Transparencia real. Acta do Pleno de Cabanas: Xullo de 2013

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 31 DE XULLO DE 2013
Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande, Da. Esperanza Gayoso Pereiro, D. Juan Antonio López Rodriguez, Da. Ana Rosa Méndez Eiroa
D. José C. Rey García D. Luis A. Fachal López
D. Delfin Feal Pereira
Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla
No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día trinta e un de xullo de dous mil trece, en primeira convocatoria e banco a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria. Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluidos na Orde do Día.
Non asiste o concelleiro D. Julian Ramón Seijas Criado.
Antes do inicio da Orde do Día, gárdase un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Santiago de Compostela o pasado día 24 do presente mes de xullo.

PARTE RESOLUTIVA.

1.-    ACTA DE SESIÓN ANTERIOR. Dáse conta da acta da sesión anterior realizada o día 29 de malo de 2013, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros presentes acorda aproba-la referida acta.
A continuación a propos ta da Presidencia, ante a presenza no público de traballadores da empresa Megasa, acórdase modificar a orde dos asuntos da Orde do Día, pasando a segundo lugar a declaración institucional prevista no punto 5 e a continuación os seguintes asuntos pola orde prevista inicialmente.

2.-    DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN APOIO AOS TRABALLADORES DE MEGASA. Antes do inicio do asunto a Presidencia concede a palabra ao representante dos traballadores da empresa Megasa D. Carlos Bascoy Amenedo, o cal expón a difícil situación actual que están atravesando motivada pola discriminación na aplicación da tarifa eléctrica.
A continuación o Secretario da lectura a seguinte declaración institucional:
"A inicios do pasado mes de xuño a dirección da empresa siderúrxica MEGASA, sita dende hai roáis de medio século no municipio de Narón, comunicaba aos seus traballadores a decisión de pechar a planta de Narón a finais do próximo mes de agosto, se non conseguían un cambio nas bonificacións do sistema de interrumpibilidade, que na súa opinión, están a causar unha situación de competencia desleal por parte de terceiras empresas.
A dirección de Megasa comunicaba aos seus empregados —preto de douscentos postos de traballo directos e máis de mil postos de carácter indirecto- o peche da planta naronesa fixado para o vindeiro 31 de agosto do presente exercicio por mor da grave situación económica na que se colocou á empresa como consecuencia da aplicación das tarifas eléctricas para grandes consumidores, aprobada polo Ministerio de Industria e Comercio en decembro de 2012.
Efectivamente a Orden IET / 28041 2012 do 27 de decembro pola que se modifica a Orden ITC/ 23701 2007 do 26 de xullo que se o servio de xestión da demanda de interrumpibilidade para os consumidores que adquiren a súa enerxía no mercado de produción, supuxo na práctica non só a acertada compensación da chamada tarifa G-4 a favor das grandes empresas consumidoras de enerxía a nivel estatal, senón que tamén permite a algunhas empresas, tal e como acontece co grupo catalán CELSA, beneficiarse do rango máximo de retribución provocando unha asimetría no sector metalúrxico que interfire na súa libre competencia.
O peche de MEGASA suporía unha nefasta repercusión para o concello de Cabanas e a comarca de Ferrolterra, e por extensión para a provincia da Coruña. O peche de Megasa suporía un profundo impacto socio-económico na comarca, con repercusión no conxunto do tecido industrial, comercial, portuario e de servizos dunha comarca especialmente castigada e sensible pola crise que estamos a sufrir.
Por todo elo, o concello de Cabanas quere amosar a través desta Declaración Institucional o seu respaldo, apoio e solidariedade ao conxunto dos traballadores da empresa siderúrxica MEGASA, instando ao Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a atopar de forma inmediata unha solución normativa satisfactoria que garanta a libre competencia entre as empresas e que non se produzan discriminación entre as que operan no sector metalúrxico, permitindo garantir a viabilidade da empresa Megasa e os postor de traban() que xera.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita parécelle insuficiente, estanse a facer mancomunidades con fins turísticos, en cambio, cando ternos unha problemática urxente non nos preocupamos, isto non é instar ao goberno de Rajoy ou de Feijoo que fagan algo, é reunirse con Rajoy e esixirlle que cambie as cousas, sodes os representantes dos pobos e a politica e os problemas empezaron nos vosos pobos, non poden facer política recortando continuamente, hai que esixir non instar porque o poder é voso non de Raxoi.
