Transparencia real: decreto de declaración de ruína do Cabazo

Cabanas.- Á vista do valor histórico e social publicamos o decreto de declaración de ruína do mesón O Cabazo asinado polo alcalde Germán Castrillón Permuy o pasado 22 de xullo de 2014.



RESOLUCIÓN 263/2014. Declaración expediente de ruína.
Visto o informe dos Servizos Técnicos Municipais, subscrito polo Arquitecto Municipal en data 23 de decembro de 2013, emitido tras a visita de inspección con relación ó estado de conservación que presenta o mesón “O Cabazo”, sito no piñeiral da Praia da Madalena, como consecuencia do incendio sufrido por dito establecemento o día 25 de xullo de 2012, no que consta que:
“INFORMO:
           En aplicación da Disposición Transitoria 1ª da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, compre sinalar que a clasificación do solo correspondente aos terreos nos cales ubícase a edificación afectada polo incendio é de SOLO RÚSTICO DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE COSTAS.
           En relación á edificación afectada polo incendio compre realiza-las seguintes consideracións:
- Trátase dunha edificación que pola súa técnica construtiva non pode ser considerada como instalación provisional, polo cal incumpriría coas determinación establecidas polo planeamento municipal para as condicións de uso establecidas pola mesma para o solo non urbanizable e concretamente para o Sistema xeral zona Marítimo-Terrestre, apartado da normativa que prohibe taxativamente as construción ou instalación de carácter permanente (a excepción das instalación para servizos públicos relacionados có litoral como embarcadoiros o plataformas), admitíndose unicamente os usos de hostalería na súa variedade de servizos de tempada.
Esta circunstancia motiva que a edificación obxecto deste informe atópase en situación de fóra de ordenación por non respecta-las determinacións das N.S.P.M. do Concello de Cabanas. Neste senso debe indicarse tamén que de conformidade co establecido nos artigos 103.1 e 103.2 da Lei 9/2002, a edificación atoparíase en situación de fóra de ordenación total por total incompatibilidade coas determinacións do planeamento municipal vixente, sendo autorizables (de se-lo caso) unicamente as obras de mera conservación e as necesarias para o mantemento do uso existente.
Por outra banda, o Art. 103.4 establece que o Concello comunicará ao rexistro da propiedade, aos efectos da súa constancia, as limitacións e condicións especiais na concesión de licenzas en edificacións en situación de fóra de ordenación.
ACLARACIÓN:            A consideración de fóra de ordenación total derívase da redacción actual do referido Art. 103 da Lei 9/2002, xa que a consideración que establece como de ‘parcialmente incompatible’ figura referido ao ‘novo planeamento’; neste senso, o arquitecto municipal interpreta que para o planeamento vixente, en ausencia de determinacións ao respecto referidas ás situacións de fora de ordenación (total ou parcial), hai que considerar unicamente a situación de total incompatibilidade.
           Da inspección visual efectuada in situ pode verificarse que o lume ocasionou a destrución do interior do edificio, afectando á estabilidade estrutural da edificación incluída a propia estrutura de cuberta, como pode comprobarse no anexo fotográfico.
           A marxe doutras consideracións en relación á edificación, ao seu uso e aos riscos medioambientais derivados da declaración do incendio nunha edificación destinada a hostalería e ubicada nunha zona arborada, compre indicar que en relación á avaliación do estado de conservación da edificación e á súa posible declaración de ruína, o cal implicaría a tramitación do correspondente expediente contraditorio de conformidade co Art. 201 da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e protección do Medio Rural de Galicia.
Relativo a esta cuestión, compre indicar que o mesmo artigo establece que deberá declararse o estado ruinoso no suposto (entre outros) de que unha edificación requira da realización de obras que non poidan ser autorizadas por atoparse o edificio en situación de fóra de ordenación, tal é o caso que nos ocupa.
           En relación ás supostas obras en curso na edificación, debe sinalarse que consultada a documentación obrante nas dependencias municipais, non existe licenza municipal outorgada para a realización de ningún tipo de obras.
Relativo a esta circunstancia, e en virtude das determinacións contidas no Art. 209 da Lei 9/2002, procedería a paralización das supostas obras en curso e incoa-lo correspondente expediente de reposición da legalidade urbanística comunicándollo ao interesado.
Como CONCLUSIÓN do presente Informe tomando como base todo o anteriormente exposto, compre indica-lo que segue:
- O edificio afectado polo incendio atópase en situación de fóra de ordenación total por total incompatibilidade coas determinacións do planeamento municipal vixente, sendo autorizables (de se-lo caso) unicamente as obras de mera conservación e as necesarias para o mantemento do uso existente.
- Tendo en conta o estado de conservación do edificio tras o incendio, con destrución de todo o seu interior e clara afectación estrutural, as obras que requiriría a edificación para verifica-las condicións establecidas nos artigos 9, 104, e 199 da Lei 9/2002, transcenderían o alcance autorizable, isto é, as obras de encaixables dentro do concepto de obras de mera conservación e as necesarias para o mantemento do uso preexistente, segundo a redacción actual do Art. 103 da Lei 9/2002, resultando procedente por conseguinte a tramitación do correspondente expediente contraditorio de conformidade co Art. 101 da dita Lei.
