Transparencia real. Acta do Pleno de Cabanas: marzo de 2013

Cabanas.- Achegando a información do Concello de Cabanas, o noso traballo pola cidadanía. En marzo debateuse e preguntamos (os únicos!) do seguinte:

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN REALIZADA O 27 DE MARZO DE 2013

Concelleiros asistentes: Da. Eva Ma. Pazos Bande. Da. Esperanza Gayoso Pereiro. D. Juan Antonio López Rodriguez Da. Ana Rosa Méndez Eiroa. D. Julián Ramón Seijas Criado (Grupo PP).
D. José C. Rey García (Grupo AEC).
D. Delfin Feal Pereira (Grupo Mixto).
Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita D. Angel Pena Fontenla (Non adscrit@s - Anova)

No salón de sesións da Casa do Concello de Cabanas, sendo as dezanove horas e trinta minutos do día vinte e sete de marzo de dous mil trece, en primeira convocatoria e baixo a presidencia do Sr. Alcalde D.Germán Castrillón Permuy, coa asistencia dos Sres.

Concelleiros relacionados á marxe e do Secretario titular D. Antonio López Vila, reúnese o Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de acordo coa correspondente convocatoria.

Unha vez comprobada a existencia de quórum para a válida constitucion do Pleno, a Presidencia declara aberta e pública a sesión, procedéndose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día.

Non asiste o concelleiro D. Luis A. Fachal López por motivos laborais.

PARTE RESOLUTIVA.

1.- ACTAS DE SESIÓNS AN't ERIORES. Dáse conta da acta da sesión anterior realizada os días 30 de xaneiro de 2013, da cal entregouse copia coa convocatoria a tódolos concelleiros, despois de preguntar o Sr. Presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación, e non presentándose alegacions, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, co voto a favor de tódolos membros presentes acorda aproba-la referida acta.

2.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS. Visto o expediente tramitado para recoñecemento extraxudicial de créditos correspondentes a exercicios anteriores, pendentes de aplicar ao orzamento por falta de consignación suficiente ou por haberse presentado a factura despois do peche do exercicio, así como, informe de Intervención.

Despois do estudo da relación dos créditos a recoñecer, o pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG­PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:

1°. Aprobar o recoñecemento dos créditos que se relacionan a continuación, correspondentes ao exercicio anterior.
Partida
Acredor
Concepto
Importe
321.22700
 Ma. Cristina Carpente Iglesias
Limpeza e mantemento colexio Porto 12/12
1.502,82
334.22609
M'. José Rodriguez Porto
Docencia actividades corte e confección
1.071,75
341.22609
Adyr S.C.
Docencia actividades deportes 12/12
2.263,41
Club Cabanas KDM
Desenvolvemento rotas kayak
544,50
PuntoUparte Hobbies S.L.
Docencia actividades deportes 11,12/12
1.656,01
Motus Gestión T.Libre S.L.
Docencia actividades deportes 12/12
742,50
941.45001
Consorcio Galego Igualdade
Achega comedor 4°T/12
1.673,90

TOTAL

9.454,89



2°orzamentaria cargo ao orzamento de 2013 os créditos anteriores con cargo á partida orzarnentaria que se cita.

3.- MODIFICACIÓN REGULAMENTO INSTALACIÓNS DEPORTIVAS. Visto o expediente tramitado para aprobación da modificación do Regulamento de utilización de instalacións deportivas municipais ata agora vixente (BOP n° 112 do 19 de maio de 1997), coa proposta do novo texto normativo composto de vinte e nove artigos e unha disposición final, co obxecto da súa adaptación as novas instalación e actividades a desenvolver.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

Polo grupo Popular: a comodificacion. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que se trata dunha actualización e modificación do existente para adaptalo as instalacións actuais e facilitar a súa utilización por entidades e persoas interesadas de forma que permita a participación do maior número de persoas e ao mesmo tempo non se produza deterioro das instalación.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita e do concelleiro D. Angel Pena Fontenla , acorda:

1.°.—Aprobar provisionalmente a modificación do regulamento de utilización das instalacións deportivas do concello de Cabanas.