O Sr.Alcalde manifesta que como representantes do partido popular son coñecedores do problema de Megasa, xa se debateu na Mancomunidade, hai veciños de Cabanas e amigos que traballan en Megasa, hai un problema grave e desde aquí van impulsar e traballar para que haxa esa reunión, tamén desde a Mancomunidade se pode facer máis forza, considera que os traballadores deben seguir presionando e os concellos máis importantes como Ferrol ou Narón tamén deben facer presión, desde o PP de Cabanas vaise traballar para que haxa unha solución para Megasa.
Sometida a votación dita declaración institucional resulta aprobada co voto a favor dos dez membros presentes.

3.- POSIBLE INTEGRACIÓN NA SOCIEDADE MIXTA DE TURISMO DE FERROL. A seguir dáse conta que os representantes políticos dos Concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño, integrantes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrol, conscientes das actuais circunstancias socio económicas, ao longo destes últimos anos, teñen amosado o seu interese na cobertura en común de diversos servizos e actividades de interese para os seus cidadáns.
Así ao longo dos últimos anos levouse a cabo un proceso para conquerir a prestación conxunta dun servizo turístico de calidade nos seus territorios, tomando como punto de partida e referencia o Plan de viabilidade e estudo económico financeiro para a creación dun ente mixto de xestión turística no territorio de Eume-Ferrol-Ortegal, elaborado pola Deputación Provincial de A Coruña. Tras un primeiro análise da constitución dun consorcio, no mes de marzo pasado, os Alcaldes dos municipios mencionados acordaron instar (ente-sociedade mercantil, de xestión e desenvolvemento turístico da cidade departamental) o comezo dun proceso de integración dos demais Concellos no seu capital social e xestión.
En virtude do citado acordo, a Presidencia da Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol S.A. e titular da Alcaldía de Ferrol, instou a aqueles concellos a manifestar o seu interese institucional nunha futura integración naquela entidade mercantil a fin de prestar os servizos e actividades incluidos no seu obxecto social.
Finalmente nunha xuntanza de carácter técnico mantida o vinte e un de xuño de 2013, por funcionarios dos concellos mancomunados e a asesoría xurídica externa do Concello de Ferrol, baixo a presidencia do alcalde daquela cidade, acórdase proseguir co proceso iniciado, clarificando e impulsando as actuacións e trámites a desenvolver e os acordos a adoptar por cada entidade local, propoñendo a constitución dunha comisión integrada por persoal político e técnico dos Concellos afectados, a fin de redactar unha memoria na que se analicen as posibles fórmulas xestoras do turismo e se propoña a que se estime máis conveniente para os intereses públicos afectados.
Á vista de todo elo e despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:
Primeiro.- Amosar o interese deste Concello nunha posible integración na Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, previa a realización de cantos estados e trámites precisos resultaren, de acordo coa normativa vixente.
Segundo.- Nomear a D. Germán Castrillón Permuy e a D. Antonio López Vila, Alcalde e Secretario-Interventor respectivamente, nunha Comisión á que se encargará a elaboración e redacción dunha memoria relativa aos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros dos servizos turísticos, na que se deberán analizar as distintas formas xestoras que a normativa vixente admite, propoñendo a máis conveniente para os intereses públicos afectados, así como os supostos nos que debe cesar a actividade, na buscando a fórmula de prestación máis axeitada, dotando a súa xestión dunha maior axilidade e contando cunha estrutura de maior fiexibilidade e dinamismo.
