traballando n.este tema e negociando este préstamo, ata fai pouco solo había rexeitamentos polas entidades bancarias e agora que se consigue hai que ser responsables, si alguén ten outra oferta mellor ou condición máis favorables que o traía aquí, porque durante todo este tempo non presentaron nada, déixense de palabras fáciles, grazas a este préstamo vamos a poder executar as sentenzas.
A Sra. García Pita indica que sempre se ofreceu para negociar porque se considera unha negociadora e este concello carece sempre de negociación en todo, non solo neste tema.
O concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto D. Delfín Feal Pereira, opina que como hai que executar as sentenzas hai que buscar financiamento, estivo cotexando tipos de xuro e o mercado non é máis barato; en relación as manifestacións da portavoz popular, nunca lle chegou petición para buscar entre todos ofertas bancarias, polo que non é de recibo que agora diga si ternos algo menor cando xa tejí en todo cosido; como xa manifestou noutros plenos alude a que vai pasar coa indemnización as familias afectadas, si se vai buscar financiamento ou como se vai facer, imaxina que será tratado noutros plenos e xunta de portavoces, o seu voto será favorable.
A Sra. Pazos Bande, insiste en que levan moito tempo buscando financiamento e solucións a este problema, lévase moito tempo traendo este tema e todos son coñecedores das dificultades para conseguir o préstamo, polo tanto non veñan dicindo que é mal pactado.
Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con nove votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dous en contra da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D.Angel Pena Fontenla, acorda:
1°. Adxudicar a NCG Banco S.A. a concertación da operación de préstamo por importe de 396.277,31 euros para financiamento das obras de "Execución sentenzas recursos contencioso-administrativo 02/0004126/1994 e 02/0004055/1993 do edificio O Penso 12 e 22 fase", nas seguintes condicións:
Importe: 396.277,31 euros.
Tipo de xuro: Euríbor a 3 meses+ 6,00 puntos.
Liquidación xuros e amortizacións: trimestral
Carencia de amortización 1 ano.
Período de disposición 1 ano.
- Prazo total de vixencia 11 anos - Comisións: exento.
Intervención: Ante o Secretario do Concello.
2°. Comunicar a concertación desta operación á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da Xunta de Galicia segundo dispón o TRLRFL.
3°. Fac_jultar ao Sr.Alcalde D. Germán Castrillón Permuy para subscribi-lo contrato de préstamo nos termos que resulten do presente acordo, outorgamento de escritura, percibí-lo seu importe e subscribi-los documentos necesarios para a formalización do referido préstamo.

