ATENCIÓN: Desafiuzamento de familia en Cabanas

Cabanas.- Comunícannos que o vindeiro luns ás 10.15 h na urbanización os Llanos núm. 3 vaise producir o desafiuzamento dunha familia.

Concentración e apoio a Sandra, o Luns, 7 de Outubro, ás 10 da mañá no areal de Cabanas, urbanización Los Llanos, nº3
Convocan Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e a Asociación Ve-la Luz.
#SandraQuédase    #SandraNonSeVai 
Ás 10.30 h
11.18 Hai un anaco que se foi a Garda Civil
#Pódese
11.50 Agora no Concello para conseguir que se certifique correctamente a convivencia do neno.
12.38 O concelleiro e compañeiro Ángel Pena, presente durante toda a xornada e participante da sentada, confírmanos que se vai certificar a convivencia para parar o desafiuzamento de Sandra.
12.39 @StopDesahuciosSCQ: "Toda a xente q acudiu conseguiu paralizar o desafiuzamento por agora. Seguimos pendentes "
12.59 A avogada de Sandra confirma que nunha semana non volverán intentar o desafiuzamento
13.11 Vela-luz informa que negociou co concello defensa xurídica de balde por violencia de xénero e demandar paralización do lanzamento por un ano (Sen confirmar)

#Haiqueparalos



Ver Lugar de Encontro nun mapa máis grande
STOP DESAFIUZAMENTOS!
NON MÁIS FAMILIAS Á RÚA!