Visto que a Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia establece:
“Artigo 201º.  Declaración de ruína
1. Cando algunha construción ou parte dela estivese en estado ruinoso, o concello, de oficio ou a instancia de calquera interesado, a declarará en situación de ruína e acordará a total ou parcial demolición, previa tramitación do oportuno expediente contraditorio con audiencia do propietario e dos moradores, salvo inminente perigo que o impedira.
2. Declararase o estado ruinoso nos seguintes supostos:
a) Cando o custe das obras necesarias sexa superior ó 50% do valor actual do edificio ou plantas afectadas, excluído o valor do terreo.
a) Cando o custe das obras necesarias exceda da metade do custe de reposición da edificación ou de nova construción con características similares, excluído o valor do solo.
b) Cando o edificio presente un esgotamento xeneralizado dos seus elementos estruturais fundamentais.
c) Cando se requira a realización de obras que non puideran ser autorizadas por encontrarse o edificio en situación de fóra de ordenación.
3. En caso de incumprimento da orden de demolición, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria da mesma a costa do obrigado, ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 300 a 6.000 euros, reiterables ata lograr a execución das obras ordenadas.
4. Se existise urxencia e perigo na demora, o alcalde, baixo a súa responsabilidade, por motivos de seguridade disporá o necesario respecto á habitabilidade do inmoble e desaloxo dos ocupantes.
5. Nos bens declarados de interese cultural e nos núcleos históricos estarase ó disposto na lexislación do patrimonio histórico aplicable.
Cando por calquera circunstancia resulte destruída unha construción ou edificio catalogado, o terreo subxacente permanecerá suxeito ó réxime propio da catalogación. O aproveitamento subxectivo do seu propietario non excederá do preciso para a fiel restitución, que poderá ser ordenada nos termos que regulamentariamente se determinen”.
Visto que o Decreto 28/1999, de 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística, para o desenrolo e aplicación da Lei do Solo de Galicia, sinala:
“Artigo 32º 
Cando algunha construción ou parte dela estivese en estado ruinoso, o concello, de oficio ou a instancia de calquera interesado, a declarará en situación de ruína e acordará a total ou parcial demolición, previa tramitación do oportuno expediente contraditorio con audiencia do propietario e dos moradores, salvo inminente perigo que o impedira”.
“Artigo 33º 
Declararase o estado ruinoso nos seguintes supostos:
a) Cando o custe das obras de reparación necesarias sexa superior ó 50% do valor actual do edificio ou plantas afectadas, excluído o valor do terreo.
b) Cando o edificio presente un esgotamento xeneralizado dos seus elementos estruturais fundamentais.
c) Cando se requira a realización de obras que non puideran ser autorizadas por encontrarse o edificio en situación de fóra de ordenación”.
“Artigo 36º 
1. A iniciación de oficio do procedemento de declaración de ruína acordarase polo concello, como consecuencia do correspondente informe emitido polos servizos técnicos
2. Tamén poderá iniciarse de oficio o procedemento como resultado das comprobacións efectuadas pola Administración municipal en virtude das denuncias formuladas. A tal efecto, ó recibir a denuncia sobre o suposto de estado ruinoso dunha construción ou parte dela, poderase acordar a instrución dunha información previa consistente nun informe que emitirán os servizos técnicos municipais, en razón da cal se decidirá a incoación do expediente ou, no seu caso, o arquivo das actuacións”.
Visto o disposto nos artigos 201.1 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, e 38 e seguintes do Decreto 28/1999, de 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenrolo e aplicación da Lei do Solo de Galicia,
 RESOLVO
PRIMEIRO.- Iniciar de oficio expediente de declaración de situación legal de ruína da edificación denominada mesón “O Cabazo”, sita no piñeiral da praia da Madalena, de Cabanas.
SEGUNDO.- Poñer o expediente de manifesto ós titulares da instalación, de conformidade co disposto no artigo 38.1 do Decreto 28/1999, de 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenrolo e aplicación da Lei do Solo de Galicia, dándolle traslado de copia literal e completa dos informes técnicos obrantes nel, para que, dentro dun prazo de quince días, poida alegar e presentar os documentos, xustificacións e medios de proba que estimen pertinentes en defensa dos seus dereitos.
TERCEIRO.- Tratándose dunha instalación que se atopa nos 230.160 m2 da finca inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontedeume, co número 3.751, que foi declarada de dominio público marítimo terrestre en virtude do deslinde aprobado por O.M. de 29 de xuño de 2001, no tramo de costa comprendido na totalidade da praia da Madalena en Cabanas, ocupada por un piñeiral, que foron outorgados en concesión ó Concello de Cabanas por resolución da Directora Xeral da Sostenibilidade da Costa e do Mar, de data 21 de febreiro de 2010, a presente resolución terá que notificarse á Demarcación de Costas en Galicia
O acorda e o asina o Alcalde Don Germán Castrillón Permuy, en Cabanas a vintedous  de xullo de dous mil catorce, ante min Secretario do que dou fe.
            O Alcalde,                                                                               Perante min,