Transparencia real. Acta do Pleno de Cabanas: Maio de 2013

Cabanas.- Achegando a información do Concello de Cabanas, o noso traballo pola cidadanía. En maio o Pleno debateu do seguinte:

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 29 DE MAIO DE 2013

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e nove de maio de dous mil trece, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres. Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.
Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitución do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.
Non asiste o concelleiro D. Juan Antonio López Rodriguez por motivos laborais.

PARTE RESOLUTIVA.
1.- ACTA DE SESIÓN ANTERIOR. Dáse conta da acta da sesión anterior realizada o día 27 de marzo de 2013, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, coa abstención do concelleiro D. Luis A. Fachal López por non asistir a sesión, e voto a favor dos restantes membros presentes acorda aproba-la referida acta.

2.- EXPEDIENTE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 2/2013. Visto o expediente relativo a transferencias de crédito entre partidas de gastos correspondentes ó vixente Orzamento da Corporación, relativos a bens correntes e servizos e investimentos.
Visto a memoria-proposta da Alcaldía co informe de Intervención e ditame da comisión de facenda; considerando que se está a tratar dunha transferencia entre partidas de gastos de distinta política de gasto e capítulo, para atender necesidades que non poden demorarse para o exercicio seguinte, tendo en conta a prioridade de atención dos gastos e os requisitos esixidos polos artigos 179 e 180 do Texto refundo da Lei reguladora das Facendas Locais e artigos 40, 41 e 42 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, así como as bases de execución do Orzamento de 2013.
Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dous en contra da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:
Primeiro: Aproba-la referida proposta de modificación de crédito mediante transferencias, aplicando as cantidades correspondentes as partidas que se reflicten na memoria segundo o seguinte detalle:
Partidas de gastos ás que se transfire crédito:
Partida
Denominación
Consignación
Crédito Transferido
Consignación resultante
Partida
Procedencia
134.21400
Elementos de transporte
500,00
400,00
900,00
321.63202
450.22706
Estudos e traballos técnicos
5.000,00
100,00
5.100,00
321.63202
920.62200
Obras Casa do Concello
22.976,33
7.000,00
5.500,30
1.000,00
42.773,37
11.500,00
90.750,00
151.22706
321.21200
321.63202
342.62201
920.62601
Total de incremento por créditos transferidos............................................68.273,67
Partidas de gastos das cales se transfire crédito:
Partida
Denominación
Consignación
Crédito
Dispoñible
Crédito
Transferido
Consig. Resultante
Partida
Destino
151.22706
Estudos e traballos técnicos
57.000,00
57.000,00
7.000,00
50.000,00
920.62200
321.21200
Edificios e outras construcións
7.000,00
7.000,00
5.500,30
1.499,70
920.62200
321.63202
Supr. barreiras arquitectónicas
2.000,00
2.000,00
1.500,00
500,00
134.21400
450.22706
920.62200
342.62201
Obras Área recreativa A Veiga
133.517,98
133.517,98
42.773,37
90.744,61
920.62200
920.62601
Equipamento Casa Concello
12.000,00
12.000,00
11.500,00
500,00
920.62200
Total de baixas por créditos transferidos..............................68.273,67
Segundo: Continua-la tramitación do expediente con exposición pública en forma regulamentaria a efectos de exame e reclamacións.
Terceiro: No suposto de non presentarse reclamacións contra o mesmo considerarase definitivamente aprobado, debendo cumprirse o trámite de publicación do correspondente resume no B.O.P. e no Taboleiro de Anuncios do Concello.

