Transparencia: A Xunta de Goberno aproba un "Programa de Execución" para derrubar parte do Penso

Cabanas.- Imos informar como foron as cousas na Xunta de Goberno Local de 24 de outubro pola relevancia que ten o asunto e polo programa aprobado en solitario polo PP:

"4.- PROGRAMA EXECUCION SENTENZAS RECURSOS CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO 02/0004126/1994 e 02/0004055/1993 DO EDIFICIO O PENSO. A continuación dáse conta das propostas da Alcaldía relativas a:

Programa de execución da sentenza recaída no recurso contencioso-administrativo 02/0004126/1994 do edificio O Penso la fase que comprende:
- Financiamento da obra:
a) anual, no caso de que se consiga por parte das diferentes entidades bancarias consultadas o crédito preciso para poder asumir nunha soa anualidade o pagamento das obras. Neste caso, con cargo ó orzamento municipal de 2013 destinaríase 377.423,62 euros.
b) plurianual, de non conseguirse o crédito preciso por parte das entidades bancarias, o concello vedase na obriga de partir en dous o pagamentos para execución das obras segundo a seguinte proposta:

Con cargo os orzamentos de 2013: 186.395,00 euros

Con cargo os orzamentos de 2014: 191.028,62 euros.

- Cronograma:

28 de outubro de 2013: Anuncio público de concurso para contratación das obras precisas para a execución da sentenza.

20 de decembro de 2013: Contratación da obra.

20 de agosto de 2014: Finalización das obras, tendo en conta o prazo estimado polo arquitecto D. Antonio José Ferreiro Novo na redacción do proxecto técnico para a execución da sentenza.

Programa de execución da sentenza recaída no recurso contencioso-administrativo 02/0004055/1993 do edificio O Penso 2a fase que comprende:

- Financiamento da obra:
a) Anual: No caso de que se consiga por parte das diferentes entidades bancarias consultadas o crédito preciso para poder asumir nunha soa anualidade o pagamento das obras. Neste caso, con cargo ós orzamentos municipais de 2014 destinaríase 368.897,38 euros.
b) Plurianual: De non conseguirse o crédito preciso por parte das entidades bancarias, o Concello veríase na obriga de partir en tres os pagamentos para a execución das obras segundo a seguinte proposta:
Con cargo ós presupostos de 2014: 160.390,16 euros.
Con cargo ós presupostos de 2015: 112.273,12 euros.
Con cargo ós presupostos de 2016: 96.234,10 euros
- Cronograma:
28 de setembro de 2014: Anuncio público do concurso para a concesión das obras precisas para a execución da sentenza.
20 de novembro de 2014: Contratación da obra.
20 de xullo de 2015: Finalización das obras, tendo en conta o prazo estimado polo arquitecto Sr. D. Antonio José Ferreiro Novo na redación do proxecto técnico para a execución da sentenza.
O estrito cumprimento dos prazos dependerá de que a primeira fase se execute dentro dos prazos previstos, máxime tendo en conta que tecnicamente non é posible acometer ambas fases de forma simultánea, sendo necesario concluir totalmente a primeira delas antes de iniciar a segunda. O Concello de Cabanas comprométese ó cumplimento de tales prazos sen prexuízo de imponderables como condicións climatolóxicas e/ou atmosféricas, posibles recursos de vecinos ou solicitudes de paralización das obras ante Tribunais entre outros.

A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación aos devanditos programas de execución das sentenzas recaídas nos recursos-administrativos 02/0004126/1994 e 02/0004055/1993 correspondentes ao edificio O Penso 1ª e 2ª fase respectivamente"