Unha vez elaborada a Memoria citada será tomada en consideración, se procede, polo Pleno Municipal, acordando a correcta forma de xestión dos servizos citados, expoñerase durante o prazo de trinta días naturais para a formulación de observacións polos particulares e entidades.

4.- PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE ALLEAMENTO DE BENS MUNICIPAIS. Dáse conta da proposta da Alcaldía de data 26 de xullo de 2013 que di: " Este Concello ten que proceder a execución das sentenzas recaídas nos recursos contencioso-administrativos números 02/0004055/1993 e 02/0004126/1994, de acordo co ordenado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Para realizar as devanditas execucións redactáronse os correspondentes proxectos técnicos, os cales adxudicáronse a empresa Applus Norcontrol SLU, e redactou o arquitecto D. Antonio J. Ferreiro Novo, que presentan un orzamento de execución das obras por importe total de 368.897,38 e 377.322,58 euros respectivamente, despois dos últimos axustes realizados.
Visto que no orzamento municipal de 2013 está previsto o financiamento de ditas obras mediante operación de crédito.
Visto as xestións realizadas con entidades bancarias ata a data, das que non se conseguiu ningún resultado que permitise o financiamento das obras precisas.
Visto tamén que o Concello de Cabana  s é propietario dos edificios coñecidos como Escola Laica e Nave Municipal de Vilar do Colo, considerados ambos como bens patrimoniais propios que non están afectados por ningún servizo público, sendo dedicados na actualidade ó almacenamento e actividades que poderían ser trasladadas a outras edificacións municipais.
Proponse iniciar o expediente de alleamento dos referidos bens, co obxecto de financiar a execución das sentenzas mencionadas ó inicio".
Na deliberación do asunto prodúcense as intervención coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que na reunión de portavoces non se deu por feito que se la proceder a venda de bens municipais, falouse da posibilidade, ademais debía pasar antes pola comisión de facenda, están en contra.
Polo grupo AEC o portavoz D. Luis A. Fachal López di que falouse disto na reunión de portavoces, considérano como unha posibilidade máis que non implica unha venda senón o inicio dun expediente, interesa aclaracións de Secretaría sobre trámites a seguir, e despois do cal insiste en consideralo como unha posibilidade mais a acordar logo de incorporar informes e trámites regulamentarios, dalgunha forma haberá que buscar o financiamento para execución das sentenzas.
Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Den). Feal Pereira está en contra do inicio da venda de bens municipais, dende o inicio da lexislatura falouse de facer un inventario de bens municipais que non existe, non se sabe dos bens que dispón o Concello e mais cando no orzamento de 2013 aparece unha partida par investir na nave de Vilar do Colo, debe buscarse financiamento pero tamén pediu a constitución dunha comisión para levar a cabo este asunto, é certo que pode quedar en nada este expediente pero é unha porta aberta e antes hai que pechar outras, alude a xustificación do incremento do LBI en 2007 para execución das sentenzas que supuxo uns 150.000 € anuais, e xa van seis anos, habería que suprimir partidas superfluas para aumentar a de execución das sentenzas, agora tratan a venda de dous bens importantes e vai votar en contra da venda de patrimonio do Concello sen explorar outras posibilidades, vostede non fai esa comisión onde estean todos representados e se saiba o que pasa, cales son os escritos dos xulgados, as respostas e as posibilidades, insiste en que isto non foi o que se falou na xunta de portavoces onde se fixo referencia a falar co denunciante, cos veciños e a posible actuación co PXOM e o crédito.
Polo grupo popular a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande manifesta que na xunta de portavoces tratáronse varios temas, falouse do crédito, do PXOM, falar coa comunidade de veciños, fajar co denunciante, pero tamén se tratou a venda de bens municipais, é unha posibilidade mais dentro das que se expuxeron o día da reunión de portavoces, realmente non esperaban estas manifestacións en relación coa devandita xunta, hai preparado un documento a estudar entre todos co obxecto de que si están de acordo remitir aos denunciantes, estase traballando con tódalas posibilidades das que se lles informou na xuntanza dos portavoces, esta é unha posibilidade máis iniciar o expediente que unha vez que se incorpore a documentación requirida deberá volver a Pleno; se alguén ten opcións menores están dispostos ao seu estudo, aquí estase a tratar de ser construtivos, non hai comisión pero hai unha xunta de portavoces onde se tratan estes temas.