3.- IMPOSICIÓN DA TAXA POR EXPEDICIÓN DOCUMENTOS. Visto o expediente tramitado para o establecemento do tributo: taxa por expedición de documentos administrativos, e da correspondente ordenanza fiscal reguladora, así como, documentación que consta no devandito expediente co informe de Intervención e ditame da Comisión de Facenda.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita manifesta que xa votaron a favor da comisión de facenda, consensuaron para que baixaran importes e algún quedaron exentos, están en contra do establecemento de taxas nestes momentos e tamén foi condicionado a que a final de ano ver si efectivamente prexudica aos veciños de Cabanas ou os de fora.
Polo grupo mixto o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira indica que o tema xa foi debatido na xunta de portavoces e na comisión de facenda, a imposición de taxas non lle gusta a ninguén pero neste caso o partido socialista vota favor porque o grupo do goberno atendeu a baixa que lle propuxo, dáse un servizo que non se daba neste concello como é a compulsa de documentos, vendo o importe das taxas noutros concello podemos darnos por satisfeitos, por todo elo votará a favor.
Polo grupo popular a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande agradece a colaboración e suxestións dos outros grupos na redacción desta taxa consensuada entre todos, sorpréndelle as distintas posicións dos non adscritos; o grupo popular non ten interese recadatorio senón que se busca optimiza-los servizos e tamén darlle un carácter disuasorio de malas prácticas de aproveitar a gratuidade dos servizos sen necesidade obstaculizando o traballo administrativo dos empregados do concello, despois da entrada en vigor e ata finais de ano poderase comprobar o funcionamento e de observase unha penalización para os veciños modificarase.
A Sra. García Pita manifesta que son partidarios do diálogo, non votan nun sito a favor e noutro en contra, van a votar a favor neste caso polo consenso inda que non lle gusta a imposición de taxas, na punto anterior abstívose porque non tivo toda a documentación a súa disposición.
A Sra. Pazos Bande sinala que entendera na intervención da Sra. García Pita que ía votar en contra. Neste mesmo sentido se manifesta o Sr.Alcalde.
Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:
1.º.–Aprobar provisionalmente a imposición do tributo local: taxa por expedición de documentos administrativos, así como a correspondente ordenanza fiscal reguladora.
2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

4.- MODIFICACIÓN TAXA APROVEITAMENTO ESPECIAL DOMINIO PÚBLICO LOCAL. Visto o expediente tramitado para modificación da taxa por ocupación de subsolo, solo e voo sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público local, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora e documentación que consta no devandito expediente co informe de Intervención e ditame favorable da Comisión de Facenda.
Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:
1.º.–Aprobar provisionalmente a modificación do tributo local, así como da correspondente ordenanza fiscal reguladora: taxa por aproveitamento especial do dominio público local, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral.
2.º.–Someter a información pública o referido acordo e o texto da ordenanza reguladora polo prazo de trinta días, publicando a tal efecto anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
3.º.–No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado.

5.- ACEPTACIÓN CONDICIÓNS RESOLUCIÓN SOBRE CONCESIÓN OCUPACIÓN DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO-TERRESTRE CON DESTINO A EMBARCADOIRO NO DÍA OITO. Vista a resolución da Dirección General de Sostenibilidad da la Costa y del Mar de data 19 de abril de 2013, recaída no expediente instruído polo Servizo Periférico de Costas do Departamento en Coruña, a instancia do Concello de Cabanas, en solicitude de concesión de ocupación de setecentos trinta e nove metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, con destino a embarcadoiro en “ O Día Oito”, ría de Pontedeume, TM de Cabanas (A Coruña), na cal resolve someter á aceptación do Concello de Cabanas, as condicións e prescricións polas que podería outorgarse a concesión de dita ocupación, incluíndo na resolución o prego de condicións xerais para concesións demaniais nas praias, zona marítimo-terrestre e mar territorial aprobado por Orde Ministerial do 8 de novembro de 1985, publicado no BOE do 19 de novembro de 1985, coas modificacións necesarias para a súa adaptación á lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas, informado favorablemente polo Servizo Xurídico con data 2 de xuño de 1989, así como, o prego de condicións particulares e prescricións.
Despois de examinada dita resolución cos pregos de condicións xerais para concesión demaniais e prego de condicións particulares e prescricións, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:
1º. Aceptar as condicións e prescricións polas que podería outorgarse a concesión de ocupación de setecentos trinta e nove metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, con destino a embarcadoiro en “ O Día Oito”, ría de Pontedeume, TM de Cabanas (A Coruña), segundo a resolución da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar de data 19 de abril de 2013, recaída no expediente instruído polo Servizo Periférico de Costas do Departamento en Coruña, a instancia do Concello de Cabanas.
2º. A efectos de aplicación da exención de canon establecida no artigo 84 da Lei de Costas para as Comunidades Autónomas e Corporacións Locais, faise constar que dita concesión non se destina a unha explotación de carácter lucrativo.