2.°.—Someter a información pública o referido acordo e o texto do regulamento polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

3.°.—No caso de que non se presentaren reclamacións no prazo anterior, o acordo adoptado entenderase definitivamente aprobado, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

4.- OUTORGAMENTO DA DISTINCIÓN DE "FILLO ADOPTIVO" A DON MANUEL LOPEZ CALO. Visto o expediente tramitado para o outorgamento da distinción de "Fillo Adoptivo" do Concello de Cabanas a Don Manuel López Calo de conformidade co establecido no Regulamento especial de honras e distincións do Concello de Cabanas.

Vista a proposta da Instrutora coas sinaturas de apoio, así como a súa publicación no BOP sen que se presentaran alegacións.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinións que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que xa estiveron en contra disto cando se aprobou o Regulamento, non teñen nada persoal, pero estamos nun estado laico, un concello laico e parécelles sen sentido, pero por respecto as sinaturas se van abster.

Polo grupo mixto o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delfin Feal Pereira indica que se trata dunha persoa que leva moitos anos aquí traballando como cura, a exposición de motivos que fai a instrutora está moi orientada a súa labor como cura párroco pero imaxina que nos cincuenta anos tamén realizaría labor social e axuda aos vecifíos das súas parroquias que son quen máis capacidade teñen para xulgar o seu traballo, leva poucos no concello pero tampouco ten nada en contra polo que votará a favor.

Polo grupo Popular: a concelleira Da. Esperanza Gayoso Pereiro manifesta que se trata dunha iniciativa conxunta dos veciños da parroquia e o Concello, consideran que é unha persoa que desenvolveu unha grande labor polo pobo nas parroquias que exerceu como párroco, non é solo pola súa labor relixiosa senón polos cincuenta anos de servizo en favor dunha comunidade de veciños.

A Sra. García Pita insiste en que non é pola persoa, senón polo título honorífica, empézase por ftllo de, e acabarase tamén coa chave de ouro do Concello, estas cousas deben facerse a nivel de parroquia non a nivel de Concello.

A Sra. Gayoso Pereiro reitera que non é soamente pola labor relixiosa, concédeselle polo seu traballo continuado de cincuenta anos ao servizo da comunidade, neste caso é un cura pero podería ser outra persoa, e se alguén merece unha medalla tamén estariamos orgullosos de entregarlla.

Debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votacion ordinaria, con oito votos a favor dos membros dos grupos Popular, AEC e concelleiro do PSdG-PSOE do grupo mixto, e dúas abstencións da concelleira Da. M. Teresa de Jesús G-arcía Pita e do concelleiro D. Angel Pena FontenLa, o que representa o quórum da maioría absoluta do número de membros de dereito da Corporacion, acorda:

Conceder o título de fillo adoptivo do Concello de Cabanas a Don Manuel López Calo polos seus servizos e traballos no eido social, realizados no desenvolvemento do seu cargo de cura párroco das parroquias de Santo André de Cabanas e Santo Estevo de Irís.

5.- SOLICITUDE FINANCIAMENTO SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS 2013. Visto do Decreto 99/2012, do 16 marzo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (D.O.G. n° 63, do 30 de marzo de 2012), así como o proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais para 2013.

Despois de debatido o asunto, o Pleno da Corporación en votación ordinaria co voto favorable de tódolos membros presentes acorda:

1°.- Solicitar á Consellería de Traballo e Benestar, a transferencia finalista para o cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal regulada no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

2°. Que o importe total do ftnanciamento solicitado, segundo se reflicte no resumo xeral deste anexo V, é de 128.027,00 euros, co seguinte detalle:

-Persoal: 15.013,00 euros.

-Mantemento: 0,00 euros.

-Axuda no fogar:

* Modalidade de prestación básica do Plan Concertado: 0,00 euros.

* Modalidade para persoas valoradas como dependentes: 103.014,00 euros.

-Xestión de programas: 10.000,00 euros.

-Investimento: 0,00 euros.

3°. Declarar que os servizos sociais comunitarios municipais seguen a prestarse con continuidade.

4°. Comprometerse a cofinanciar o mantemento e o desenvolvemento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal incluídos no proxecto anual presentado para a solicitude da

transferencia finalista correspondente ao exercicio 2013 na contía de 238.140,00 euros, que supón unha porcentaxe do 65,04% sobre o orzamento total do proxecto, excluídas outras achegas autonómicas.

6.- MOCIÓNS SOBRE O DÍA DA MULLER TRABALLADORA. A continuación trátase en conxunto as mocións presentadas polos grupos: Mixto, e Popular sobre o día internacional das mulleres.

