Modelos de alegacións colaborativas ao Plan Xeral de Cabanas #OPlanXeraltraeCola

Cabanas.- Case no límite do prazo para presentar alegacións ao Plan Xeral de Cabanas, que remata o vindeiro luns 28 de abril de 2014, achegamos modelos xenéricos para inspirar alegacións en núcleo rural, afección de estradas/cambio de cualificación de solo urbano a solo rústico e cambio de parcela mínima.
Son tantas e tan variadas as casuísticas que deixan fóra de ordenación multitude de vivendas que a nosa xeneralización se cadra non se adapta a todos os casos particulares. Se o caso ten algunha complicación, recomendamoslle ao/á afectado/a achegarse a un técnico ou xurista competente para facer alegacións máis especializadas.
Estes modelos son de dominio público, cedidos á sociedade civil para facilitar a defensa dos seus dereitos, e foron elaborados colaborativamente e de xeito totalmente voluntario. As persoas interesadas non deben deixar de consultar a súa situación específica con especialistas da súa confianza.