A Sra. García Pita fala de despilfarro e alude aos paseos en barco polo Eume, cuberta fotovoltaica, cuberta das pistas de pádel, hai subvencións pero deberían pedirse para as cousas necesarias, séguese aumentando o gasto corrente e logo veñen os problemas, isto non é un problema de agora senón que non se está facendo nada, insiste na suba de IBI e outros impostos sen que se fixese nada, e agora pregúntase cal vai ser a resposta.
O    Sr.Fachal López indica que van a manter o voto considerando que se trata dunha posibilidade mas a explorar, está en contra da venda de bens municipais pero tamén de elevar os tipos impositivos sobre todo nestes tempos, hai que valorar esta posibilidade inda que se deixe como última, alude a proposta de comisión que fixo o concelleiro socialista ao inicio da lexislatura e inda seguen a esperar por ela, opina que todos estarían dispostos a participar nesa comisión permanente, dende o principio manifestaron a súa dispoñibilidade e sería bo que os utilizasen.
O    Sr. Feal Pereira insiste na dificultade de buscar unha solución se non dispoñen de tódolos
datos, para iso pediu a comisión, tamén recorda que propuxo que a indemnización a vecinos fose a través doutra vivenda a valor de mercado porque cando se executen as sentenzas van a perdela vivenda, iso habería que estudalo en comisión onde se podía dispoñer de asesoría, hai moitas cousas inda sen facer como o inventario do patrimonio municipal, está interesado en solucionar isto sobre todo polos afectados que perden a vivenda que compraron de boa fe.
A Sra. Pazos Bande reitera que hai que executar as sentenzas por ser firmes e estudar tódalas
posibilidades con bremura para executalas, tampouco lles gusta vender ningún edificio por iso se fixo nova solicitude de préstamos, é unha opción máis porque ó problema hai que darle solución; en canto as partidas a que aludía a Sra. García Pita considera que xa debía ser coñecedora de que hai diñeiro finalista que non se pode destinar a outra cousa, estanse axustando tódalas partidas do orzamento e pechando os exercicios bastante ben, nestes intres hai consignados 165.493,96 euros de fondos propios para execución destas sentenzas e intentando dar os mesmos servizos aos vecinos, ou se aumenta a carga impositiva aos vecinos ou se busca solución, algo hai que facer.
O    Sr.Alcalde aclara que o inventario foi encargado cando gobernaba o partido socialista houbo que pagar agora 15.200 euros no xulgado por algo que non cumpre a normativa e non se puido aprobar, hai que coñecer a traxectoria e non solo falar, en anos anteriores España medraba e o Estado transfería máis ingresos, hai menos ingresos no Concello e os servizos hai que cumprilos, non queremos deixar aos cidadáns sen servizos por elo estanse tramitando préstamos e aforrando o que se pode, hai que optar a subvencións para aforro enerxético, coidar instalacións deportivas para facer actividades, os escolares van o pavillón e hai que mantelo en condicións, cando chegamos estaba de cemento e hoxe é o menor da comarca, o mesmo pasa co pavillón de Lavandeira, escola laica e outros edificios que hai que conservar, reparar os caminos, saneamento, os cidadáns demandan iso. Na reunión de portavoces xa informou que o ano pasado estivera co denunciante para chegar a un acordo, agora ternos un documento para estudar entre todos e ter unha reunión con el, non está ocultando nada, si os bancos non dan crédito non podemos facer outra cousa, o Concello non ten problema de financiamento, si foca hai dez anos non habería problema de crédito, a proposta de acordo que se falou na reunión require a aprobación do PXOM, cando sexa público se poderá publicar por iso hai que andar con cautela, non se está despilfarrando nin tirando diñeiro.
Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con sete votos a favor dos membros dos grupos Popular e AEC e tres en contra do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, a concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García. Pita e o concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda prestar aprobación a mencionada proposta da Alcaldía.

5.- ADHESIÓN PROTOCOLO REDE CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO. Dada conta da Resolución da Alcaldía 219/2013 do 21 de xuño, que di: Visto o protocolo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para establecer unha cede de Entidades Locais en contra da violencia de xénero e realizar outras accións de sensibilización social en contra da violencia de xénero.
De conformidade coas atribución establecidas no artigo 21.1 da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e artigo 61.1 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e disposicións concordantes, RESOLVO:
1°. A adhesión do Concello de Cabanas ao protocolo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para establecer unha rede de Entidades Locais en contra da violencia de xénero e realizar outras accións de sensibilización social en contra da violencia de xénero.
2°. Dar conta desta resolución ao Pleno da Corporación na primeita sesión que realice".
O Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda ratificar a mencionada resolución de adhesión deste Concello a dito protocolo de colaboración.

6.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL PARA INSTAR Ó GOBERNO DO ESTADO A MODIFICAR O BORRADOR DO ANTEPROXECTO DE LEI SOBRE COLEXIOS PROFESIONAIS ANTE A POSIBLE SUPRESIÓN DO COLEXIO DE AVOGADOS DE FERROL. A continuación o Secretario da lectura a declaración institucional para instar ó Goberno do Estado a modificar o borrador do anteproxecto de lei sobre colexios profesionais, na cal despois da exposición de motivos relativa a creación do colexio de avogados de Ferrol en 1949, e as función desenvolvidas, o seu recofiecemento pola labor institucional e promoción da administración de xustiza, garantindo o dereito de defensa dos cidadáns, financiándose cos seus propios medios e mantendo catro postos de traballo, foi continua a súa actividade de promoción e reivindicación de servizos para a comarca de Ferrol, proponse o seguinte acordo:
Primeiro.- Ante a posible supresión do Colexio de Avogados de Ferrol, tendo en conta o borrador do texto de Anteproxecto da Lei de Colexios Profesionais, este Concello quere manifestar o seu apoio ó Colexio de Avogados de Ferrol que, con máis de sesenta anos de antig-üidade, constitúe unha institución de grande raigame na cidade e que desenvolveu e desenvolve un importante papel ó longo da súa historia en defensa do estado de dereito e dos dereitos da cidadanía e, especialmente, daqueles colectivos máis desfavorecidos ou que sufriron a violencia ou a marxinación, así como rexeitar calquera supresión dunha institución necesaria é un valor e referente na comarca.
Segundo.- Instar ó Goberno Central para que calquera proposta normativa de modificación que leve adiante no actual sistema xudicial, atendendo á profunda incidencia que este vai ter tanto nos profesionais da avogacía como da cidadanía en xeral, se faga co necesario consenso institucional.
Terceiro.- Comunicarle este acordo ó Colexio de Avogados de Ferrol e ó Gobemo Central.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que vanse abster polos catro postos de traballo que teñen en Ferrol, pero están en contra porque é demagoxia, non é certo o de servizos gratuitos pois o xulgado págalles cando o xuíz require servizos, están en contra da colexiación obrigatoria.
Sometida a votación dita proposta resulta aprobada con oito votos a favor dos membros dos grupos popular, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla.

7.- MOCIÓN DO GRUPO POPULAR SOBRE REXEITAMENTO DO TERRORISMO LEVADO A CABO POR RESISTENCIA GALEGA. Vista a moción presentada polo grupo popular sobre o rexeitamento do terrorismo levado a cabo por Resistencia Galega, en cuxa exposición de motivos alude a que a partir de 2006 Galicia está padecendo actos de terrorismo cuxa autoría a banda Resistencia Galega ten reivindicado en varios casos. Os partidos democráticos defenden a dignidade do ser humano e os dereitos e liberdades que lle son inherentes, especialmente o    dereito a vida e a integridade física e moral, propugnando a democracia e o estado de dereito como base dunha convivencia en pluralismo, liberdade e igualdade, en consecuencia opóñense e condenan
o    uso da violencia.