A) A moción presentada polo concelleiro do PSdG-PSOE do grupo Mixto refírese a reforma laboral do PP e o recorte que supón para as mulleres, o Goberno é o responsable dos recortes e intenta culpar de todo elo a crise económica e a herdanza, pero non nos deixemos enganar, a igualdade foi avanzando durante os anos de democracia grazas á labor dos gobernos socialistas e a modernización da propia sociedade, pero dende que o PP asumiu o Goberno asistimos a uns dos maiores despropósitos da historia da igualdade entre homes e mulleres.

O emprego é a principal preocupación e o feminino crece espectacularmente resultado da preforma laboral do PP que está desmantelando o estado de benestar e os servizos de atención as persoas, sobre todo as mulleres, que se incrementará co anuncio de reforma da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo. Alude tamén a repercusión das taxas xudiciais, recortes cargados de ideoloxía e a volta das mulleres ao fogar, mentres que dende o partido socialista traballan pola igualdade e emancipación das mulleres.

Polo exposto, somete á consideración do Pleno a declaracion institucional do día 8 dce marzo na que se insta aos Gobernos do Estado e da Xunta de Galicia, segundo corresponda:

- Á derrogación da Reforma Laboral.

- Ao desenvolvemento dun Plan de Emprego para as mulleres de Galicia, que inclúa politicas activas específicas, a promocion do autoemprego e o desenvolvemento dun P1an de Igualdade das mulleres no emprego, dirixido a promover a igualdade e a eliminar a desigualdade salarial.

- Ao mantemento dos dereitos recollidos na Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia.

- Á promoción de políticas que permitan a corresponsabilidade na vida laboral e familiar de homes e mulleres, e o cumprimento da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de

- Ao mantemento da Lei actual de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo, así como de todos os centros de planificación familiar da nosa Comunidade.

- Ao impulso de politicas e servizos de prevención da violencia de xénero e apoio ás mulleres que a sofren.

- Á derrogación da Lei de taxas xudiciais.

B) A moción presentada polo grupo popular refírese á Carta Europea da Muller facendo referencia a discriminación, estereotipos educativos, segregación do mercado laboral, emprego precario, distribución desequilibrada de responsabilidades familiares e á independencia económica das mulleres. Consideran que a igualdade entre mulleres e homes ten impacto positivo no crecemento económico, no emprego e mellora da competitividade e cohesión social.

A pesar dos avances, as mulleres inda tefien baixas taxas de actividade, están peor remuneradas e ocupan menos espazos de responsabilidade laboral; a diferenza salarial está en torno a un 20% e as dificultades de conciliación son maiores nas mulleres que en moitos casos vense obrigadas a renunciar a proxectos persoais e laborais, mulleres e homes deben ter as mesmas oportunidades e facelo en condicións de igualdade; debemos progresar no desenvolvemento dun modelo de organización social máis aberta.

Por todo o anterior, o grupo municipal Popular eleva ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1. Instar aos concellos de Galicia a elaboración e desenvolvemento de plans de igualdade e a impulsar a transversalidade de xénero no eido local de xeito que se garantan políticas públicas das que mulleres e homes se beneficien de forma equivalente e contribuíndo ao progreso e benestar da sociedade galega.

2. Instar ao Goberno do Estado e ao Goberno da Xunta de Galicia a que leven a cabo Programas de apoio empresarial a mulleres co obxectivo de fomentar o emprendemento feminino e o autoemprego.

3. Instar ao Gobern.o do Estado a que neste ano 2013 elabore un Plan Estratéxico contra a discriminación salarial entre mulleres e homes co fin de identificar e erradicar a inxusta e inxustificable brecha salarial.

Na deliberación do asunto prodúcense as intervencións coas opinions que de forma sintetizada se recollen a continuación:

A concelleira Da. Ma. Teresa de Jesús García Pita manifesta que este é o día en que ten que chamarlles submisas con todo o respecto, quen goberna. na Xunta e no Estado é o PP e vostedes pola súa submisión non poden opinar nin decidir, xa que o normal era que estas cousas llas pediran a Feijoo e a Rajoy, sobre todo cando son vostedes os causantes da regresión en tódolos sentidos, por suposto que van a votar para ver si espabilan e cambian algo.