2.- ORZAMENTO MUNICIPAL PARA 2014. Dada conta polo Secretario do expediente tramitado para aprobación, no seu caso, do orzamento municipal formado para o exercicio de 2014 polo Sr. Alcalde deste Concello de acordo cos requisitos que sinala a lexislación vixente, no cal constan os documentos que establecen os artigos 165, 166, y 168 e concordantes do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, cadro de persoal coa relación de postos de traban°, informes de Intervención e ditame da Comisión de Facenda.
Na deliberación do asunto prodúcense as inteivencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que cun orzamento de máis de 3 millóns non era necesario endebedarse, séguese baixo a escravitude de Sogama e Aquagest, din coma tódolos anos que é un orzamento para época de crise pero non se ten en conta a contención do gasto; non están en contra dos investimentos pero si dos gastos do grupo 22, séguese gastando moito en electricidade, en correos, telecomunicacións e gastos superfluos, neste Concello falta un xestor, alégrase de que haxa controis trimestrais para ver si lle pechan o Concello, votarán en contra.
Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López alude á diferente opinión dentro grupo, considera que ao final é o grupo de goberno quen ten a potestade de facer o orzamento e iso hai que acatalo porque recibiron máis votos, non lles pediron axuda nin para isto nin para o préstamo, agora parece que si a piden; opina que vai pasar coma o ano anterior que en tres meses xa haxa que facer modificacións co cal non é un orzamento real, é ficticio, alude ao informe de Intervención e refírese a exceso dalgúns ingresos e que non cumpre coa estabilidade necesitando un plan económico financeiro, fala do tipo de xuro do préstamo estimando que todos deben axustarse o cinto, a tal efecto propón rebaixar nun 50% as asistencias a órganos colexiados, así como, as asignacións a grupos políticos, é unha proposta sobre da mesa, tamén considera que nestes momentos de crise a Alcaldía podía facer un esforzo e baixar un 50% a asesoría, facer reunión de portavoces e estudar o tema de Sogama, apertura do punto limpo, gasto de electricidade que son os máis importantes xunto con Aquagest fora de gastos de persoal que xa non se poden axustar taláis; vostedes son os que gobemara e non pediron axuda, na pasada lexislatura os créditos quedaron a cero e agora volvemos a pedir créditos por iso todos debemos facer un esforzo.
Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira indica que a maioría da súa argumentación coincide coa do Sr.Fachal, súmase a redución de asignacións por asistencias e grupos políticos, sería un bo exemplo de transparencia, insiste en ter xunta de portavoces para tratar temas e sacar cousas para diante cando veñen a pleno, pero cando van por libre pensando que por ter a maioría teñen a verdade as cousas non son así; en canto ao orzamento iguálanse ingresos e gastos pero son ficticios, refírese ao informe de Intervención, as variacións nas previsións de ingresos e o atraso na tramitación do PXOM; considera que o orzamento reflicte unha orientación ideolóxica determinada, danlle maior importancia a festexos populares que aos servizos sociais de comedor, alude tamén a gastos en servizos xurídicos cando os da Deputación son igualmente válidos, gastos en comunicación, gastos postais, reparación de camiños que despois do seu arranxo deben conservarse para maior duración, o plan económico financeiro de anos anteriores non o viu nin tampouco os resultados, espera que tomen en consideración a proposta do Sr.Fachal e unha corresponsabilidade do grupo de goberno con respecto a estes temas, o seu voto será abstención.
Polo grupo Popular: a portavoz Da. Eva Ma.Pazos Bande considera o orzamento de 2014 responsable e serio na liña de 2013 condicionado pola crise actual e a execución das sentenzas do Penso, a pesar de todo séguese realizando un esforzo para continuar investindo e mellorar o Concello, é un orzamento realista, axustado e executable avalado polos resultados das últimas contas xerais que se presentaron neste Pleno inda que vostedes o vexan doutra maneira, fanse previsións axustadas a realidade e un reducido número de modificacións, destaca as xestións da Alcaldía para conseguir recursos doutras administraciérns como arranxos de camiños que o mellor vostedes querían que non se arranxaran; destaca no orzamento de 2014 o gasto en servizos sociais con incremento para comedor, dependencia, mencer na escola, PAI, conciliación e igualdade e axuda no fogar; en traballo o programa Artabria Emprega II que inclúe aos concellos de Cabanas, Pontedeume, Fene, Ares, Mugardos e Neda e xestiona este concello de Cabanas; en cultura e deportes se melloran as instalacións, apoio as sociedades do municipio e busca da colaboración e consenso, mantendo o programa de axudas; séguese coa promoción do turismo mellorando os paseos en barco polo Eume, nova entrada ás Fragas do Eume, rotas de sendeirismo e pantalán flotante no Día Oito; en medio ambiente estase a espera da entrega do punto limpo para que sexa xestionado pola Mancomunidade; en infraestruturas da conta de obras previstas no apartado de investimentos e a concertación de préstamo para execución sentenza do Penso completada con fondos propios, pide a colaboración de todos para sacar isto para adiante, insiste no incremento en servizos sociais, son os mellores orzamentos que podían presentar e recóllense as peticións dos veciños feitas nas reunión parroquiais, tratando sacar o maior rendemento posible.
A Sra. García Pita indica que están pedindo continuamente o mantemento dos viais, que se rocen, en Cabanas comezouse a rozar cando veñen os veraneantes e todo o invento están sen alumado, parece que falan de cousas diferentes, non está de acordo que sexan bos orzamentos, había que axustar porque estamos en época de crise diminuíndo os gastos innecesarios, está ben que se aumente en dependencia, en cultura e deporte pouco investiron, pero non lle parece un orzamento anticrese, está de acordo coa proposta para reducir asignacións a membros da Corporación, solo poñería como condición que fose para axuda social directa, seguen a votar en contra.
O Sr. Fahcal López mantén o dito na anterior intervención, nunca estiveron en desacordo no tema de camiños, é mais, valoran positivamente os investimentos en camiños, pero si ten que dicir que en iluminación pública e en residuos é onde máis hai que aforrar porque representan unha porcentaxe importante do orzamento, é al onde hai que actuar e xunto ao anterior están a tender a man porque se pode mellorar.
O Sr. Feal Pereira tamén insiste nas partidas de alumado e recollida de lixo, xa se manifestou cando se tratou a taxa por recollida de lixo, solo se colocaron recolledores de aceite de cociña e roupa que non diminúen o contedor verde que é realmente o que aumenta o custo, segue a ser unha comía elevada en non sabe se beneficiará o punto limpo pero está seguro que cunha política de compostaxe reduciríase un 60% o peso do contedor verde, hai concellos que o fixeron e é demostrable, nunca se negaron a melloras en camiños pero cun bo mantemento durarían moito roáis; está a espera que o grupo de goberno diga si aceptan a proposta do Sr.Fachal pois tódolos ,grupos da oposición se sumaron a ela e sería un exemplo4 veciñanza.
A Sra. Pazos Bande parécelle que non falan dos mesmos orzamentos, fala de incongruencias da Sra. García Pita por votar en contra do préstamo, preguntándose como se financiaría a execución do Penso, sinala que os recursos son limitados e alude ao informe de Intervención; en canto ao Sr.Fachal, estiveron no equipo de goberno e tiveron oportunidade de buscar solucións para O Penso pero non sabe cales buscaron, hai que ser coherentes; n5ste orzamento diminúese o gasto eléctrico a pesar da suba de impostos, tamén diminúen as partidas de telecomunicacións, gastos xurídicos inda que o Concello ten que ter servizos xurídicos, diminúese o gasto en persoal, auméntase a participación nos Tributos do Estado por maior esforzo fiscal, insiste no aumento das partidas de servizos sociais e programas de emprego, tamén fai mención a investimentos reais e as axudas conseguidas, actividades de cultura e deportes e todo do a pesar do problema do Penso, por todo elo considera que son uns bos orzamentos.
O Sr.Alcalde insiste en primeiro lugar no tema de Aquagest recordándolle ao Sr. Feal Pereira que foi o seu grupo de goberno quen asinou o contrato por 20 anos e agora estamos lastrados por ese tema, e tamén que se gasta menos en festas que cando gobernaba o seu equipo; en canto a asociacións deportivas e culturais aumentouse a partida desde que están gobernando porque fan un tema social e cultural importante para o Concello; en referencia ao Sr. Fachal reitera que estivo gobernando e sabía o que había cos bancos para financiar O Penso, non diga que non se fixo boa xestión porque se levan seis anos intentando conseguir o crédito, non se rebaixou aos grupos políticos porque foi el quen se negou xa que a proposta era sacar todo — protesta o Sr. Fachal manifestando a súa desconformidade con tales manifestacións, mentres que o Sr.Alcalde ordénalle calar porque xa non ten a palabra- prosegue o Sr.Alcalde indicando que hai que ser coherente, ­continúan as protestas do Sr.Fachal, intervindo tamén a Sra. Gayoso Pereiro, o Sr.Fachal pide que tamén a mande calar e o Sr.Alcalde resposta que xa a mandou calar -; en canto ao tema do lixo considera que si lles fan caso hoxe o Concello estaría empeñado en 35.000 euros, pois nin o PSOE nin o BNG arranxaron nada; o tema da electricidade hai unha partida inferior e vaise a seguir baixando — hai manifestación de desconformidade da Sra. García Pita ordenándolle silencio o Sr.Alcalde — a pesar da subida da tarifa eléctrica; en relación á proposta que formularon o equipo de goberno a consensuará e o falará, si é necesario farase porque sempre apertaron o cinto, cousa que outros non fixeron cando había que facelo; en canto a Aquagest estase traballando, leva tempo e hai moitas cousas que non estaban claras.
Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con sete votos a favor dos membros do grupo Popular e o concelleiro D. José C. Rey García do grupo AEC, Bous en contra da concelleira Da. Ma Teresa de Jesus García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e dúas abstencións do concelleiro D. Luis A. Fachal López do grupo AEC e do concelleiro D. Delfín Feal Pereira do PSdG-PSOE do grupo Mixto, acorda:
1°.-Aprobar inicialmente o orzamento municipal para o exercicio 2014, con un importe total tanto en gastos coma en ingresos de tres millóns trescentos trinta e oito mil catrocentos corenta e seis euros (3.338.446,00 euros) co seguinte resumo por capítulos:
ESTADO DE GASTOS:

