Proposta de Alternativa Galega para trasladar o chapapote holandés

Compostela.- Alternativa Galega presentou unha proposición non de lei co fin de avanzar no tratamento acaído do vertedoiro de San Lourenzo, totalmente abandonado durante catro anos sen que se resolvesen nin o problema urbanítico, nin o ambiental e tampouco o da corrupción estreitamente vinculada con este caso.

Aí van os vídeos das intervencións de David Fernández, parlamentario que defendeu a proposta. O voceiro na comisión amosouse disposto a chegar a acordos cos grupos de xeito urxente para resolver unha situación que se prolonga inxustificablemente durante catro anos sen que tan sequera as medidas establecidas por Augas de Galicia se cumprisen en ningún momento:


Dende Anova Cabanas, insistimos unha vez máis en que o chapapote sen reciclar se traslade ao porto exterior de Ferrol e que vaia de volta para Holanda, onde debe ser valorizado, e que as empresas responsables do contrabando de refugallos se fagan cargo de todos os custos de traslado e tratamento.