6.- ADHESIÓN CONVENIO COLABORACIÓN CONSELLO XERAL PODER XUDICIAL, XUNTA DE GALICIA E FEGAMP SOBRE DESAFIUZAMENTOS. Visto o convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), sobre a detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do desafiuzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social, así como a manifestación de adhesión realizada pola Alcaldía.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita manifesta que están en contra de tantos remendos que non levan a nada, pregúntase por que non aceptan a doazón en pago, estase considerando a banca española por enriba de facenda, por que non se soluciona o tema dunha vez ?, non se pode andar con tantos remendos pois a solución pasa pola doazón en pago sen máis voltas.
Polo grupo Popular: a concelleira Dª. Eva Mª. Pazos Bande indica estar satisfeitos con este convenio e que poidamos entrar como concello a formar parte del pois considera que é necesario, a veces pídense moitas medidas e nunca se fan, e si se fan critícanse; é necesario que cando haxa unha situación especial de vulnerabilidade se avise inicialmente non cando se chega a un problema gordo, o xuíz cando detecta unha situación especial é importante que avise á Xunta e ao Concello para que os servizos sociais poidan actuar de ser necesario, algo que ata agora non se facía.
A Sra. García Pita considera que sempre hai vulnerabilidade, non solo xente maior senón tamén xente con pequenos, tódolos casos son sangrantes senón non habería desafiuzamentos, habería un aprazamento doutro xeito, pregunta que pánico hai por pedir a doazón en pago.
A Sra. Pazos Bande opina que insistir na doazón en pago é rexeitar que o concello axude aos veciños e non ten sentido, asinase un convenio para situacións en que o xuíz diga que se pode actuar dende os servizos sociais, iso é bo.
Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dous en contra da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:
Ratificar a adhesión do concello de Cabanas ao convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias. sobre a detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do desafiuzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social, así como a aceptación dos compromisos incluídos no devandito convenio.

7.- ADHESIÓN CONVENIO MARCO PARA XESTIÓN DOS SISTEMAS INTEGRADOS DE XESTIÓN DE RESIDUOS DE PILAS E ACUMULADORES. Visto o Convenio Marco de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as Entidades Xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de residuos de pilas e Acumuladores (RPA). Visto o escrito da Secretaría Xeral de Calidade Avaliación Ambiental sobre a adhesión dos concellos a este convenio.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López manifesta que hai dúas opcións e pregunta por cal delas se vai optar.
Polo grupo Popular: a concelleira Dª. Eva Mª. Pazos Bande indica que se trata da opción A na cal seguiríase como ata agora, coordinando e sufragando o servizo dende o punto de recollida ata o punto de recollida municipal, recibindo a compensación establecida no anexo IV.
Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira considera que máis adiante se pode pasar da opción A a opción B e polo tanto non ten máis que engadir.
Despois de estudado o asunto, o pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda:
Adherirse o Convenio Marco de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as Entidades Xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de residuos de pilas e Acumuladores (RPA), mediante a opción A, na cal o concello de Cabanas seguirá coordinando e sufragando o servizo de recollida, transporte (dende os puntos de recollida selectiva dos residuos, PRS, ata o punto de recollida municipal, PRM) e almacenaxe temporal dos RPA portátiles no seu ámbito territorial, recibindo por iso a compensación económica en concepto das citadas operacións establecida no anexo IV do precitado Convenio Marco.