Por todo elo, o grupo popular eleva ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:
1.    Manifestamos o nono rexeitamento e condena ao terrorismo, e por suposto o levado a cabo por Resistencia Galega.
2.    Solidarizámonos coas vítimas destes atentados e apoiamos ás Forzas e Corpos de Seguridade na súa tarefa de posta a disposición da Xustiza dos responsables destes actos.
3.    Rexeitamos calquera tipo de acción ou declaración que xustifique, ampare ou lexitime a violencia terrorista, especialmente se proceden de representantes públicos.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que condenan a violencia en tódalas súas expresión sen paliativos, a violencia terrorista non está entre os problemas /mis graves da cidadanía galega, non se pode afirmar a existencia dunha banda terrorista denominada Resistencia Galega porque non foi determinada dende o punto de vista xudicial e ademais é contraproducente dende o punto de vista de loita contra a violencia botarlle fume a calquera movemento violento; os problemas dos galegos nestes momentos son outros como cargarse o estado de benestar, persoas sen seguridade social, etc. non se pode desviar a atención destes problemas cunha moción oportunista; de todos xeitos aprobarán a moción se retiran a palabra de Resistencia Galega.
Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira pregúntase quen non está de acordo en rexeitar a violencia, deste grupo ou outro, sexan persoas ou institucións, pregúntase que é a quita, todo demagoxia, os partidos democráticos defendemos a dignidade dos humanos e os dereitos e liberdades como valor inherente, especialmente o dereito a vida, integridade física e moral inda que está polo solo cando se mira educación ou sanidade; está en contra da violencia levada a cabo por Resistencia Galega e todo tipo de violencia, a moción é extemporánea e gustaríalle incluir " contra calquera tipo de violencia exercida incluso dentro dos poderes institucionais de forma indirecta", considera que non procede agora este debate, hai problemas máis concretos como a violencia bancaria onde os poderes políticos miran para outro lado.
Polo grupo Popular a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande considera que non ten sentido discutir esta moción, tódolos grupos presentan mocións e son conscientes dos graves problemas que se están a vivir, pero agora refírense ao terrorismo que vivimos en Galicia, é unha moción específica sobre Resistencia Galega, por suposto que hai outros problemas e problemas graves que non é este o momento de discutir.
A Sra. García Pita considera que se podían presentar mocións sobre inexistencia de persoeiros, é perder o tempo, apróbana sempre que se retire o de Resistencia Galega, hai que ser éticos e serios cando se fala de grupos terroristas galegos.
O portavoz do grupo AEC D. Luis A. Fachal López indica que cando estaba no goberno dicíalle o partido popular que había que medir moito as mocións porque estamos en Cabanas, houbo plenos que acabaron de madrugada debatendo mocións que apoiaron por deferencia pero seguen pensando que as mocións hai que filtralas, hai que mirar que se trae a debate.
A Sra. Pazos Bande considera que as manifestacións da Sra. García Pita non merecen resposta e pola outra parte opina que nunca está de mais condenar o terrorismo.
O Sr.Alcalde manifesta que acordouse a adhesión ao convenio contra a violencia de xénero e esta moción non se presentou antes porque hai plenos cada dous meses.
Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria con oito votos a favor dos membros dos grupos popular, AEC e o concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dous en contra da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, acorda aprobar a devandita moción.
PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN. 8.- INFORMES DA PRESIDENCIA.
a)    Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 176 do 24-05-2013 ata a número 273 do 26-07-2013.
b)    Informe sobre a morosidade 2°T/2013. De acordo co establecido no artigo 5°.4 da Lei 15/2010 dáse conta a Corporación do informe de Tesourería e Intervención sobre o cumprimento dos prazos previstos legalmente para o pago de obrigacións correspondentes ao 2° Trimestre de 2013.
