RESOLUCIÓN
263/2014. Declaración expediente de ruína.
Visto o informe dos Servizos Técnicos
Municipais, subscrito polo Arquitecto Municipal en data 23 de decembro de 2013,
emitido tras a visita de inspección con relación ó estado de conservación que
presenta o mesón “O Cabazo”, sito no piñeiral da Praia da Madalena, como
consecuencia do incendio sufrido por dito establecemento o día 25 de xullo de
2012, no que consta que:
“INFORMO:
1º En
aplicación da Disposición Transitoria 1ª da Lei 9/2002 de Ordenación
Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, compre sinalar que a
clasificación do solo correspondente aos terreos nos cales ubícase a
edificación afectada polo incendio é de SOLO RÚSTICO DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE
COSTAS.
2º En
relación á edificación afectada polo incendio compre realiza-las seguintes consideracións:
- Trátase
dunha edificación que pola súa técnica construtiva non pode ser considerada
como instalación provisional, polo cal incumpriría coas determinación
establecidas polo planeamento municipal para as condicións de uso establecidas
pola mesma para o solo non urbanizable e concretamente para o Sistema xeral
zona Marítimo-Terrestre, apartado da normativa que prohibe taxativamente as
construción ou instalación de carácter permanente (a excepción das instalación
para servizos públicos relacionados có litoral como embarcadoiros o
plataformas), admitíndose unicamente os usos de hostalería na súa variedade de
servizos de tempada.
Esta circunstancia motiva que a
edificación obxecto deste informe atópase en situación de fóra de ordenación
por non respecta-las determinacións das N.S.P.M. do Concello de Cabanas. Neste
senso debe indicarse tamén que de conformidade co establecido nos artigos 103.1
e 103.2 da Lei 9/2002, a edificación atoparíase en situación de fóra de
ordenación total por total incompatibilidade coas determinacións do planeamento
municipal vixente, sendo autorizables (de se-lo caso) unicamente as obras de
mera conservación e as necesarias para o mantemento do uso existente.
Por outra banda, o Art. 103.4
establece que o Concello comunicará ao rexistro da propiedade, aos efectos da
súa constancia, as limitacións e condicións especiais na concesión de licenzas
en edificacións en situación de fóra de ordenación.
ACLARACIÓN: A consideración de fóra de ordenación total derívase da
redacción actual do referido Art. 103 da Lei 9/2002, xa que a consideración que
establece como de ‘parcialmente incompatible’ figura referido ao ‘novo
planeamento’; neste senso, o arquitecto municipal interpreta que para o
planeamento vixente, en ausencia de determinacións ao respecto referidas ás
situacións de fora de ordenación (total ou parcial), hai que considerar
unicamente a situación de total incompatibilidade.
3º Da
inspección visual efectuada in situ pode verificarse que o lume ocasionou a
destrución do interior do edificio, afectando á estabilidade estrutural da
edificación incluída a propia estrutura de cuberta, como pode comprobarse no
anexo fotográfico.
4º A
marxe doutras consideracións en relación á edificación, ao seu uso e aos riscos
medioambientais derivados da declaración do incendio nunha edificación
destinada a hostalería e ubicada nunha zona arborada, compre indicar que en
relación á avaliación do estado de conservación da edificación e á súa posible
declaración de ruína, o cal implicaría a tramitación do correspondente
expediente contraditorio de conformidade co Art. 201 da Lei 9/2002 de
Ordenación Urbanística e protección do Medio Rural de Galicia.
Relativo a esta cuestión, compre
indicar que o mesmo artigo establece que deberá declararse o estado ruinoso no
suposto (entre outros) de que unha edificación requira da realización de obras
que non poidan ser autorizadas por atoparse o edificio en situación de fóra de
ordenación, tal é o caso que nos ocupa.
6º En
relación ás supostas obras en curso na edificación, debe sinalarse que
consultada a documentación obrante nas dependencias municipais, non existe
licenza municipal outorgada para a realización de ningún tipo de obras.
Relativo a esta circunstancia, e en
virtude das determinacións contidas no Art. 209 da Lei 9/2002, procedería a
paralización das supostas obras en curso e incoa-lo correspondente expediente
de reposición da legalidade urbanística comunicándollo ao interesado.
Como CONCLUSIÓN do presente Informe
tomando como base todo o anteriormente exposto, compre indica-lo que segue:
- O
edificio afectado polo incendio atópase en situación de fóra de ordenación
total por total incompatibilidade coas determinacións do planeamento municipal
vixente, sendo autorizables (de se-lo caso) unicamente as obras de mera
conservación e as necesarias para o mantemento do uso existente.
- Tendo
en conta o estado de conservación do edificio tras o incendio, con destrución
de todo o seu interior e clara afectación estrutural, as obras que requiriría a
edificación para verifica-las condicións establecidas nos artigos 9, 104, e 199
da Lei 9/2002, transcenderían o alcance autorizable, isto é, as obras de
encaixables dentro do concepto de obras de mera conservación e as necesarias
para o mantemento do uso preexistente, segundo a redacción actual do Art. 103
da Lei 9/2002, resultando procedente por conseguinte a tramitación do
correspondente expediente contraditorio de conformidade co Art. 101 da dita
Lei.