8.- MOCIÓN DO GRUPO MIXTO EN RELACIÓN A DEFENSA DO DEREITO Á LIBRE DECISIÓN DAS MULLERES (INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO). Vista a moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto sobre a defensa do dereito á libre decisión das mulleres ( interrupción voluntaria do embarazo), en cuxa exposición de motivos alude ao anuncio do Ministro de Xustiza sobre a presentación dunha nova regulación da interrupción voluntaria do embarazo que terá como puntos clave: a volta a unha lei de indicacións máis restritiva na que as mulleres non poderán decidir senón que serán os médicos quen decidan por elas; eliminación da posibilidade de interromper o embarazo cando exista malformación fetal; e fiscalización intolerables respecto ao suposto risco para a saúde da nai. O Goberno está a preparar unha das leis do aborto máis restritivas do mundo e será o primeiro país que retrocede con vota ao pasado, ás mulleres solo terán dúas opcións, abortar fora de España se teñen recursos ou abortar en España na clandestinidade co risco que leva para a saúde; alude a STC en 1985 e que a actual lei foi avalada polo Consello do Estado, o recurso do partido Popular inda non foi resolto e o Goberno prefire non esperar, de acordo coa Conferencia Episcopal trata de eliminar o dereito a decidir das mulleres, nos levaría a cola de Europa, xa en 2008 o Consello de Europa aprobou unha recomendación que consagra este dereito.
A lei orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo recoñece ás mulleres o dereito a unha maternidade libremente decidida, non se pode lexislar ás costas da realidade, por elo somete a consideración do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:
1.- O Pleno do Concello de Cabanas recoñece o dereito a unha maternidade libremente decidida, o que implica, entre outras cousas, que as mulleres decidan sobre o seu embarazo e que esa decisión consciente e responsable sexa respectada.
2.- O Pleno do Concello de Cabanas lembra ao Goberno de España a aconfesionalidade proclamada na Constitución e, neste sentido, rexeita calquera inxerencia no dereito a unha maternidade libremente decidida ao ditado de ningunha moral relixiosa.
3.- O Peno do Concello de Cabanas móstrase contrario á reforma anunciada da lei orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo anunciada polo ministro Gallardón e rexeita a regresión que iso suporá.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
A concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita manifesta que apoia a moción e alude a que nos anos 1970 e 1980 o 99,3% era xente de dereitas que ía a Londres con facilidade, o resto quedaba fatal, gustaríalle saber que opinan as mulleres do PP desta lei, non solo a portavoz.
Polo grupo AEC: o portavoz D. Luis A. Fachal López sinala que van votar a favor desta moción, considera que é coherente inda que lle preocupa a definición de poder cando son mulleres, pois é un tema de idade, no resto está totalmente de acordo, o PP está impoñendo algo que o resto da sociedade española está totalmente en desacordo, debería ter unha capacidade de máis diálogo.
Polo grupo Popular: a concelleira Dª. Esperanza Gayoso Pereiro quere deixar claro que a súa exposición está feita baixo a premisa do respecto a tódalas opinións; con esta reforma estase a dar cumprimento ao programa electoral do PP que contou co apoio maioritario nas eleccións de novembro de 2011, solo é unha modificación cuxo obxectivo e contar é contar co consentimento paternal dos menores e o dereito a vida nos termos da doutrina constitucional, rexeita acusacións de retrógrado ou perigoso, recorda que a lei de 1985 estivo vixente 25 anos nos que houbo consenso entre os partidos políticos, a lei en vigor de 2010 foi aprobada polo PSOE sen consenso ignorando ditames e sen ter en conta as Comunidades Autónomas; nesta modificación non se criminaliza a muller, se require o consentimento paterno para menores e en terceiro lugar cambia o sistema de prazos, entende que é unha lei consensuada que vai protexer a muller e a vida do non nacido.
A Sra. García Pita considera que a Sra. Gayoso Pereiro está a fala coas súas palabras senón por algo imposto dende arriba, será o único punto que cumpre o PP do seu programa porque o resto nada, fan o contrario, solo cumpren o que prexudica as mulleres, están seguindo a doutrina da Igrexa Católica, e no relativo ao consenso o que está no poder lexisla pero non poden dicir que están consensuando esta lei, hai casos sangrantes en menores por autorización dos pais e hai que ser realistas, non se pode decidir polos demais, estase ante unha involución en tódolos sentidos.
O Sr. Fachal López considera que o goberno lexisla pero están facendo o que critican que fixeron outros, si a lei durou 25 anos comecemos polo punto de partida, que se manteña esa lei de 1985 porque se derrogan moitas cousas, insiste no problema de menores depende da persoa máis que da idade, por iso nin está ben o de antes nin o de agora, hai que tratalos casos e deberíase ir para adiante e non para atrás como se intenta neste caso.
O concelleiro do PSdG-PSOE D.Delfín Feal Pereira do grupo mixto, amosa o seu pesar polo exposto pola concelleira do PP, tanto polo argumentado por incoherente como por ser muller, o apoio nas eleccións non é argumento e a lei de 1985 tivo 25 anos de desenvolvemento consensuado, no 2010 houbo unha remodelación que avaliou o Consello de Estado, vostedes manexan un argumentario esixindo o consentimento para menores de 18 anos cando dende os 13 é legal ter relacións sexuais, necesítase educación sexual e pensa que non leron a moción, a lei vixente non obriga a abortar senón que da oportunidades de facelo en condicións de saúde e a modificación no relativo a malformación é pola presión social, era inviable,
A Sra. Gayoso Pereiro considera que fixo unha exposición clara e o respecto a tódalas opinións e pide polo tanto que tamén se respecte a súa, motivou suficiente a postura do seu grupo que vai a votar en contra.
Debatido o asunto sométese a votación resultando cinco votos a favor dos membros do grupo AEC, do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e cinco en contra dos membros do grupo popular; visto que se produce empate repítese a votación obténdose o mesmo resultado, a vista do cal o Sr.Presidente co voto de calidade decide a favor do rexeitamento da devandita moción.