Capítulo Denominación, Consignación
A) Operacións correntes
1 Gastos de persoal 802.617,00
2 Gastos en bens correntes e servizos 1.388.759,00
3 Gastos financeiros 40.300,00
4 Transferencias correntes 51.400,00
B) Operacións de capital
6 Investimentos reais 1.025.120,00
7 Transferencias de capital 1.000,00
8 Activos financeiros i 00,00
9 Pasivos financeiros 29.250,00
Total gastos 3.338.446,00

ESTADO DE INGRESOS:

Capítulo Denominación Consignación
A) Operacións correntes
1 Impostos directos 1 859.300,00
2 Impostos indirectos 70.000,00
445.900,00
3 Taxas e outros ingresos
4 transferencias correntes 1.159.455,00
5 Ingresos patrimoniais 2.100,00

B) Operacións de capital
6 Alleamento de investimentos reais 00,00
7 Transferencias de capital 395.413,00
8 Ativos financeiros 00,00
9 Pasivos financeiros 406.278,00
Total ingresos 3.338.446,00

2°.-Aproba-las bases de execución do mencionado orzamento.
3°.-Aproba-lo cadro de persoal para 2014 e relación de postos de traballo de persoal funcionario e laboral incluidos no mesmo, coa valoración correspondente de niveis, retribucións complementarias e características.
4°.-Someter a información pública o orzamento aprobado polo prazo de quince días hábiles, a efectos de reclamacións, segundo dispón o artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
5°.-No suposto de non presentarse reclamacións contra o devandito orzamento e cadro de persoal, consideraranse definitivamente aprobados debendo cumplirse o trámite da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, do resumo por capítulos xunto co cadro de persoal, de acordo co disposto nos artigos 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril e 169.3 do citado Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
6°.-Remitir copia do orzamento mencionado á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma de Galicia.
Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás dez horas e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.
V° e Prace,
O Alcalde, O Secretario