Visto que a Lei 9/2002, de 30 de
decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia
establece:
“Artigo 201º. Declaración de
ruína
1. Cando algunha construción ou parte
dela estivese en estado ruinoso, o concello, de oficio ou a instancia de
calquera interesado, a declarará en situación de ruína e acordará a total ou
parcial demolición, previa tramitación do oportuno expediente contraditorio con
audiencia do propietario e dos moradores, salvo inminente perigo que o
impedira.
2. Declararase o estado ruinoso nos
seguintes supostos:
a) Cando o custe das obras necesarias
sexa superior ó 50% do valor actual do edificio ou plantas afectadas, excluído
o valor do terreo.
a) Cando o custe das obras
necesarias exceda da metade do custe de reposición da edificación ou de nova
construción con características similares, excluído o valor do solo.
b) Cando o edificio presente un
esgotamento xeneralizado dos seus elementos estruturais fundamentais.
c) Cando se requira a realización de
obras que non puideran ser autorizadas por encontrarse o edificio en situación
de fóra de ordenación.
3. En caso de incumprimento da orden
de demolición, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria da
mesma a costa do obrigado, ou á execución forzosa mediante a imposición de
multas coercitivas de 300 a 6.000 euros, reiterables ata lograr a execución das
obras ordenadas.
4. Se existise urxencia e perigo na
demora, o alcalde, baixo a súa responsabilidade, por motivos de seguridade
disporá o necesario respecto á habitabilidade do inmoble e desaloxo dos
ocupantes.
5. Nos bens declarados de interese
cultural e nos núcleos históricos estarase ó disposto na lexislación do
patrimonio histórico aplicable.
Cando por calquera circunstancia
resulte destruída unha construción ou edificio catalogado, o terreo subxacente
permanecerá suxeito ó réxime propio da catalogación. O aproveitamento
subxectivo do seu propietario non excederá do preciso para a fiel restitución,
que poderá ser ordenada nos termos que regulamentariamente se determinen”.
Visto que o Decreto 28/1999, de 21 de
xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística, para o
desenrolo e aplicación da Lei do Solo de Galicia, sinala:
“Artigo 32º
Cando algunha construción ou parte
dela estivese en estado ruinoso, o concello, de oficio ou a instancia de
calquera interesado, a declarará en situación de ruína e acordará a total ou
parcial demolición, previa tramitación do oportuno expediente contraditorio con
audiencia do propietario e dos moradores, salvo inminente perigo que o
impedira”.
Declararase o estado ruinoso nos
seguintes supostos:
a) Cando o custe das obras de
reparación necesarias sexa superior ó 50% do valor actual do edificio ou
plantas afectadas, excluído o valor do terreo.
b) Cando o edificio presente un
esgotamento xeneralizado dos seus elementos estruturais fundamentais.
c) Cando se requira a realización de
obras que non puideran ser autorizadas por encontrarse o edificio en situación
de fóra de ordenación”.
“Artigo 36º
1. A iniciación de oficio do
procedemento de declaración de ruína acordarase polo concello, como
consecuencia do correspondente informe emitido polos servizos técnicos
2. Tamén poderá iniciarse de oficio o
procedemento como resultado das comprobacións efectuadas pola Administración
municipal en virtude das denuncias formuladas. A tal efecto, ó recibir a
denuncia sobre o suposto de estado ruinoso dunha construción ou parte dela,
poderase acordar a instrución dunha información previa consistente nun informe que
emitirán os servizos técnicos municipais, en razón da cal se decidirá a
incoación do expediente ou, no seu caso, o arquivo das actuacións”.
Visto o disposto nos artigos 201.1 da
Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio
Rural de Galicia, e 38 e seguintes do Decreto 28/1999, de 21 de xaneiro, polo
que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenrolo e
aplicación da Lei do Solo de Galicia,
RESOLVO
PRIMEIRO.- Iniciar de oficio
expediente de declaración de situación legal de ruína da edificación denominada
mesón “O Cabazo”, sita no piñeiral da praia da Madalena, de Cabanas.
SEGUNDO.- Poñer o expediente de
manifesto ós titulares da instalación, de conformidade co disposto no artigo
38.1 do Decreto 28/1999, de 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de
Disciplina Urbanística para o desenrolo e aplicación da Lei do Solo de Galicia,
dándolle traslado de copia literal e completa dos informes técnicos obrantes
nel, para que, dentro dun prazo de quince días, poida alegar e presentar os
documentos, xustificacións e medios de proba que estimen pertinentes en defensa
dos seus dereitos.
TERCEIRO.- Tratándose dunha
instalación que se atopa nos 230.160 m2 da finca inscrita no
Rexistro da Propiedade de Pontedeume, co número 3.751, que foi declarada de
dominio público marítimo terrestre en virtude do deslinde aprobado por O.M. de
29 de xuño de 2001, no tramo de costa comprendido na totalidade da praia da
Madalena en Cabanas, ocupada por un piñeiral, que foron outorgados en concesión
ó Concello de Cabanas por resolución da Directora Xeral da Sostenibilidade da
Costa e do Mar, de data 21 de febreiro de 2010, a presente resolución terá que
notificarse á Demarcación de Costas en Galicia
O
acorda e o asina o Alcalde Don Germán Castrillón Permuy, en Cabanas a
vintedous de xullo de dous mil catorce,
ante min Secretario do que dou fe.
O Alcalde, Perante
min,