Polo grupo mixto o concelleiro do PSdG-PSOE D. Delftn Feal Pereira reafirmase nos puntos da súa moción, a proposta do grupo de goberno non está mal pero é corta e debería englobarse na do partido socialista que é máis completa, ou ben aprobalas dúas.

Polo grupo popular: a portavoz Da. Eva Ma. Pazos Bande considera que mailos avances do noso pais na protección dos dereitos humanos, a discriminación segue a estar presente na sociedade, un fenómeno que hai que erradicar, estamos conmemorando o día internacional da muller e o debate debería centrarse nesto, fala da discriminación salarial no mercado laboral que prexudica máis as mulleres, maior porcentaxe de paro, a case totalidade das excedencias para coidados de fillos as solicitan as mulleres, e tamén alto porcentaxe na dependencia, pouca participación en consellos de administración de empresas, etc., estas son realidades de discriminación da muller e queda moito para equipararse aos homes en responsabilidades. A Sra. García Pita é repetitiva con poucas posibilidades de cambio, en canto o de submisa, indicarlle que o peor exemplo de machismo é o que executa unha muller; están de acordo en moitos dos puntos que presenta o Sr. Feal Pereira pero mestura moitos temas e habería que conmemorar o día internacional da muller, por iso presenta unha emenda transacional que sería: Instar ao goberno do Estado a seguir priorizando nos orzamentos o gasto social e as politicas públicas encamifiadas a acadar igualdade plena e efectiva entre homes e mulleres de xeito que a pesar do contexto final adverso e da gravidade da crise se continúe avanzando na erradicación da violencia de xénero e na eliminación das desigualdades laborais á vez que se implementan os programas de fomento da conciliación da vida laboral e familiar.

Á Sra. García Píta desquícialle que unha muller pense así, que non se de conta das cousas que pasan no seu partido, no que está aprobando e representando, iso dálle pena.

O Sr. Feal Pereira non está de acordo con que se mesturan moitas cousas na súa moción, o día 8 de marzo é a conmemoración do día internacional da muller e tódolos puntos da moción son

c) Liquidación orzamento 2012. No cumprimento do establecido no artigo 193.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, dáse conta da resolución da Alcaldía 072/2013 pola que se aproba a liquidación do orzamento do exercicio 2012, a cal presente o seguinte resultado:


Remision
Importe orzamento
Dereitos recoñecidos netos
3.075.687,69
Obrigacións recoñecidas netas__
2.824.146,00
Resultado orzamentario do exercicio axustado
283.567,80
Dereitos recoñecidos pendentes de cobro do exercicio
575.757,33
Obrigacións recoñecidas pendentes de pago do exercicio
426.379,41
Fondos liquidos en Tesourería
253.474,84


d) Remisión copia orzamento 2013 e informe estabilidade orzamentaria á Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local. Dáse conta da remisión de copia do orzamento de 2013 á Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica en data 21 de marzo de 2013 ao que se incorpora o informe de Intervención sobre a estabilidade orzamentaria.

9.- ROGOS E PREGUNTAS.

a) Preguntas por escrito.

a.1. Presentadas polos concelleiros Da.Ma. Teresa de Jesus García Pita e D. Angel Pena Fontenla, en escrito de data 26 de marzo de 2013.

a.1.1. Dende o concello estanse concedendo permisos á S.C.R.D. San Mamede de Laraxe para o lanzamento de foguetes cada vez que no seu local hai algún festexo. Porque se conceden estes permisos se con eles estase a incumprir a Ordenanza reguladora de protección do medio ambiente que no seu artigo 19 apartado c di que nos espazos naturais, zonas verdes e nos terreos forestais e agrícolas está prohibido lanzar foguetes, globos ou calquera outro trebello que conteña lume ou que poida orixinalo, a non ser nas festas locais e sempre coas debidas precaucións e con autorización municipal e da consellería competente ?.

Resposta Sr.Alcalde: fan solicitude e tramítase a autorización segundo corresponda.

a.1.2. No pasado mes de febreiro a a través do escrito de saída número 233/2013 remitíuselle á Consellería de Traballo e Benestar documentación sobre inspección ao PAI. Podería. nos explicar que documentación requiriu a Xunta de Galicia?. A inspección detectou deficiencias?.

Resposta Sr.Alcalde: non houbo ningunha deficiencia, cambiouse de empresa e houbo que remitir os documentos da nova empresa.

a.1.3. Varios veciños denuncian problemas causados polas choivas na parte alta do Barreiro, en Porto (escritos de saída 258/2013 e 259/2013). Que causa eses problemas e que medidas vai adoptar o Concello?.

