Transparencia real: Máis de 800 alegacións presentadas ao PXOM de Cabanas

As persoas afectadas asinan unha moción de censura ao PXOM de Cabanas
En Pontedeume, co dobre de poboación, presentáronse apenas 400 suxestións e no anterior proceso en Cabanas chegáranse só ás 170 suxestións previas á aprobación inicial
Cabanas.- Anova informa que as alegacións ao Plan Xeral inda están chegando ao Concello e hoxe xa superaron amplamente as 800 alegacións rexistradas, posto que inda están a chegar doutras administracións ou por correo.
Anova alegou resumidamente o seguinte entre outras cuestións:
PRIMEIRO. Declarar nula de pleno dereito a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal por ausencia de informes preceptivos como o de Augas de Galicia.
SEGUNDO. Reiniciar a redacción do PXOM baseándose en criterios de sostibilidade económica, social e ambiental.
TERCEIRO. Deseñar un proceso aberto de participación pública para decidir democraticamente o modelo de desenvolvemento urbanístico para Cabanas.
CUARTO. Retomar o proceso de elaboración do PXOM sobre unha serie de criterios consensuados con todos os actores sociais e políticos.