Neste momento auséntase a concelleira Da. Ana Rosa Méndez Eiroa.
12. ROGOS E PREGUNTAS. a) Preguntas orais.
a.1.    Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.
a.1.1. Rogo. Estamos a facer aquí cousas positivas como pode ser normativa para regular o tema dos cans ou dos vehículos, sen embargo cando vamos a zona da praia vemos máis cans paseando polo parque e deixando excrementos que ninguén recolle sen que pase nada, por elo toga que se persiga máis estas condutas.
Resposta Sr.Alcalde: ten orde a policía local de perseguir este tema e facer un seguimento porque xa houbo algunha queixa.
a.2.    Intervención do concelleiro D. Angel Pena Fontenla.
a.2.1. Despois do que escoitamos antes onde parece que todo está perfecto, hai dous meses pregunteille polas fochancas de Laraxe, dixo que se amañarían cando deixara de chover, hai tempo que non chove e non se arranxaron. Cando se van amañar estas fochancas?.
Resposta Sr.Alcalde: están contratadas as obras, xa están adxudicadas.
a.2.2. En relación coa limpeza de cunetas en Laraxe se están a limpar uns tramos e outros non como é o caso da Rúa ou do carriño do Pereiro onde as silvas chegan ó medio da estrada. Por qué se limpan unhas zonas e outras non?.
Resposta Sr.Alcalde: porque ese carriño está no proxecto de reparación que vai facer a empresa adxudicataria e non se vai facer o traballo dúas veces.
a.2.3. Hai dous meses pregunteille polo lavadoiro dos Carneiros, dixo que se ía amañar e non se amañou, segue igual por un problema coa tubaxe que non leva a auga para o lavadoiro. Cando se vai a reparar?.
Resposta Sr.Alcalde: tenlle que responder o mesmo, cando dispoña de persoal e sexa posible, a urxencia agora está na roza dos camiños.
a.3.    Intervención da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita.
a.3.1. Cando se van a contratar os socorristas para a praia, hai un ano estaban contratados no mes de outubro cos brazos cruzados porque facía frío e chovía, cando e cantos meses?
Resposta Sr.Alcalde: están contratados desde mañá por dous meses.
a.3.2. Por qué seguen entrando coches no piñeiral dos kayaks?, por qué non está controlado isto?
Resposta Sr.Alcalde: sería para facer un servizo, o preguntará.
a.3.3. Comentaron que este ano non se la facer a festa pirata porque non encontraron unha persoa que a levara a cabo, como está este asunto?.
Resposta Sr.Alcalde: non é así, hai loito oficial ata o mércores, querían comezar antes e non se deixou porque é institucional, verase si se pode facer o sábado e domingo.
a.3.4. Quedou claro que a feira do 21 vai a seguir sendo o 21 e non cando determine o Concello, deuse xa por concluido?.
Resposta Sr.Alcalde: déixase que sega sendo o 21 e mais o domingo, se poden ser os dous mellor.
a.3.5. O outro día veu que A Penela pediu licenza de obras, por que se lle concede a esta entidade e non aos chiringuitos?.
Resposta Sr.Alcalde: inda non a ten concedida, por outra parte non é a mesma situación, os chiringuitos están en dominio público e A Penela non, ademais ten licenza de construción.
a.3.6. No aparcamento de vehículos na zona do paseo, co tempo que están aparcados os vehículos, non se pode poñer unha taxa para os que aparquen ali?.
Resposta Sr.Alcalde: gustaríalle poder cobrar aos que aparcan ali, pero é de dominio público e o único que se aprobou foi unha zona para residentes e minusválidos, na zona que se poderla cobrar sería moito más cara a xestión que a posible recadación.
a.4.    Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira.
a.4.1. Con respecto a protección civil e a policía local, cando esta non está na súa quenda, entendo que entra o desvío do teléfono, quen está suxeito a quen, cal é o que manda?.