9.- MOCIÓN DOS CONCELLEIROS TERESA GARCÍA PITA E ANGEL PENA FONTENLA SOBRE DEDICACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014 A RICARDO CARVALHO CALERO. Dáse conta da moción presentada polos concelleiros Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e D. Angel Pena Fontenla sobre proposta de persoeiro para o Día das letras galegas 2014, expoñendo que o Pleno do Concello de Ferrol en data 28 de febreiro de 2008 acordou por unanimidade solicitarlle a Real Academia Galega que se lle dedicase a Ricardo Carvalho Calero o Día das letras galegas 2009, son conscientes das numerosas peticións que se reciben pero Ricardo Carvalho Calero tivo unha transcendencia coñecida non só no ámbito das letras galegas, senón da cultura en xeral. Despois de aludir a súa biografía e ser nomeado fillo predilecto de Ferrol e da Comunidade Autónoma de Galicia consideran que a eses recoñecementos se lles podía sumar o de homenaxealo no Día das Letras Galegas 2014, por elo propoñen ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
Solicitarlle á Real Academia Galega que lle dedique a Ricardo Carvalho Calero o Día das Letras Galegas do ano 2014.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo Popular: a concelleira Dª. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que van apoiar a moción e que o concello de Ferrol xa enviou o expediente a Real Academia Galega, non teñen motivo para non votar esta proposta ou calquera outra figura que destaque no ámbito cultural e das letras.
Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor dos dez membros presentes, acorda aproba-la devandita moción.