Resposta Sr.Alcalde: non é na parte alta do Barreiro, simplemente foi pola cantidade de choiva que houbo nestes últimos meses e desbordáronse as cunetas, foise a revisar e estase intentando facer os traballos necesarios para que non se volva a producir iso.

a.1.4. Nun escrito dirixido a Aquagest a alcaldía requírelle á concesionaria a posta en marcha dunha rede en Vilar do Colo (escrito saída 336/2013). A rede é de abastecemento ou de saneamento?. A que zona dá servizo e cales son os motivos polos que non está/estivo en funcionamento?.

Resposta Sr.Alcalde: debería ser coñecedor da rede de abastecemento de auga que se acaba de construír para a parroquia de Laraxe e o polígono de Vilar do Colo, está todo posto para que funcione, mandóuselle escrito a empresa concesionaria para que fagan os trámites e terian auga, se non teñen auga é porque a empresa non quere pero está todo posto.

a.1.5. A Igrexa solicita un proxecto para a ampliación dun cemiterio. De que obras se tratan?. Onde están localizadas?.

Resposta Sr.Alcalde: é en Soaserra, no Igrexario, solicita a ampliación do cemiterio e enviámola ao Bispado para que informe que tipo de proxecto se necesita.

a.1.6. No pasado Pleno preguntamos polo expediente de reposición da legalidade que tivo resolución 70/2013, dos chaléts de Cardeita. Poderíanos explicar o alcalde que ditaminan os informes técnico e xurídico sobre o asunto sobre os que motiva a resolución?.

Resposta Sr.Alcalde: hai unha resolución 070/2013, onde se lle indica aos promotores que tefien tres meses para adapta-las obras a lexislación e a licenza que se lles outorgou no seu día.

b) Preguntas orais.

b.1. Intervención da concelleira Da. Ma. Teresa de Jesus García Pita.

b.1.1. Fai un ano mais ou menos, o entonces portavoz popular dicía que estaba estudando a forma de resolver o contrato con Aquagest, quería saber como está iso e si hai posibilidades ?.

Resposta StAlcalde: se está traballando neso, hai escritos intentando controlar, vixiar e pofier como se merece o servizo, non se pode rescindir un contrato así como así, hai un proceso e nese camiño estase traballando pero non se pode dicir nada sen que estea xustificado, hai un proceso aberto e se queren máis información poden pasar por Secretnría onde se lle explicará, pero requírese actuar con cautela e facer as cousas ben.

- A Sra. García Pita refírese as noticias de actuacións xudiciais sobre corrupción que están a saír na prensa que implican a Aquagest e pregunta si o que está pasando afectará ao concello de Cabanas.

Resposta o Sr.Alcalde que pódelle asegurar que dende que están gobernando, antes non o sabe e non pode dicir, pero desde que gobernan non hai nada, todo o contrario, estanlle esixindo e tefien que defender ao concello, para que os veciños que usan o servizo non sexan prexudicados.

b.1.2. Que pasa estes días na rotonda da praia fronte ao antigo campo de fútbol que ten moitas fochancas ?.

Resposta Sr.Alcalde: chove moito e o aglomerado deteriórase, o aglomerado cando chove non compacta polo que cando deixe de chover arranxarase como se está a facer en varios camifíos, si se bota o aglomerado chovendo pérdense os cartos porque se volve a levantar, entende que cause molestias, hai diñeiro pero hai que esperar que non chova para reparar.

b.1.3. O eterno problema que hai no paseo da praia cando se vai en coche que se inunda, debaixo da ponte e no paseo tamén, iso non se vai a solucionar nunca?.

Resposta Sr.Alcalde: colocáronse sinais verticais e de altura de auga e non se pode facer máis, as bombas non dan achicado cando a marea está alta, sería o mellor que no seu día non estivera ben esa obra pero non se pode facer máis, considera que o problema tampouco é tan grave si a xente e precavida e respecta os sinais, a obra é como é, non hai desnivel suficiente e coa marea alta non descarga o suficiente.

Non habendo mais asuntos que tratar a Presidencia levanta a sesión sendo ás vinte horas e trinta e cinco minutos, da cal levanto a presente acta e como Secretarío dou fe.