Resposta Sr.Alcalde: a policía local fai o seu traballo de vixilancia e control que lle corresponde e protección civil pode estar noutra operación, a policía local é un funcionario e loxicamente a potestade é da policía.
a.4.2. En relación con protección civil, teñen capacitación formativa fronte a distintas urxencias e eventos para atención das urxencias e as distintas situacións, así como o trato humano adecuado?.
Resposta Sr.Alcalde: a capacitación depende da persoa que sexa, non todos teñen a mesma pero fixeron os cursos correspondentes para estar dentro de protección civil.
A continuación o Sr. Feal Pereira alude a chamada que fixo a policía local como concelleiro por unha carga que caeu na estrada de San Marcos e saltou a chamada a protección civil, identificouse como concelleiro pero negáronse a actuar e houbo un trato non adecuado negándose a identificarse e por elo roga que actúen con corrección, hai nome concreto pero considera que non ven o caso.
O Sr.Alcalde considera que a veces pode haber momentos de estar ofuscamento.

b) Preguntas por escrito.
b.1. Presentadas polo concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira, en escrito de data 30 de xullo de 2013.
En relación coa primeira pregunta o Sr. Feal Pereira manifesta que tendo en conta que están aquí os veciños afectados pregunta si poden facer a exposición da pregunta.
O Sr. Presidente indica que o público non pode intervir e en todo caso deberían solicitado con anterioridade, ademais xa estiveron dilas veces na Alcaldía e xa lles contestou o que había que contestar, polo tanto non procede.
b.1.1. En relación ás obras que se están a realizar na estrada da Deputación da Coruña DP 1502 de Porto a Laraxe, e ante as queixas e consultas chegadas a este grupo municipal, no pleno no que aprobamos a actuación en dita estrada, o Sr.Alcalde dixo que contaba co consentimento de todos os afectados:
a)    Que información lle deu aos veciños afectados e en concreto a Dona Rosa Blanca Piñeiro Casal, veciña de Chao da Aldea n° 24, afectada na parcela n° 25 de dita actuación?, foi informada e recollida a firma en presenza dos seus familiares, como así lle requiriton?
b)    Na recollida das firmas do consentimento, deixoulles aos veciños afectados copia documental da información, do documento que firmaban así como dos compromisos adquiridos con eles referidos á actuación nas parcelas afectadas?.
Resposta Sr.Alcalde: a) O proxecto foi aprobado polo Concello e pola Deputación e estivo a exposición pública; a firma de Rosa Blanca Piñeiro foi solicitada coma o resto dos veciños, houbo un primeiro proxecto con 1,80 de beirarrúa que se modificou a 1,50 por acordo maioritario dos veciños para evitar expropiacións, ensinóuselle o documento sen firmar porque no documento hai máis firmas dos outros propietarios que están protexidas por lei e non se poden deixar copia; púxose en contacto coa traballadora social para preguntar si como habían dito eses señores estaba inhabilitada e díxome que non, ninguén nos dixo que os familiares tiñan que estar presentes.
b) Deixamos copias e a anterior portavoz do PSdG-PSOE Ma. José Cabanas levou copias para presentar aos veciños, algúns parentes, o que quixo puido vela sen ningún problema, de feito non hai problema coas beirarrúas da obra, agás este caso que non entende a que ven isto agora, ademais tiña un cerramento de árbores que non cumpría coa lei de montes 7/2012, estase a facer unha urbanización para esa finca que non a tiña e terían que pagala os propietarios e así se paga con diñeiro público.
b.1.2. En relación á cesión de locais de propiedade municipal ás distintas asociacións ubicadas neste concello:
a)    Existe algún documento asinado polas partes, no que se acredite a cesión, tempo da mesma e condicións de uso?.
b)    Son tratadas todas as asociacións en igualdade de condicións?.
Resposta Sr.Alcalde: tódalas asociacións con vínculos no Concello son tratadas do mermo xeito, se firma un convenio anual, que presente a solicitude por rexistro.
Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha horas, da cal evanto a presente acta e como Secretario dou fe