10.- MOCIÓN DOS CONCELLEIROS TERESA GARCÍA PITA E ANGEL PENA FONTENLA EN PROL DA RESTITUCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA EN SAN LORENZO, LARAXE. Vista a moción presentada polos concelleiros Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita e D. Angel Pena Fontenla sobre a restitución da legalidade urbanística en San Lourenzo, Laraxe, expoñendo que nos montes de San Lourenzo en Laraxe perdura despois de catro anos da súa vertedura a situación ilegal dun vertedoiro de mais de 60.000 toneladas de materiais bituminosos procedentes de Holanda, actualmente estase a resolver na xustiza unha denuncia por delito ambiental. Alude a denuncia que trasladou Seprona en 2009 a APLU, trátase dunha infracción urbanística evidente que a día de hoxe non desencadeou medida administrativa para repoñer a legalidade, e o camiño forestal está cortado polos materiais, por elo propoñen o seguinte acordo:
1º. Esixirlle á APLU que lle achegue á Corporación municipal a documentación relativa ao vertedoiro en terreo rústico de áridos bituminosos de Holanda.
2º. Esixirlle á Alcaldía de Cabanas, ás consellerías competentes e á APLU o cumprimento escrupuloso da legalidade urbanística.
Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:
Polo grupo Popular: a portavoz Dª. Eva Mª. Pazos Bande considera que hai motivos a destacar na propia moción, falan que o tema está actualmente nun proceso xudicializado que está a resolver a xustiza, hai un xuíz e un fiscal encargado disto; logo din que está na APLU que é a que ten competencias por estar en solo rústico, co cal entendemos que xa están contestando a propia moción; dende o Concello leváronse a cabo tódalas actuación pertinentes e agora mesmo non temos competencia, hai tres organismos involucrados, o xulgado, a APLU e Europa, polo tanto o Concello non vai realizar nada que se opoña ás medidas que adopten estes organismos; considera que no relativo a documentación que citan na moción non están actualizados, critica que utilicen o de esixir porque tamén deberan responsabilizarse dos seus actos.
O concelleiro D. Angel Pena Fontenla indica que esixen se achegue documentación para que poidan ter acceso a ela, é necesario adoptar medidas que non se están tomando, obrigouse a tapar o material porque contamina o río Baa e non se fixo nada, entón haberá que esixir que se cumpra coa legalidade, o empresario desenténdese de todo e alguén terá que responsabilizarse do que está pasando aí, hai contaminación do río Baa.
Polo grupo Mixto: o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Pereira está de acordo co relatorio da moción, hai que esixir, pedir que se concrete e se tomen as medidas para repoñer a legalidade por parte de quen corresponda, se na moción piden que acheguen documentación entende que é co obxecto de que isto non se durma, hai unhas resolucións a tomar que non se están adoptando.
A Sra. Pazos Bande insiste en que se trata dun proceso xudicializado, a documentación será o xulgado e a APLU os que teñen que decidir, son os que teñen o poder e as competencias para actuar.
O Sr.Alcalde aclara que os concelleiros que presentan a moción cando estaban no BNG se persoaron no xulgado polo tanto teñen dereito a documentación mellor que ninguén, o Concello fixo os traballos correspondentes como paralizar as obras e remitir documentación a Augas de Galicia, APLU e xulgado cando a pide, e o de contaminar o río Baa haberá que velo, non sexa que haxa sorpresas, hai documentos que din cumpre a normativa da CE
Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con tres votos a favor do concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, da concelleira Dª. Mª. Teresa de Jesús García Pita, e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla, e sete abstencións dos membros dos grupos Popular e AEC, acorda aproba-la devandita moción.



PARTE DE CONTROL ÓRGANOS DA CORPORACIÓN.
11.- INFORMES DA PRESIDENCIA.
a) Resolucións da Alcaldía. Dáse conta das resolucións ditadas desde a número 45 do 31-01-2013 ata a número 175 do 24-05-2013.
b) Informe sobre a morosidade 1ºT/2013. De acordo co establecido no artigo 5º.4 da Lei 15/2010 dáse conta a Corporación do informe de Tesourería e Intervención sobre o cumprimento dos prazos previstos legalmente para o pago de obrigacións correspondentes ao 1º Trimestre de 2013.

