Anova apoia a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) da Plataforma SOS Sanidade Pública

Anova apoia a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública para deter a política de recortes e privatizacións da Sanidade Pública Galega e así garantir o dereito constitucional á nosa saúde.
A Proposición de Lei que se debate mañá, 18 de decembro, no Parlamento galego pretende a xestión pública directa dos centros sanitarios, a potenciación da Atención Primaria e a promoción da saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a planificación e a xestión dos recursos.
Dende Anova apoiamos a ILP de SOS Sanidade Pública e a concentración cidadá convocada mañá diante diante do Parlamento ás 10 horas para amosar o apoio social á mesma, ao tempo que instamos á cidadanía a participar nela.
Os puntos da ILP son
1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á Saúde de todos os galegos.
2.- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galiza.
3.- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.
4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa.
Galiza 17 de decembro



Alegato final de Xosé Manuel Beiras no Parlamento de Galiza

Sr. Presidente ,
Sra Conselleira,
Señoras e Señores deputados:

A decisión que toman os deputados do Partido Popular, de non apoiar esta ILP é un claro mísil á liña de flotación do Sistema Sanitario Público, nos termos que hoxe o coñecemos, universal, equitativo, redistributivo, e gratuíto no momento do uso, e evidentemente tendrano que explicar a cidadanía á que representan.
A Plataforma SOS Sanidade Pública non o vai a consentir e seguirá opoñéndose, mais alá das paredes desta cámara que representa á Galicia real, que permanece preocupada e atenta ao que aqui debatimos. 
A senda que hoxe toman, é continuación de unha decisión política que o PP decideu a nivel estatal dende o ano 2005, de desmantelamento do Sistema Sanitario Publico universal e gratuíto, financiado por impostos, que nos demos en 1986 a través da Ley Xeral de Sanidade.
É unha estratexia que vostedes veñen  aplicando conscientemente en Comunidades autónomas como Valencia, Madrid ou Murcia, en épocas de bonanza económica. Agora coa desculpa da crise a levan o seu extremo máximo, coa misión de desviar diñeiro publico para intereses e beneficios privados. Digan o que digan e neguen o que neguen.
A política da Xunta de Galicia, do PP, de recortar a inversión en sanidade e políticas sociosanitarias dende o ano 2009, esta a descapitalizar o sistema sanitario público, desfacendo unha atención sanitaria que é a mais barata de Europa e cós mellores índices de saúde como recoñece a OMS.

Fan así o que desexan: desprestixiar o Sistema Sanitario diminuíndo a súa calidade asistencial e incrementando o negocio da Sanidade Privada. O saben perfectamente vostedes, e a cidadanía fora de esta cámara, tamén.
Por elo este alegato final é tamén unha liña para que nos libros de historia quede constancia de quén e con qué pretextos destruíron a envexada xoia da coroa do noso estado de Benestar “ A Sanidade Pública”.

Esta todo claro xa: nin vostedes son inexpertos privatizadores recén chegados, nin nós, os sectores mais atentos da sociedade galega, somos novos defendendo a Sanidade Pública. Levamos vinte anos opoñendonos ás politicas privatizadoras que o actual presidente da Xunta impulsou coa creacion de MEDTEc e do fiasco das Fundaciones Hospitalarias.

Este que damos hoxe é un paso mais desa dura confrontación, na que vostedes pretenden a entrega e regalo á Iniciativa privada de infraestruturas tan vitais como é o Novo Hospital de Vigo, que conscientes do que facían e por motivos ideolóxicos e de interés económico privado, fixéron encallar nas rochas.
Veloaí parado como un patético monumento á codicia, á mentira e á incompetencia.

A plataforma SOS Sanidade Pública seguira traballando con todas as armas o seu alcance liderando ao noso pobo, a todala sociedade galega que esperta alarmada cada día vendo como a atención á súa saúde peligra, na defensa do estado do benestar e da Sanidade Pública, en colaboración cos profesionais, aós que animamos a tomar exemplo dos seus colegas de Madrid.

Traicionan vostedes consciente e deliberadamente aos seus votantes maiores e pensionistas, espallados polo pais, aos enfermos crónicos, aos discapacitados, aos inmigrantes,  a quen teñen ou terán graves problemas de saúde.
Na rúa, nos medios de comunicación, nos centros de saúde, nas asociacións veciñais, nas organizacións profesionais, nos hospitais, e en todas as cidades, vilas e lugares de Galicia, en todas partes, terán vostedes incesantes mostras de oposición crecente á desparición da atencion sanitaria pública á saude.

Aquí solo existen dúas alternativas incompatibles: a que garantiza o dereito a atención sanitaria dos galegos e galegas de tódalas condicións, e a que a nega, entregando os fondos públicos o mercado medieval da saúde.