12. ROGOS E PREGUNTAS.
a) Preguntas orais.
a.1. Grupo AEC: Intervención do portavoz D. Luis A. Fachal López.
a.1.1. En que situación se atopa o PXOM de Cabanas ?, canto tempo van durar os atrasos?.
Resposta Sr.Alcalde: o compromiso do equipo redactor é presentalo a próxima semana, houbo problemas polo convenio con NCG Banco, despois haberá informe técnico e de Secretaría e haberá unha reunión cos membros da Corporación para consensuar e levar a pleno.
a.1.2. Como está o proxecto de humanización da N-621 pois falárase de facelo en fases para a súa posible execución, hai algún avance?.
Resposta Sr.Alcalde: como se falara aquí formulouse a división na Demarcación de Estradas, din que non hai diñeiro, fíxose un informe e recolléronse firmas para que axilizaran as beirarrúas pero non hai nada claro, seguirase insistindo, a ministra é coñecedora do tema, o que manifestaron na Demarcación foi que o proxecto está non primeiros que saian, seguiremos traballando.
a.1.3. Vista a situación na que se atopa o areal na praia, máis visible na zona do espigón, había o compromiso dun estudo por parte da Demarcación de Costas, houbo algún avance neste sentido?.
Resposta Sr.Alcalde: o problema xa foi formulado na anterior lexislatura, o Sr.Eimil prometeu que o encargaría a Universidade, dixo que estaba complicado por hai oposición da Cofradía de Pontedeume, haberá que consensuar porque tamén inclúe unha zona de Cabanas.
a.1.4. Cal é a situación do punto limpo?.
Resposta Sr.Alcalde: Está adxudicado a empresa Francisco Gómez e a execución de 3 ou 4 meses, espera que quede terminado este ano.
a.1.5. Rogo. Que se mellore a sinalización na saída de Cardeita tanto dende a estrada das Pontes coma dende a estrada de Mugardos dirección Ferrol, non hai sinalización de límite de velocidade e está limitada a 50 km/h, hai problemas coa verificación desa sinalización.
Resposta Sr.Alcalde: si é polo radar beneficia pero por seguridade xa é outra cousa.
a.1.6. Rogo. Pedir a Alcaldía que faga algo con respecto ao aparcamento no Areal na entrada a Día Oitor, a zona está sinalizada con prohibido aparcamento pero os días festivos prodúcense atascos e problemas de tráfico que poden derivas en problemas maiores.
Resposta Sr.Alcalde: ai non se vai a prohibir, incluso se podería pintar para carga e descarga.
a.2. Intervención do concelleiro D. Angel Pena Fontenla.
a.2.1. Hai un mes aproximadamente veciños do Pereiro queixáronse que non chegaba auga ao lavadoiro dos Carneiros, está rota a tubaxe, creo que é un problema de niveis e a auga non entra no lavadoiro, por que non se fixo nada para solucionar o problema tendo en conta que se usa ese lavadoiro?.
Que vai facer o Concello en relación aos problemas que hai na Barreira cos desvíos cando chega a época de seca que se corta totalmente o paso da auga para o río dos Carneiros, que vai facer o Concello para que iso non sega pasando?.
Resposta Sr.Alcalde: en primeiro lugar o Concello é coñecedor do problema e mandou un operario a revisar iso, alguén rompeu a tubaxe e agora mesmo non hai persoal, houbo chamadas e xa explicou a situación, vaise arranxar cando se poida, entende que a xente vai a lavar alí, está anotado e será un dos traballos a realizar.
En canto a segunda parte xa se debateu aquí, - advirte a Sra. García Pita por intervir sen autorización e a advirte de expulsión- hai unhas condicións para o reparto da auga e se van a respectar tal como están, si no verán hai pouca auga para os Carneiros é a que lle corresponde haberá pouca auga, si a corta algún veciño hai que ver se teñen escrituras coma os do outro lado.
a.2.2. No camiño do Pereiro en Sanxiao hai fochancas por todos lados, o único que fan é botarlle gravilla que non serve para nada, é perdelo tempo, cando se van amañar ben estas fochancas?.
Resposta Sr.Alcalde: hai un proxecto aprobado de 102.000 euros para repoñer seis camiños entre eles ese, non se contratou aínda porque está chovendo e non quedan como teñen que quedar, hai que esperar polo bo tempo e por iso se tapan con esa gravilla.

a.3. Intervención do concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfín Feal Perira.
a.3.1. En canto ao arranxo de camiños e limpeza entende que xa está contestada pois por falta de operarios vai lento.
Resposta Sr.Alcalde: estanse a facer os máis urxentes, onde hai máis tráfico e persoas, si coñecen algún que urxe se realiza.
a.3.2. A semana pasada o grupo socialista tivo a queixa dun veciño onde di que a presentou ao resto dos grupos, que lle parece a exposición de motivos onde se queixa que uns coches son multados e outros non?.
Resposta Sr.Alcalde:queixouse porque veu a Alcaldía para que lle sacara unha multa, expliqueille que non o podía facer, que falara cos policías haber si lla sacaban, falei cos policías e ensináronme a foto do seu coche onde estaba. No 2012 houbo máis de 200 vehículos sancionados.
a.3.3. Con respecto a tarxeta de residentes na zona do centro de saúde din os usuarios que hai moitos coches aparcados sen cartón, roga e empraza a Alcaldía que na próxima xunta de portavoces se trate o tema como regular estes aparcamentos.
Resposta Sr.Alcalde: o aparcamento xa esta regulado, na zona do centro de saúde a policía coñece a moita xente que sabe que ten tarxeta inda que non a teña posta alí porque son veciños e é xente que tódolos días están con eles, ata agora que saíu a nova tarxeta aceptábase a do ano pasado.
a.3.4. No pleno de xaneiro preguntou polo mobiliario do parque infantil da Torre, que o retirara, existe documento onde se permitiu a retirada, por parte de quen e si nese documento está reflectido onde está depositado ese mobiliario, por canto tempo e para que uso?.
Resposta Sr.Alcalde: hai un informe onde di que ese mobiliario non cumpre e polo tanto hai que retiralo, foi o que se fixo, tampouco cumpre o acceso, non hai diñeiro nin nenos.
a.3.5. Rogo. No lavadoiro de Fontao unha columna está en situación precaria, roga que se arranxe ou cando menos colocar unha valla para evitar problemas.
Resposta Sr.Alcalde: está en proxecto facer algo pero hai que ter diñeiro, dixeron que non tiña demasiado perigo.

b) Preguntas por escrito.
b.1. Presentadas polos concelleiros Dª.Mª. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla, en escrito de data 28 de maio de 2013.
b.1.1. No pleno de marzo de 2013 preguntamos polo expediente de reposición da legalidade que tivo resolución 70/2013, dos chalés de Cardeita. Como concelleiros descoñecemos o contido da resolución porque non se deu conta dela nese pleno. En todo caso volvemos insistir para que o alcalde lea para o Pleno. Pódenos ler a conclusión dos informes técnico e xurídico sobre o asunto?.
Resposta Sr.Alcalde: isto é público, non ten ningún problema de acceso a dita resolución, e da lectura a parte técnica e xurídica e acordo da resolución, indica que xa hai outro informe e resolución definitiva, a propiedade vai adaptar o proxecto.
b.1.2. Os veciños de Porto queren coñecer se por fin se van realizar as obras de beirarrúas na estrada provincial que vai de Porto a Laraxe. Cando empezan as obras?, Cal dos proxectos se vai executar?, Onde pode a veciñanza consultar o proxecto?.
Resposta Sr.Alcalde: as obras van realizarse, o proxecto é o que se aprobou polo pleno, estivo a exposición pública e agora habería que ir a Deputación para velo que é a encargada da contratación e execución.
b.1.3. Os veciños e veciñas de Cabanas que teñen por sa costume o sendeirismo ou paseo pregunta o seguinte: O camiño inglés ( camiño de transito habitual dos propietarios e veciños de Laraxe ) que bordea o parque industrial dende Capacheira ata Os Cocidos está intransitable, con regos arados, e amoreamento de zahorra nas encrucilladas. Os regos na zona do río Baa arrastran materiais aumentando así a contaminación sobre as augas.
- Que fixo semellante barbaridade?.
- Que pechou os accesos por obras inexistentes?.
- Concorda o goberno local con que a Xunta primeiro tire cos cartos en acondicionalo e logo se desfaga?.
- Non hai outros medios para informar sobre o paso aos veciños e veciñas sen poñerlles muros e regos nos camiños?.
- Vai o Concello solicitar que se repoña o camiño a un estado transitable para os veciños e veciñas de Cabanas?.
Resposta Sr.Alcalde: hai un ano que se fixeron as obras, hai unha nova traza do camiño inglés que estivo a exposición pública e que alguén presentou alegacións, nalgún pleno tratouse aquí iso, por elo lle estraña a pregunta, as obras están rematadas hai máis dun ano e contan con autorización de Augas de Galicia e Patrimonio a Sepes, tiveron tempo para reclamar na exposición pública polo que considera que non procede vir agora con isto.
b.1.4. Tivemos varias queixas por apagados no inverno de fases enteiras de farolas públicas, mesmo algunhas caídas de persoas maiores por falta de visibilidade en zonas transitadas. Pódenos explicar que criterios se aplican para o acendido e apagado de fases?.
Resposta Sr.Alcalde: si lle indica as zonas explicaralle o que se fai, si hai algún fallo avisar e revisarase.
Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte e unha horas e quince minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretario dou fe.
Vº e Prace,
O Alcalde, O Secretario,